O Pleno do Concello de Vigo, en sesión extraordinaria do día 26 de maio de 2025, adoptou o seguinte acordo:
«Primeiro. Aprobar definitivamente o documento denominado “Revisión do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Vigo, versión para aprobación definitiva”, datado en febreiro 2025, presentada polo equipo redactor en data do 11.4.2025, cuxos documentos están provistos da sinatura electrónica do arquitecto director e coordinador dos traballos, Alfonso Díaz Revilla, do 10.4.2025.
Segundo. Ordenar a publicación deste acordo, xunto coa documentación sinalada no artigo 82.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), no prazo máximo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia. No anuncio publicarase a referencia ao enderezo electrónico no que figurará o contido íntegro do plan aprobado á disposición do público.
Terceiro. Remitir á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, un exemplar do documento definitivamente aprobado, debidamente dilixenciado e, unha vez practicada a dita inscrición, ordenar a publicación do documento que conteña a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da provincia (artigos 82.3 e 88.3 da LSG). A devandita inscrición será requisito de eficacia do acordo de aprobación definitiva (artigo 88 da LSG).
Cuarto. Remitir á Dirección Xeral de Aviación Civil a certificación deste acordo xunto co plan aprobado definitivamente en cumprimento do artigo 27.9 do Real decreto 369/2023, do 16 de maio, polo que se regulan as servidumes aeronáuticas de protección da navegación aérea e se modifica o Real decreto 2591/1998 do 4 de decembro, sobre a ordenación dos aeroportos de interese xeral e a súa zona de servizo, en execución do disposto no artigo 166 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e practicar as notificacións previstas nos artigos 190.1 da Lei 6/2023, do 2 de novembro, de patrimonio da comunidade autónoma de Galicia, e 189.1 da Lei 33/2003, do 3 de novembro, de patrimonio das administracións públicas.
Quinto. Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa), no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación».
O contido íntegro do plan aprobado estará a disposición do público no seguinte enderezo electrónico: https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo.php?lang=gal
Publicación da documentación sinalada no artigo 82.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG):
V. Extracto ambiental e medidas de seguimento ambiental segundo o modelo do anexo 6.
1. Introdución e antecedentes.
Este extracto ambiental é parte integrante do procedemento administrativo de Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) ordinaria ao que foi sometida a Revisión do Plan xeral de ordenación municipal de Vigo (PXOM), conforme o establecido na lexislación vixente, Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG).
A avaliación ambiental estratéxica é un instrumento, regulado pola Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, que permite integrar os aspectos ambientais na elaboración e aprobación de plans e programas públicos para acadar un elevado nivel de protección do medio e promover o desenvolvemento sustentable.
A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG) e mais o Regulamento que a desenvolve (Decreto 143/2016, do 22 de setembro) integran no procedemento de aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico o proceso de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
A LSG establece no artigo 46.1.b) que os plans xerais de ordenación municipal deben ser obxecto de avaliación ambiental estratéxica ordinaria e determina no artigo 60 o procedemento que se vai seguir para a súa aprobación (que foi desenvolvido no artigo 144 do RLSG).
O órgano ambiental, tras realizar a análise técnica do expediente de avaliación ambiental estratéxica (artigo 60.11 da LSG), formulou a declaración ambiental estratéxica (DEAE). Esta declaración ten a natureza de informe preceptivo e determinante e nela establecéronse as medidas ou condicións finais que deben incorporarse ao plan finalmente aprobado (artigo 25.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro).
Conforme o establecido no artigo 26.1. da Lei 21/2013, o promotor incorporará o contido da declaración ambiental estratéxica no plan ou programa e, de acordo co previsto na lexislación sectorial, someterao á adopción ou aprobación do órgano substantivo. No artigo 26.2.b) da referida lei modificado polo Real decreto lei 36/2020, o promotor do plan incluirá un extracto (Documento resumo da avaliación ambiental estratéxica) cos seguintes contidos:
1º. Como se integraron os aspectos ambientais no plan ou programa.
2º. Como se tivo en conta no plan ou programa o estudo ambiental estratéxico, os resultados da información pública e as consultas, incluíndo, se é o caso, as consultas transfronteirizas e a declaración ambiental estratéxica, así como, cando proceda, as discrepancias que puidesen xurdir no proceso.
3º. Os motivos da elección da alternativa seleccionada, en relación coas alternativas consideradas.
Atendendo ao disposto no Documento de alcance para a AAE ordinaria da Revisión do PXOM de Vigo, neste documento inclúese así mesmo un resume do estudo ambiental estratéxico (EAE) e da súa adecuación ao documento de alcance.
Relaciónanse a continuación os antecedentes e os procesos máis destacables do trámite ambiental ao que se someteu o Plan xeral de ordenación municipal de Vigo:
1. No ano 1993 aprobouse definitivamente o Plan xeral de ordenación urbana de Vigo. Este plan recobrou a súa vixencia tras a anulación por sentenza xudicial do Plan xeral de ordenación municipal aprobado definitivamente no ano 2008.
2. O 24.7.2019 aprobouse definitivamente o Instrumento de medidas provisionais de ordenación do concello de Vigo, ao abeiro da Lei 2/2017, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación.
3. O Concello de Vigo enviou un escrito á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (órgano ambiental) no que solicitaba iniciar a avaliación ambiental estratéxica ordinaria da Revisión do Plan xeral de ordenación municipal de Vigo, acompañado dun documento inicial estratéxico e dun borrador do plan. O 28.5.2020 recibiuse no órgano ambiental a documentación completa para poder iniciar a tramitación do plan.
4. O órgano ambiental iniciou o 8.6.2020 un período de consultas previas á formulación do documento de alcance do estudo ambiental estratéxico, facendo públicos no portal web os documentos achegados polo promotor e consultando ás administracións públicas afectadas e ao público interesado durante un prazo de dous meses.
5. Con data do 22.9.2020 o órgano ambiental emitiu o documento de alcance do EAE, no que determinaba a amplitude, o nivel de detalle e o grao de especificación do estudo ambiental estratéxico que debía elaborar o promotor.
6. O 26.8.2021 o Concello de Vigo aprobou inicialmente o PXOM e a continuación someteu o documento, xunto co EAE, ao trámite de información pública durante un prazo de tres meses, mediante anuncio que se publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG do 15.10.2021) e nun dos xornais de maior difusión da provincia (Faro de Vigo do 11.10.2021).
7. O expediente de AAE remitido polo Concello de Vigo para a formulación da declaración ambiental estratéxica foi recibido con data do 24.7.2023 no órgano ambiental da CMATV, quen lle requiriu ao Concello de Vigo que completase o expediente o 31.7.2023.
