De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso convocado por esta universidade mediante a Resolución do 26 de febreiro de 2025 (BOE do 10 de marzo), para a provisión da praza número 25/002, de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Socioloxía, Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación desta universidade, a favor de Mónica Belén Fernández Suárez, con DNI núm.***2384**, e unha vez que a persoa interesada acreditase os requisitos establecidos na convocatoria.
Este reitorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e as demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mónica Belén Fernández Suárez profesora titular de universidade da área de coñecemento de Socioloxía, Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación desta universidade.
No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión da súa praza.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o reitor da Universidade da Coruña, conforme o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses.
A Coruña, 17 de xuño de 2025
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado
