DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 30 de xuño de 2025 Páx. 36495

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2025 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servizos.

Mediante a Resolución da Xerencia do 6 de maio de 2025 (DOG núm. 93, do 16 de maio) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo de persoal funcionario que se relaciona no anexo desta resolución.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 19 do Regulamento de mobilidade de persoal de administración e servizos da USC, o reitor emitiu informe motivado en relación co posto convocado. Nese informe especificáronse tanto os criterios de interese xeral considerados prioritarios para decidir o nomeamento coma os méritos e capacidades que a persoa candidata proposta reúne para o desempeño do posto de traballo.

Acreditada a observancia do procedemento, así como o cumprimento por parte do candidato dos requisitos e especificacións exixidos na convocatoria, o xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen pola Resolución do 21 de abril de 2022 (DOG do 26 de abril),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, efectuada pola Resolución da Xerencia do 6 de maio de 2025, e adxudicar o posto convocado ao persoal funcionario que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de rematar o prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública; neste caso, o interesado queda obrigado a comunicarllo á Xerencia no prazo de tres días.

Terceiro. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que a persoa adxudicataria do posto reingrese ao servizo activo, o prazo para a toma de posesión será dun mes.

Cuarto. O prazo para tomar posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas de maternidade ou paternidade concedidos á persoa interesada. Igual tratamento terán os supostos de incapacidade temporal, en que o cómputo do prazo posesorio se iniciará a partir da correspondente alta.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o citado recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2025

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Denominación do posto: responsable da Unidade de Xestión Administrativa. Reitorado.

Número de praza: PF000148.

Subgrupo: A2/C1/C2.

Nivel: 22.

Complemento específico: 13.178,06.

Xornada: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Freiría Castelao, Ramón.

DNI: ***0135**.