8. O Concello de Vigo remitiu a documentación requirida para completar o expediente de AAE (recibida no órgano ambiental o 25.8.2023). O expediente inclúe a «Proposta do plan para a formulación da declaración ambiental estratéxica» (con data de xullo 2023), o estudo ambiental estratéxico (asinado en xullo 2023), un documento «Resultado de participación pública e consultas» e un documento resumo.
9. O Concello de Vigo aprobou provisionalmente a Revisión do PXOM o 28.12.2023.
O contido do extracto ambiental é trasladado ao artigo 82 da LSG, e nas normas técnicas de planeamento incorpórase un anexo 6 sobre o modelo de extracto ambiental que se vai redactar. Tras a aprobación definitiva do Plan xeral completarase o documento ambiental coas medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan, que se publicará xunto co acordo de aprobación definitiva deste.
2. Extracto ambiental.
I. Integración dos aspectos ambientais na proposta final do plan.
1. O Marco estratéxico de referencia constituíu a base para a integración dos obxectivos de protección ambiental e dos criterios de sustentabilidade ambiental e definiu o contexto da AAE da Revisión do PXOM de Vigo. Na súa redacción tívose en consideración o marco internacional e comunitario, tanto no eido do desenvolvemento sustentable nos seus aspectos globais, como no da súa concreción nas relacións entre o ambiente e a ordenación do territorio, e os marcos estatal e autonómico. Neste contexto, o PXOM de Vigo incorporou un conxunto de obxectivos ambientais (punto 2.4. do EAE), que serviron como referencia estratéxica onde encadrar os seus obxectivos específicos.
Igualmente, a redacción do PXOM tomou en consideración e formulouse en coherencia cos obxectivos estratéxicos dos instrumentos de planificación territorial e sectorial, as Directrices de ordenación do territorio (DOT) e Plan de ordenación do litoral (POL), así como cos distintos plans, programas e estratexias que orientan e condicionan a ordenación do territorio municipal. Desta forma, o desenvolvemento do plan aproveita os efectos positivos da planificación conxunta e coherente do territorio realizada desde a perspectiva da sustentabilidade ambiental.
En coherencia co modelo territorial que establecen as DOT, no proceso de AAE do PXOM débese garantir unha axeitada integración dos aspectos ambientais na proposta formulada, contribuíndo «ao desenvolvemento económico equilibrado e á sustentable do territorio, á cohesión social e á mellora da calidade de vida da poboación e á utilización racional do territorio e á sustentabilidade ambiental». En consecuencia, no proceso metodolóxico seguido na redacción do PXOM, a procura destes obxectivos ambientais xerais orientou a nova planificación do territorio e os criterios de ordenación e xestión nel establecidos.
A introdución de obxectivos e de criterios de sustentabilidade desde as primeiras etapas de elaboración da Revisión do PXOM de Vigo permitiu compatibilizar as súas determinacións de desenvolvemento coa conservación e xestión dos recursos naturais e socioeconómicos. Deste xeito, o PXOM preserva os solos rústicos e as áreas e elementos de valor paisaxístico, natural, cultural, forestal ou produtivo, cumpre cos límites de sustentabilidade establecidos na LSG e clasifica o solo urbanizable tendo en consideración as necesidades obxectivas de desenvolvemento e a capacidade de acollida do territorio.
As determinacións do PXOM posibilitan, en coherencia cos obxectivos e por criterios de ordenación definidos pola corporación municipal para a ordenación sustentable do termo municipal, a identificación e a preservación do sistema ambiental, a mellora da habitabilidade e a recuperación do patrimonio edilicio e cultural do municipio, a renovación das infraestruturas e servizos municipais en relación ao fornecemento dos recursos hídricos e á garantía de calidade das augas e ecosistemas fluviais, permiten completar e mellorar o sistema de equipamento comunitario, tendo en conta as demandas sociais e a mobilidade, e configuran o sistema xeral de espazos libres e zonas verdes con carácter medioambiental, integrando neles os elementos de valor natural, paisaxístico ou cultural e deseñándoos de forma que se dota dunha rede de espazos accesibles e de calidade para o conxunto da poboación. Ademais, a súa contribución ao desenvolvemento integral e á diversificación económica do territorio e á efectiva protección dos recursos naturais, influirá decisivamente ao incremento da calidade de vida e benestar da poboación, xerando significativos avances na sustentabilidade ambiental.
A revisión do plan xeral establece unha ordenación protectora nos solos rústicos do termo municipal, orientada á salvagarda dos seus valores e recursos patrimoniais, así como a garantir un desenvolvemento territorial e urbano segundo os principios do desenvolvemento sustentable. O réxime urbanístico do solo rústico, consonte o establecido na Lei 2/2016, de Solo de Galicia e no seu regulamento, así como na Lei do solo do Estado, configurase vinculado a outorgar unha especial protección ao medio rural e a propiciar un uso racional dos recursos naturais.
Así mesmo, a Revisión do PXOM persegue, entre outros obxectivos, deter as agresións sobre as áreas e elementos ambientalmente fráxiles e fomentar a súa preservación e mellora, polo que os solos que acollen estas áreas foron clasificados nas diferentes categorías de especial protección establecidas pola lexislación urbanística en vigor, en función dos seus destacados valores no que se refire ben ao seu patrimonio natural, biodiversidade, recursos naturais e bens e servizos ecosistémicos, ou ben aos recursos culturais e paisaxísticos. Así, o desenvolvemento do PXOM manterá e potenciará aquelas calidades, características e elementos xeolóxicos e xeomorfolóxicos, da vexetación, flora, fauna e biodiversidade en xeral, os espazos de interese natural e a función conectiva dos corredores ecolóxicos que confiren a certas áreas do municipio a condición de áreas relevantes para a conservación da diversidade biolóxica e do patrimonio natural. Igualmente contribuirá á protección e á conservación efectiva do patrimonio cultural e das paisaxes do termo.
O desenvolvemento da proposta da Revisión do PXOM implicará significativos efectos sobre o ambiente e a sustentabilidade do termo municipal que foron avaliados no EAE como positivos na práctica totalidade das variables establecidas pola lexislación e nas estratexias comunitarias, estatais e autonómicas.
2. O procedemento ordinario de AAE comprende diferentes fases que permiten unha continua avaliación da integración dos aspectos ambientais na proposta de plan:
Acompañando o Borrador do plan, segundo o disposto na lexislación ambiental e urbanística, o Concello de Vigo redactou un documento inicial estratéxico que contiña a información que exixe o artigo 18 da Lei 21/2013, de avaliación ambiental: obxectivos da planificación; alcance e contido do plan proposto e das súas alternativas razoables, técnica e ambientalmente viables; desenvolvemento previsible do plan; potenciais efectos ambientais; e incidencias previsibles sobre os plans sectoriais e territoriais concorrentes.
Atendendo ao especificado no Documento de alcance, na versión inicial do plan incorporáronse ás consideracións do órgano ambiental orientadas a mellorar a integración dos aspectos ambientais no contido do PXOM. Axustáronse, xa que logo, os contidos do documento nas variables ambientais ocupación dos solos, ciclo hídrico, atmosfera e cambio climático, patrimonio cultural e paisaxe.
O Plan xeral dispón normas específicas para prever e corrixir os efectos negativos no ambiente das actividades e usos no territorio, especialmente nas actividades de urbanización e construtivas, integradas na Normativa urbanística. No EAE identificáronse, describíronse e avaliáronse os posibles efectos ambientais significativos que se derivan da aplicación do plan. Como complemento, definíronse diferentes medidas para asegurar o modelo urbano proposto en condicións de sustentabilidade e calidade ambiental. Redactado o EAE que acompañou a versión inicial do plan, o órgano ambiental emitiu o preceptivo informe ao abeiro das competencias que se lle asignan no Decreto 42/2019. O dito informe, emitido en data do 3 de novembro de 2021, planteou diversas cuestións ambientais que en xeral foron convenientemente observadas para a súa completa adaptación.
A continuación descríbese polo miúdo a integración ambiental da Revisión do PXOM de Vigo en cada unha das variables ambientais, tendo en consideración os obxectivos ambientais definidos polo órgano ambiental para a súa redacción.
Ocupación do territorio.
|
Obxectivos |
Minimizar o consumo do solo e racionalizar o seu uso |
|
Promover unha clasificación do solo en función da súa propia capacidade produtiva e potencialidade |
|
|
Evitar ou reducir os riscos naturais e tecnolóxicos |
Un dos principais problemas ambientais do municipio de Vigo é a elevada fragmentación do territorio debido ao desenvolvemento de infraestruturas e á dispersión edificatoria. A ordenación proposta no plan xeral fomenta a contención na ocupación do solo e prioriza a compactación da cidade e núcleos existentes fronte á súa expansión sobre terreos en estado natural, de xeito que so teñen a consideración de ámbitos aptos para o desenvolvemento urbanístico aqueles solos que reúnen os requisitos de necesidade e idoneidade.
O plan fundamenta as súas previsións de desenvolvemento urbanístico nunha análise razoada da necesidade de novas vivendas e de solo para actividades produtivas no horizonte temporal establecido na súa estratexia de actuación. En xeral, as delimitacións propostas axústanse ás áreas ocupadas polas edificacións existentes, e non implican importantes ocupacións de terreos de natureza agraria ou forestal alleos aos asentamentos.
A categorización de solo rústico no PXOM parte da consideración de que a importancia desta clase «transcende a das diferentes políticas sectoriais, algunhas delas pendentes de desenvolvemento». Así, máis do 56 % do solo municipal total é solo rústico protexido incluído na súa meirande parte nas diferentes categorías do solo rústico de especial protección definidas pola LSG e o seu regulamento.
A revisión do plan xeral conta entre os seus planos cun mapa de riscos naturais e antrópicos (Plano de información nº 21), mapas de niveis sonoros das infraestruturas e outro de zonificación acústica no que se representan tamén as curvas isófonas dos mapas de ruído das estradas e da aglomeración e a servidume do aeroporto. No relativo aos novos desenvolvementos existen varios ámbitos de solo urbano non consolidado afectados por contaminación acústica na contorna da autoestrada AP-9. A parte normativa do plan recolle determinacións específicas que hai que ter en conta na elaboración do planeamento de desenvolvemento, entre os que se encontran a necesidade de realizar estudos acústicos e o cumprimento obxectivos de calidade acústica.
O órgano ambiental planteou diversas cuestións nesta variable ao respecto do tratamento dalgúns solos residenciais, industriais e dotacionais que foron atendidas tal e como se describe a continuación:
Solo residencial:
Na zona de Samil Alcabre proxéctase unha expansión da cidade, o que leva en boa medida a encher o espazo libre nesta zona inserida na área de mellora ambiental e paisaxística do POL. Con todo. en comparación coa proposta formulada no borrador, o plan aprobado inicialmente reduce a presión sobre espazos de interese natural como a Xunqueira do Lagares e a costa de Alcabre. Conforme o POL, os crecementos deben dirixirse en dirección contraria á costa. Ademais, prioriza para o 1º trienio o sector SUB-603, polo que cómpre establecer unha estratexia temporal acorde e subordinada ás actuacións necesarias en solo urbano. Redelimitouse o ámbito SUNC-0901 para evitar a afección sobre o corredor do POL, o que se considera axeitado.
En canto aos ámbitos SUNC con afección polo POL, remítese ao informe favorable emitido pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio, no que non se plantean obxección respecto do SUNC 609, e para os restantes considéranos compatibles, sempre que se introduzan determinacións especiais referidas fundamentalmente á volumetría permitida e á preservación das masas arbóreas existentes.
En canto á estratexia de actuación, e toda vez que o ámbito SUB-603 non é cuestionado desde o Informe en materia de adaptación ao POL, cómpre sinalar que o plan xeral aposta polo desenvolvemento da cidade na directriz leste-oeste, continuando o eixe que conforman avenida Castelao e de Europa, considerando que debe continuarse o crecemento iniciado no Polígono Público de Navia sobre os terreos do contorno, como área de crecemento natural da cidade.
Solo industrial:
No Documento de alcance fíxose alusión a que varios dos ámbitos delimitados presentaban afeccións ambientais. Todos foron eliminados ou reaxustados para evitar esas afeccións. Sinalan que en relación ao artigo 10 da normativa urbanística se ten en conta que as actuacións que deveñen do PSOAEG deberán desenvolverse por proxectos de interese autonómico. Non se incorporan todos os ámbitos previstos no dito instrumento como solo urbanizable, pero coñécese a modificación que impulsou o IGVS en tramitación, para eliminar as non incorporadas.
Incorpórase ao artigo 10 da normativa urbanística a cuestión suscitada do seguinte xeito:
«Artigo 10. Desenvolvemento obrigatorio
1. Desenvolveranse obrigatoriamente mediante plan parcial os sectores delimitados como solos urbanizables, desde o Sector SUB-201 a o Sector SUB-805, así como os sectores A e B delimitados ao abeiro do establecido na Disposición transitoria 7ª da LSG. Desenvolveranse mediante proxectos de interese autonómico os sectores que deveñen do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia.
…»
Solo dotacional:
O novo equipamento proposto na Balsa sobre o antigo vertedoiro deberá ser informados previamente pola Secretaría Xeral de Avaliación Ambiental debido a que a fase de posclausura dos vertedoiros é de 30 anos, conforme o establecido na Orde do 20 de xullo de 2009 que regula a construción e xestión dos vertedoiros. O sector que ocupaba parcialmente terreos dos montes de utilidade pública de Bembrive foi eliminado pasando parte dos terreos a solo urbano consolidado. Deberá pronunciarse o órgano con competencia na materia.
O plan xeral non impide que no momento de desenvolvemento da remodelación dos terreos para acoller os usos deportivos sexa informado previamente pola Secretaría Xeral de Calidade Ambiental. Non obstante, en atención ao indicado, inclúese a referencia explícita ao cumprimento da orde no artigo 38.12, do seguinte xeito:
«Artigo 38. Plans Especiais de infraestruturas e dotacións
…
12. PE. 608 Plan especial de infraestruturas e dotacións do Complexo Deportivo da Balsa.
…
2. O plan especial terá o carácter de plan especial de infraestruturas e dotacións dos previstos no artigo 73 LSG para o desenvolvemento dun sistema xeral dotacional. Desenvolveranse tendo en conta as previsións da Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia, así como a Orde do 20 de xullo de 2009 que regula a construción e a xestión dos vertedoiros no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ou norma que a substitúa, singularmente o seu artigo 22.
…»
Paisaxe.
|
Obxectivos |
Preservar, protexer e poñer en valor a calidade da paisaxe |
|
Favorecer a integración paisaxística das actuacións |
En cumprimento das DOT, do Regulamento da Lei da paisaxe e das directrices da paisaxe, a revisión do Plan xeral inclúe un estudo da paisaxe, que inclúe o estudo da paisaxe urbana. A normativa sinala que os instrumentos de desenvolvemento contarán cun estudo da paisaxe propio (artigo 35 do Regulamento da Lei 7/2008), e nas fichas sinálanse condicións específicas que van respectar os planeamentos.
O plan xeral contén unha memoria xustificativa da adaptación ao ambiente e protección da paisaxe [(artigo 58.c) Lei 2/2016), atendendo ao establecido no artigo 91 da Lei 2/2016], que inclúe unha declaración detallada da coherencia do plan coa normativa sobre paisaxe, en particular, coas directrices de paisaxe de Galicia.
A revisión do PXOM clasifica como solo rústico de especial protección paisaxística (SRPPX) as áreas de especial interese paisaxístico (AEIP) do Catálogo das paisaxes, así como os espazos de interese paisaxístico do POL, tal como establece o artigo 34 da LSG e a directriz DX.07 das directrices de paisaxe. Ademais, incorporou ao SRPPX un espazo de protección de ladeira sinalado no POL (zona de monte onde conflúen as parroquias de Saiáns, Oia e Coruxo).
O EAE identifica e analiza os efectos que o plan pode ocasionar e recolle medidas preventivas e correctoras.
En datas do 21 de decembro de 2021 e do 23 de decembro de 2022 foron emitidos os informes sectoriais por parte de Instituto de Estudos do Territorio, completándose os estudos da paisaxe urbana e exterior conforme o requirido, pero validando as determinacións do Plan xeral en relación ás cuestións de integración na paisaxe.
Patrimonio natural.
|
Obxectivos |
Favorecer a integridade funcional dos sistemas naturais |
|
Xestionar a funcionalidade propia dos recursos naturais |
|
|
Favorecer a conectividade ecolóxica |
No punto 3.1 da parte informativa da memoria descríbese e faise unha valoración do patrimonio natural existente no concello; información que é ampliada no punto 3.1.10 do EAE. Nos planos de información (4, 5, 16 e 17) da revisión do PXOM está grafada esta información.
Na revisión do PXOM non se planean actuacións que afecten os espazos naturais protexidos nin as áreas prioritarias e de presenza da píllara das dunas, garantindo os seus plans de xestión a súa axeitada conservación. Categorizouse como solo rústico de protección de espazos naturais (SRPEN) os terreos incluídos na Rede galega de espazos protexidos (arquipélago das Illas Cíes; no que se atopan as areas de presenza e as areas críticas da píllara das dunas). Tamén o espazo natural de interese local Complexo duna e areal do Vao-Baluarte, así como aqueles espazos capaces de acoller ámbitos de interese natural de carácter local, foron incluídos nesta categoría en función dos seus importantes valores e recursos naturais, así como da súa funcionalidade como corredores ecolóxicos do termo municipal. Seguindo esta mesma liña, a revisión do PXOM establece a creación dun corredor verde ao longo do río Lagares na área urbana e periurbana da cidade no que se inclúen as zonas con interese natural, mediante unha secuencia de parques urbanos e áreas peonís, orientado a poñer en valor este espazo e a incrementar as súas posibilidades de aproveitamento sustentable pola cidadanía.
As representacións de hábitats de interese comunitario foron grafados nos planos do PXOM e incluíronse nalgunha/s das categorías do solo rústico de especial protección (SRPEN principalmente). Igualmente, as zonas humidas incluídas no Inventario de zonas húmidas de Galicia, como SRPEN, agás a Lagoa Mol, incluída na zona de servizo do Aeroporto de Vigo.
As árbores e as formacións senlleiras incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, todas elas situadas na área urbana da cidade consolidada de Vigo, fican na ordenación proposta, inseridas en espazos libres ou zonas verdes.
No Catálogo dos elementos de patrimonio cultural, natural e paisaxístico recóllense 55 espazos naturais e paisaxísticos de interese, quedando definidos nas súas fichas os valores naturais que implicaron a súa catalogación, o seu nivel de protección e os usos permitidos segundo a LSG. A superficie que se clasifica como espazo natural supón un notable incremento respecto do planeamento vixente.
Como complemento, o EAE incorpora medidas de sustentabilidade, preventivas e correctoras, para asegurar a preservación do patrimonio natural e a biodiversidade, e optimizar a integración ambiental das actuacións urbanizadoras.
Patrimonio cultural.
|
Obxectivos |
Protexer, conservar e poñer en valor os elementos patrimoniais |
O Plan recolle un Catálogo que segue as especificacións legalmente establecidas, e ademais, tal e como se requiría no Documento de alcance, os planos de ordenación incorporan o solo rústico de protección patrimonial das áreas de protección integral dos xacementos arqueolóxicos. As normas de protección do patrimonio cultural recollidas no Catálogo do PXOM están integradas no documento de normativa urbanística.
Na cartografía do plan están representados os bens patrimoniais catalogados e os seus contornos de protección (series de planos PINF 05 Elementos do patrimonio cultural e natural inventariados ou delimitados, e PORD 05 Catálogo).
A revisión do PXOM recolle o Camiño de Santiago (Camiño Portugués da costa), coa consideración de ben catalogado coa categoría de territorio histórico, indicando a súa provisionalidade en tanto non se aprobe definitivamente a súa delimitación.
Ciclo hídrico.
|
Obxectivos |
Garantir o funcionamento do ciclo hídrico en todas as súas fases e procesos |
|
Garantir o tratamento axeitado das augas residuais |
|
|
Garantir a viabilidade dos sistemas de abastecemento en función das demandas |
|
|
Promover o aforro no consumo dos recursos hídricos |
A revisión do PXOM representa nos planos de información (serie de planos PINF03) a rede fluvial do municipio, co seu nome e codificación. O plan contén unha análise dos recursos hídricos e das características das infraestruturas relacionadas co ciclo da auga. Recolle tamén as actuacións de ampliación e reforzo que se consideran necesarias para garantir os servizos no municipio, tendo en conta o crecemento urbanístico previsto.
O plan aposta pola implantación paulatina dunha rede de saneamento separativa, convertendo a rede unitaria existente en rede de augas residuais a medida que se vai implantando unha rede de pluviais.
No punto 6.3 do EAE establece diferentes medidas para promover o aforro no consumo dos recursos hídricos nas actuacións de urbanización programadas polo PXOM.
A revisión do PXOM establece limitacións de uso nas zonas con risco de asolagamento, especialmente na zona de fluxo preferente, atendendo ao disposto tanto no Regulamento do dominio publico hidráulico como no Plan hidrolóxico vixente. O plan xeral recolle as determinacións normativas necesarias ao respecto e na ordenación íntegra nos sistemas libres existentes ou previstos as zonas de fluxo preferente. O solo rústico afectado pola zona de fluxo preferente ten en xeral unha cualificación de especial protección. As áreas urbanas vacantes de edificación afectadas por ZFP están cualificadas, en xeral, como zonas verdes/espazos libres de sistema xeral, existentes ou previstas.
O órgano sectorial competente planteou diversas cuestións nesta variable ao respecto da inundabilidade do sector SUB-509, e da categoría asignada a determinados espazos perifluviais:
Non obstante, á falta de estudos de inundabilidade que acheguen máis detalle, obsérvase que na parte do sector SUB-509 afectada pola zona de fluxo preferente se sitúa a antiga subestación eléctrica e se proxecta un viario. Na ficha do sector faise referencia a ter en conta os mapas de risco para localizar a nova subestación e os usos edificatorios correspondentes. ...
Nos curso baixo do Lagares e nos Campos de Sárdoma cualifícase como solo rústico de protección de augas, pero no curso alto do Lagares e no Rego Eifonso mantense a cualificación como solo rústico de protección de espazos naturais.
En canto ao ámbito SUB-509, o planeamento de desenvolvemento garantirá o respecto da lexislación en materia de augas e deberán integrar os solos inundables en espazos libres. Toda vez que a estrada presentada é un espazo público cómpre indicar que a dita actuación é posible tomando as medidas oportunas para diminuír os riscos, e todo iso sen prexuízo da evolución que sufra este ámbito durante a tramitación do plan. (De feito boa parte da zona de fluxo preferente afecta o SUNC-249, que segregou parte do ámbito, en atención ao trámite de información pública).
Para maior aclaración, incorpórase á normativa a seguinte consideración xenérica:
«Artigo 103. Augas, leitos e ribeiras fluviais
5. …
Para os viarios que obrigatoriamente teñan que atravesar a zona de fluxo preferente, que en calquera caso contaran con autorización preceptiva conforme o establecido na lexislación en materia de augas, utilizaranse solucións que faciliten o desaugamento en caso de inundación, e non supoñen novas barreiras ao paso da auga.
…»
En canto á clasificación do solo rústico, e sen prexuízo das modificacións que resulten da cobertura doutros informes sectoriais é necesario indicar que a Normativa urbanística garante a superposición do solo rústico de especial protección, de augas con todas as restantes categorías de solo rústico de especial protección con independencia de que non estea reflectido en planos (artigos 95.5, 96.4, 97.4, 99.3, 100.4 e 101.4) .
En data do 23 de decembro de 2021 Augas de Galicia enviou un requirimento no que solicitou, entre outras cuestións, que se reflictan sobre a ordenación as zonas inundables que se derivan dos mapas de inundabilidade en vigor. Incorpórase un novo plano de ordenación 07, para atender o requirimento. En data do 8 de abril de 2022 emítese un informe favorable.
Mobilidade.
|
Obxectivos |
Reducir as necesidades de mobilidade |
|
Facilitar unha conectividade eficiente |
O PXOM considera a mobilidade no deseño do modelo territorial, de maneira que se garanta a accesibilidade. Ademais, no punto 6.6. do EAE consideranse medidas orientadas á redución da demanda de transporte e a favorecer a intermodabilidade e o transporte colectivo.
Atendendo ás determinacións 3.1.5.b) e 3.1.16 das DOT, o plan xeral inclúe un estudo de mobilidade, elaborado tomando como base o Plan de mobilidade urbana sustentable, no que se analiza a situación actual, se establecen obxectivos e se propoñen medidas para unha mobilidade sustentable, analizándose os fluxos previstos por distritos. Ademais normativamente indícase que as vías de sección superior a 14 metros incluirán un carril bici independente.
Atmosfera e cambio climático.
|
Obxectivos |
Contribuír á redución das emisións contaminantes |
|
Reducir os efectos negativos da contaminación atmosférica sobre a poboación |
|
|
Favorecer a redución das emisións dos GEI |
A revisión do PXOM de Vigo, atendendo ao disposto na Lei 21/2013, ten en consideración o fenómeno do cambio climático na elaboración do plan. O EAE contén información sobre as características ambientais das zonas que poidan verse afectadas de maneira significativa polo plan e a súa evolución, tendo en conta o cambio climático. Tamén analiza os efectos na calidade do aire da emisión de gases contaminantes á atmosfera e a contaminación luminosa, acústica e electromagnética. No punto 5.6.6 do EAE faise unha estimación da pegada de carbono asociada ás emisións directas do desenvolvemento do modelo urbano na que se conclúe que, a través das súas determinacións e modelo de estrutura urbana, o plan establecerá tendencias que melloran a pegada de carbono da cidade actual. Como complemento, no punto 6.6 do EAE considera medidas previstas para mitigar a incidencia do plan sobre o cambio climático e permitir a súa adaptación a este, para ter en conta nas actuacións de urbanización. Así mesmo, contén medidas orientadas a reducir as emisións contaminantes e os efectos negativos da contaminación atmosférica sobre a poboación (apartado 6.5 do EAE).
