DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 30 de xuño de 2025 Páx. 36154

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 24 de xuño de 2025 pola que se resolven as axudas correspondentes á modalidade A do programa Retorna talento FP establecidas na Orde do 24 de marzo de 2025.

Mediante a Orde do 24 de marzo de 2025 (DOG do 27 de marzo), establécese o procedemento para a adxudicación de bolsas para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar certos estudos de formación profesional que se inicien no ano 2025 en centros educativos de Galicia (código de procedemento ED333B).

O artigo 14 establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola cal se resolve cada unha das modalidades da convocatoria.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas correspondentes á modalidade A do programa ás persoas que se relacionan no anexo I desta orde. Así mesmo, esta listaxe publicarase no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal).

A dotación, a contía, a distribución dos pagamentos e as condicións para a adxudicación das bolsas serán as establecidas na Orde do 24 de marzo de 2025.

Segundo. A publicación da listaxe de persoas beneficiarias terá os mesmos efectos que a notificación, segundo se establece no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024; DOG núm. 114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional

ANEXO I

Adxudicación de axudas do programa Retorna talento FP 2025/26 (modalidade A)
Persoas beneficiarias das axudas con adxudicación no
centro 15023314-IES de Sabón

Apelidos

Nome

Dellagiovanna Eyo

Santiago Daniel

Gilbert Fernández

Nathalie Nieves

Gómez Lojo

Yasí Araí

Loyarte García

Guzmán Rodolfo