A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria do 30 de maio de 2025, adoptou o seguinte acordo:
«21. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello da Capela sobre a recadación da taxa de recollida de residuos urbanos e recadación executiva.
1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello da Capela en relación coas seguintes materias:
– Recadación voluntaria e executiva da taxa do servizo de recollida e tratamento de residuos urbanos.
– Recadación executiva de tributos, prezos públicos e calquera outro ingreso de dereito público de cobramento non periódico ou por períodos inferiores ao ano.
2. A delegación entrará en vigor unha vez que sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».
A Coruña, 6 de xuño de 2025
|
O presidente da Deputación Provincial da Coruña P.D. (Resolución número 32898, do 29.8.2023) José Ramón Rioboo Castro Deputado da Deputación Provincial da Coruña |
Miguel Iglesias Martínez Secretario xeral da Deputación Provincial da Coruña |
