DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 30 de xuño de 2025 Páx. 36551

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da delegación de competencias do Concello de Fene (imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana).

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria do 30 de maio de 2025, adoptou o seguinte acordo:

«20. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Fene do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.

1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello de Fene en relación coa seguinte materia:

Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro.

2. A delegación entrará en vigor unha vez que sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, polo que producirá efectos unicamente para as declaracións relativas a este imposto que se presenten con posterioridade á dita entrada en vigor, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas ao efecto por esta deputación provincial».

A Coruña, 6 de xuño de 2025

O presidente da Deputación Provincial

da Coruña

P.D. (Resolución número 32898, do 29.8.2023)

José Ramón Rioboo Castro

Deputado da Deputación Provincial da Coruña

Miguel Iglesias Martínez

Secretario xeral da Deputación

Provincial da Coruña