Enerxía.
|
Obxectivos |
Promover o aforro no consumo enerxético |
|
Fomentar o uso de recursos enerxéticos renovables |
A revisión do PXOM de Vigo identifica as infraestruturas existentes e define os corredores de infraestruturas precisos para o abastecemento eléctrico e gasista. Na memoria informativa (punto 7.3.1) describe o estado da rede eléctrica no municipio (estacións, subestacións e capacidade da rede), e as infraestruturas da rede de gas (punto 7.5). Así mesmo, na memoria xustificativa (punto 9.3) valóranse as necesidades para dar servizo ás previsións do planeamento e conclúese que a rede presenta déficits en varias zonas e deben optimizarse as infraestruturas. En consecuencia, ademais de prever a reserva de solo para 3 novas subestacións asociadas aos novos sectores programados, prevese aumentar no contorno da SE de Balaídos a potencia para atender boa parte do crecemento residencial e industrial proposto. Nos informes emitidos pola Dirección Gexal de Política Enerxética e Minas do Ministerio para a transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (3.2.2022) e pola Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas non se estableceu cuestionamento ningún sobre a suficiencia dos recursos enerxéticos.
No punto 6.6. do EAE, en concordancia co establecido no artigo 24 do POL, define as medidas previstas para fomentar o uso de sistemas eficientes que reduzan o consumo, e co artigo 6 da Lei 8/2012, do 29 de xullo, de vivenda de Galicia, as medidas previstas para fomentar os recursos enerxéticos renovables.
Ciclo de materiais.
|
Obxectivos |
Xestionar eficientemente os fluxos de materiais e residuos |
O plan, malia non considerar actuacións específicas en materia de infraestruturas de xestión e tratamento de residuos urbanos, realiza unha descrición e diagnose do sistema actual. Coa súa regulación normativa favorece unha xestión dos residuos conforme o disposto na lexislación vixente; así, nos artigos 34.3 e 36.4 determina que os plans que ordenen pormenorizadamente ámbitos de novo desenvolvemento urbanístico «deberán ter en conta as capacidades dos sistemas e infraestruturas para a xestión de residuos sólidos urbanos, procurando evitar as verteduras e os impactos no medio».
Nas medidas previstas no EAE (punto 6.4.), para xestionar eficientemente os fluxos de materiais e residuos, promove a redución do consumo de materiais e a produción de residuos. De acordo co artigo 56.1.da LSG, nos solos urbanizables, deberá achegarse un estudo que xustifique a capacidade dos servizos para atender as necesidades xeradas, como é a recollida de residuos urbanos.
3. En definitiva, as cuestións presentadas no documento de alcance foron axeitadamente integradas no plan xeral, non sendo alterados tras o trámite de información pública o modelo de plan aprobado inicialmente nin o estudo ambiental estratéxico noutras cuestións distintas das referidas aos parámetros e superficies que se reaxustaron.
As medidas previstas no EAE foron incorporadas á normativa urbanística do PXOM e, nas fichas urbanísticas para o desenvolvemento das actuacións de urbanización programadas no plan, incluíronse determinacións para acadar a súa óptima integración ambiental, paisaxística e territorial.
Logo de recibir o expediente de avaliación ambiental estratéxica completo, o órgano ambiental formulou a declaración ambiental estratéxica da revisión do Plan xeral de Vigo. A DEAE é un informe preceptivo e determinante, que inclúe un resumo dos principais fitos do procedemento, os resultados da información pública e das consultas, así como as determinacións, medidas ou condicións finais que deben incorporarse no plan antes da súa aprobación ou adopción definitiva.
A DEAE da Revisión do PXOM de Vigo, asinada con data do 31.8.2023, polo órgano competente, resolveu: Considerar ambientalmente viable a Revisión do Plan xeral de ordenación municipal de Vigo, condicionado a que no documento de planeamento que se someta a aprobación definitiva se atendan debidamente as condicións de carácter ambiental establecidas nos informes emitidos polos distintos órganos sectoriais.
Na proposta definitiva da revisión do PXOM de Vigo procedeuse a corrixir ou completar as cuestións documentais presentadas na DEAE, ao respecto da Normativa urbanística, e da memoria e dos planos de información.
4. O documento para aprobación provisional da revisión do PXOM incorpora na Normativa urbanística a lexislación ambiental en materia de conservación do patrimonio natural e da biodiversidade, de calidade do aire e protección da atmosfera, de prevención e minimización do ruído, de xestión dos residuos, da prevención e control integrado da contaminación, de avaliación de impacto ambiental, de avaliación de incidencia ambiental, de protección da paisaxe, etc., que asegura a adopción de eficaces medidas de prevención dos posibles efectos negativos significativos sobre o ambiente derivados das actuacións e dos usos que van desenvolver no termo municipal.
As medidas que se propoñen servirán para prever, minimizar ou paliar con prontitude os posibles efectos negativos significativos no ambiente das actividades e usos no territorio, e para fomentar os seus efectos positivos. En canto ás medidas de mitigación e de adaptación aos efectos do CC, hai que ter en conta que son de carácter transversal e sinérxico, e se orientan a paliar os seus efectos e a diminuír as causas, respectivamente. Medidas que hai que contemplar nas diferentes fases de desenvolvemento das actuacións programadas, referentes á preservación e á mellora da calidade ambiental, ao uso eficiente dos recursos e da enerxía, á integración ambiental e paisaxística, a previr os riscos, a amortecer as afeccións das actividades industriais e terciarias nas áreas residenciais, á protección das augas, á rede hidrolóxica, aos solos e ao patrimonio cultural, ao fomento da mobilidade sustentable e á racionalidade enerxética, á xestión sustentable dos residuos, etc.; e medidas de sustentabilidade ambiental para considerar na fase de explotación das áreas produtivas.
Cadro nº 2.1. Medidas de sustentabilidade previstas.
