DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 30 de xuño de 2025 Páx. 36506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 5 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2024/224-36.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázanse as persoas citadas no anexo, para notificar a resolución ditada no expediente instruído que se relaciona no dito anexo, de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no dito expediente, tramitado no Departamento Territorial de Vigo.

Para o coñecemento íntegro da resolución, as persoas interesadas, por si mesmas ou a través da persoa que legalmente as represente, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial en Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal núm. 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables e das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación praticada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición á dita resolución administrativa, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 5 de xuño de 2025

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Núm. de expediente: 2024/224-36.

Persoas interesadas: Luisa Caldaras Cirpaci e Rafael Cirpaci.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 16 de maio de 2025.

Efectos xurídicos que produce a resolución: establecemento de medida administrativa.