|
Economía e sociedade |
|
|
Fase de explotación |
Medidas de sustentabilidade social e ambiental |
|
Ocupación do territorio e riscos naturais e tecnolóxicos |
|
|
Fase de planificación |
Medidas de prevención dos riscos naturais e tecnolóxicos |
|
Prevención do risco de inundación |
|
|
Proxecto de urbanización |
Prevención do risco de inundación |
|
Prevención do risco local de incendio forestal |
|
|
Ciclo hídrico |
|
|
Fase de planificación |
Medidas para a redución dos consumos de auga (aforro e eficiencia) e para a súa reutilización |
|
Medidas para racionalizar e optimizar a vexetación e as técnicas de rega nos espazos públicos |
|
|
Medidas para a protección das augas e dos ecosistemas acuáticos |
|
|
Drenaxe urbana sustentable |
|
|
Ciclo de materias |
|
|
Fase de planificación |
Xustificación da capacidade dos servizos |
|
Emprego sustentable dos recursos materiais |
|
|
Medidas para a xestión de residuos en condicións de sustentabilidade |
|
|
Proxecto de urbanización. |
Plan de xestión de residuos das obras |
|
Prevención de verteduras de residuos perigosos |
|
|
Prevención do vertedura de inertes |
|
|
Atmosfera e cambio climático |
|
|
Fase de planificación |
Mellora do ambiente atmosférico |
|
Medidas de prevención da contaminación acústica |
|
|
Proxecto de urbanización |
Prevención da emisión de contaminantes |
|
Redución das emisións de po |
|
|
Medidas de prevención e corrección da contaminación acústica |
|
|
Medidas de prevención e corrección luminosa na iluminación pública |
|
|
Enerxía E Mobilidade |
|
|
Fase de planificación |
Medidas de aforro enerxético e de promoción do emprego de enerxías renovables |
|
Medidas de fomento da mobilidade sustentable nas actuacións terciarias e industriais |
|
|
Patrimonio natural e paisaxe |
|
|
Fase de planificación |
Optimización da integración ambiental e paisaxística |
|
Dotación de arboredo urbano |
|
|
Actuacións de urbanización |
Prevención e control de especies exóticas invasoras |
|
Delimitación das zonas de traballo |
|
|
Mantemento da maquinaria |
|
|
Prevención da afección ao patrimonio natural |
|
|
Conservación dos solos fértiles |
|
|
Proxectos de execución das zonas verdes |
|
5. O Concello de Vigo realizará un seguimento dos efectos no ambiente da aplicación ou desenvolvemento do plan, co obxecto de identificar con prontitude os efectos adversos non previstos e poder levar a cabo as medidas adecuadas para evitalos. Durante o período de vixencia do PXOM desenvolverase un programa de seguimento ambiental, que implicará a elaboración polo Concello de Vigo dunha serie de informes anuais, informes de seguimento, que serán remitidos ao órgano ambiental cunha periodicidade cuadrienal, en coherencia coa programación temporal establecida no PXOM.
II. Xustificación de como se tomaron en consideración no plan xeral o estudo ambiental estratéxico. Os resultados da información pública e das consultas e a declaración ambiental estratéxica.
II.1. Integración do estudo ambiental estratéxico e a súa adecuación ao documento de alcance.
1. O concello de Vigo elaborou a versión inicial da revisión do PXOM, que incorpora un EAE, datado en xullo 2021 e asinado polo director do equipo redactor, que se someteu aos trámites de información pública e consultas xunto co documento de planeamento aprobado inicialmente. Logo destes trámites, revisáronse e completáronse no EAE algunhas cuestións, de maneira que o estudo ambiental presentado para a formulación da declaración ambiental estratéxica ten como data de conclusión xullo de 2023 e está tamén asinado polo director do equipo redactor, tal e como exixe o artigo 16 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
O EAE, atendendo ao disposto no artigo 20 da Lei 21/2013 e no documento de alcance formulado polo órgano ambiental, analizou a integración dos aspectos ambientais no plan, e incorporou os seguintes contidos: ámbito, contido e obxectivos do plan; diagnóstico ambiental; relación cos plans e programas concorrentes; análise e avaliación das alternativas; análise dos probables efectos significativos no ambiente; medidas de sustentabilidade previstas (incluídas medidas de mitigación e de adaptación para os efectos do cambio climático); programa de seguimento ambiental; resumo non técnico.
2. Durante o trámite de consultas foron solicitados informes a todas as administracións con competencia sectorial, entre elas, á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, que emitiu un informe ao abeiro das competencias que se lle asignan no Decreto 42/2019, de 28 de marzo, tendo atribuídas as funcións de órgano ambiental competente na avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente. O Informe emitido con data do 3 de novembro de 2021, divídese en 4 partes:
A primeira analiza os obxectivos de planeamento e a proposta do plan aprobado inicialmente destacando as cuestións de maior interese desde o punto de vista ambiental, sen establecer cuestionamentos.
A segunda parte estuda a conformidade do estudo ambiental estratéxico co requirido no anexo IV da Lei 21/2013, do 9 de decembro, validando o seu contido e estando correctamente datado e asinado polos seus autores, especificando a titulación.
Na terceira parte analízase a adecuación da proposta ás consideracións ambientais do documento de alcance.
Por último, na cuarta parte do informe descríbese como debe ser a proposta final de Plan para a emisión da declaración ambiental estratéxica.
3. Con data do 31.8.2023, data na que se formula a declaración ambiental estratéxica, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da CMATV determinou no punto 4.1. Estudo ambiental estratéxico da Declaración Ambiental Estratéxica da Revisión do PXOM de Vigo, que o contido do EAE é conforme co requirido no anexo IV da Lei 21/2013, de avaliación ambiental, e no documento de alcance emitido polo órgano ambiental. Ademais, indica que recolle información suficiente, coa calidade e exhaustividade necesarias.
II.2. Resultado da participación pública e consultas.
O resultado do trámite de información pública e de consulta aos que foi sometido a Revisión do Plan xeral de Vigo (alegacións, informes sectoriais e consultas) preséntase, de xeito resumido a continuación.
1. Alegacións.
No período de información pública e consultas ao que foi sometido o PXOM, que incluíu o preceptivo EAE adaptado ao Documento de alcance, foron formuladas un total de 4.340 alegacións; con carácter previo ao cómputo do prazo establecido no artigo 207 do RLSG foron presentados outros 6 escritos; outras 156 foron presentadas fóra de prazo.
En xeral, as alegacións recibidas fan referencia exclusivamente a cuestións de índole urbanística, sen que nelas se fagan consideracións, achegas, propostas ou suxestións de carácter medioambiental ou referentes aos criterios de sustentabilidade e aos condicionamentos estratéxicos contidos no Documento de alcance ao que é sometido o PXOM. Así no 68.9 % das alegacións preséntanse cuestións relativas á clasificación e á cualificación de solo; noutro 18;1 % refírense a aliñacións viarias; outro 5,6 % refírense a aspectos da Normativa urbanística e o 0,3 % a outros documentos do plan; un 9,4 % plantean cuestións relacionadas con aspectos de lexislación sectorial; o 20,2% afectan ámbitos de planeamento remitido e o 3,1 % presentan cuestións relacionadas cos sistemas dotacionais e 1,2 % acompañan propostas de ordenación detallada; o 3,5 % foron presentadas por administracións e institucións. Do total das alegacións algo menos do 2,6 % non constitúen alegación ás determinacións do plan ou non corresponde ao equipo redactor emitir un informe sobre elas. As porcentaxes indicadas non suman 100 % dada a diversidade de temas que se poden tratar nunha alegación.
2. Informes sectoriais e consultas.
Os informes sectoriais emitidos durante o trámite de información pública e consultas detállanse a continuación:
Informes emitidos polas administracións públicas consultadas.
Administracións estatais.
|
Administración |
Data do informe (sinatura) |
|
Subdirección General de Aeropuertos y Navegación Aérea |
1.10.2021; 7.4.2022 e 13.10.2022 e 30.6.2024 |
|
Dirección Xeral da Costa e o Mar do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (*) |
25.2.2022 |
|
Ministerio de Defensa, Dirección Xeral de Infraestrutura |
1.2.2022 |
|
Ministerio Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Secretaría Xeral Infraestruturas |
16.12.2021 |
|
Dirección Xeral de Planificación e Avaliación da Rede Ferroviaria do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana |
26.1.2022 e 7.2.2022 |
|
Portos do Estado Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana |
21.2.2022 e 4.8.2022 |
|
Dirección Xeral de Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual. Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital |
14.1.2022, 14.3.2022, 23.5.2024 e 13.6.2024 |
|
Secretaría Xeral Patrimonio do Ministerio de Facenda e Función Pública |
28.10.2021 |
|
Área de Fomento da Delegación do Goberno en Galicia |
20.1.2022 |
|
Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico |
3.2.2022 |
|
Confederación Hidrográfica Miño Sil |
6.4.2022 |
(*) En data 5.11.2024 foi emitida nota técnica con carácter previo ao informe, sendo incorporadas as cuestións suscitadas ao documento de aprobación definitiva.
Administracións Autonómicas.
|
Administración |
Data do informe (sinatura) |
|
Comisión Técnica de accesibilidade |
18.10.2021 |
|
Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación emite Informe da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático |
11.10.2021 |
|
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da CMATV |
12.11.2021 |
|
Deputación Provincial |
15.11.2021 |
|
Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería de Medio Rural |
30.11.2021 |
|
Portos de Galicia |
10.12.2021 e 29.6.2022 |
|
Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade |
17.12.2021 |
|
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, ao trámite ambiental de consultas |
13.12.2021 |
|
Instituto de Estudos do Territorio |
21.12.2021 e 22.12.2023 |
|
Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia Xustiza e Turismo |
27.9.2021 e 23.12.2021 |
|
Subdirección Xeral do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administracións Públicas |
10.1.2022 |
|
Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da CMATV do plan respecto do POL |
12.1.2022 |
|
Dirección Xeral de Patrimonio Natural da CMATV |
12.1.2022 |
|
Axencia Galega de Infraestruturas |
13.1.2022, 22.12.2022 E 5.7.2023 |
|
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación |
14.1.2022 |
|
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade |
17.1.2022, 16.11.2022, 6.7.2023 e 25.4.2024 |
|
Dirección Xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural |
19.1.2022 |
|
Augas de Galicia |
23.12.2021 e 8.4.2022 |
|
Dirección Xeral de Urbanismo en materia de costas |
13.9.2024 |
3. Integración do resultado dos procesos de información pública e consultas no planeamento.
O equipo redactor da revisión do Plan xeral de Vigo avaliou as alegacións formuladas no período de información pública para dar resposta individual e motivada a cada unha delas. De acordo coa dita avaliación, procedería estimar total ou parcialmente o 44,6 % dos escritos de alegacións formuladas; o 52,3 % procedería a súa desestimación e o 3,1 % dos escritos presentados non representan alegacións ao planeamento e non se informan. A integración no PXOM dos aspectos estimados, total ou parcialmente, supón axustes no documento aprobado inicialmente, aínda que non significativos no que ao modelo territorial se refire.
No que respecta aos informes sectoriais e consultas recibidos, á data de elaboración do Informe sobre o proceso de participación pública e consultas, foron recibidos no Concello de Vigo vinte e nove informes sobre o documento de PXOM (aos que se engadiron posteriormente dous informes favorables da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e dous informes sobre a adaptación do plan á Lei 11/2022, xeral de telecomunicacións, emitidos no primeiro semestre de 2024), emitidos polos organismos sectoriais competentes relacionados anteriormente. Ademais, das restantes administracións e organismos consultados emitiron informe tres concellos limítrofes. Cómpre sinalar que todos os informes sectoriais e doutras administracións e organismos recibidos foron cubertas e aclarados en documentos adaptados a eles.
Entre os informes recibidos cómpre sinalar que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu, con data do 12.11.2021, un informe que analiza a adaptación do Plan xeral ao documento de alcance.
III. Xustificación da elección da alternativa seleccionada.
No borrador e no documento inicial estratéxico avaliáronse tres posibles alternativas:
− A alternativa 0, que consistía en dar continuidade ás previsións do PXOU aprobado en 1993, dando continuidade a un modelo territorial inexecutable ou esgotado en múltiples aspectos, e en calquera caso á marxe da evolución lexislativa e sectorial dos últimos anos, así como do actual contexto socioeconómico e territorial;
− A alternativa 1, que propoñía desenvolver unha ordenación territorial moi semellante á prevista no PXOM de 2008 pero adaptándoo ao contexto normativo, social e económico actual;
− A alternativa 2, consiste basicamente en adaptar o planeamento xeral (plan xeral do ano 1993 e mais o anulado de 2008) ao actual marco lexislativo e revisar as súas determinacións de ordenación na procura de acadar un planeamento ben dimensionado e que teña en consideración a compoñente ambiental, paisaxística e xeográfica que condiciona a forma urbana da cidade; pretendía ademais aproveitar posibles novos puntos de oportunidade na área metropolitana.
A comparación das alternativas foi realizada mediante unha matriz na que se analizou, para cada unha delas, o grao de integración das variables ambientais e a adecuación ao Marco estratéxico de referencia, en especial aos criterios de sustentabilidade expostos polo órgano ambiental.
A alternativa seleccionada foi a alternativa 2, xa que permite conservar os espazos de interese natural, cultural, escénico e produtivo, e favorece a integración territorial e paisaxística das novas áreas que se van desenvolver, ao tempo que contribúe a reducir a fragmentación territorial. Esta opción compromete menores recursos territoriais, e ten un mellor balance ambiental e eficiencia que a alternativa 1. Tamén favorece a cohesión e a integración social, e mellora a imaxe e a calidade urbana, posibilitando solucións integrais e a continuidade dos usos edificatorios e dotacionais preexistentes coa súa decidida aposta pola rehabilitación e a rexeneración urbana, e a renovación do soporte infraestrutural. Así mesmo, posibilita o fortalecemento da estrutura urbana e a consolidación de corredores ambientais, favorece a complexidade de usos e a introdución de relacións socioeconómicas diversas, e xera significativas melloras na mobilidade local e na mitigación e adaptación á loita contra o cambio climático.
Vigo, 30 de maio de 2025
O alcalde
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda
