DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 30 de xuño de 2025 Páx. 36272

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2025 pola que se fan públicas as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 10 de febreiro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento AU301C).

O 24 de febreiro de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 10 de febreiro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento AU301C).

O 29 de abril de 2025 a Dirección de Augas de Galicia, por delegación da Presidencia de Augas de Galicia, ditou as resolucións de concesión de axudas aos beneficiarios.

O 6 de xuño de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 27 de maio de 2025 pola que se amplía o crédito da Resolución do 10 de febreiro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento AU301C).

O 12 de xuño de 2025 a Dirección de Augas de Galicia, por delegación da Presidencia de Augas de Galicia, ditou as resolucións de concesións de axudas aos beneficiarios que estaban na lista de agarda por exceder o límite de crédito na convocatoria antes da ampliación de crédito.

Segundo o recollido na Resolución do 10 de febreiro de 2025 citada, debe publicarse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Augas de Galicia a relación das subvencións concedidas.

As subvencións fináncianse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

De conformidade co previsto no artigo 14 da Resolución do 10 de febreiro de 2025, xa citada,

RESOLVO:

Facer pública no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial de Augas de Galicia a relación das entidades beneficiarias e o importe das subvencións concedidas.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Disposición adicional segunda da Resolución do 10.2.2025;
DOG do 24 de febreiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Detalle das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 10.2.2025
(código de procedemento AU301C)

Expediente

Entidade beneficiaria

NIF

Importe da subvención concedida

AU301C2025-1

Concello do Incio

P2702400I

8.960,00 €

AU301C2025-3

Concello de Caldas de Reis

P3600500G

11.980,00 €

AU301C2025-4

Concello de Ribas de Sil

P2705200J

5.808,00 €

AU301C2025-5

Concello de Cervantes

P2701200D

5.808,00 €

AU301C2025-7

Concello de Ribadumia

P3604600A

10.560,00 €

AU301C2025-12

Concello da Pobra do Brollón

P2704700J

10.841,60 €

AU301C2025-13

Concello de Brión

P1501300F

15.515,16 €

AU301C2025-17

Concello de Camariñas

P1501600I

8.000,00 €

AU301C2025-22

Concello de Valdoviño

P1508800H

7.477,81 €

AU301C2025-23

Concello de Lobeira

P3204200D

14.519,49 €

AU301C2025-25

Concello de Taboadela

P3208000D

14.516,32 €

AU301C2025-27

Concello de Guntín

P2702300A

12.100,00 €

AU301C2025-28

Concello de Quintela de Leirado

P3206700A

14.519,49 €

AU301C2025-26

Concello de Cartelle

P3202100H

14.327,86 €

AU301C2025-30

Concello de Rábade

P2705600A

5.994,82 €

AU301C2025-31

Concello de Carnota

P1502000A

11.954,80 €

AU301C2025-34

Concello de Mañón

P1504500H

6.000,00 €

AU301C2025-35

Concello de Lourenzá

P2702700B

8.198,96 €

AU301C2025-36

Concello de Tordoia

P1508500D

13.987,60 €

AU301C2025-37

Concello de Vilalba

P2706500B

14.758,13 €

AU301C2025-38

Concello de Redondela

P3604500C

11.976,00 €

AU301C2025-39

Concello de Tomiño

P3605400E

11.976,00 €

AU301C2025-40

Concello de Pol

P2704600B

14.229,60 €

AU301C2025-41

Concello de Cuntis

P3601500F

14.471,60 €

AU301C2025-42

Concello de Monterroso

P2703200B

11.976,00 €

AU301C2025-47

Concello de Moaña

P3602900G

11.976,00 €

AU301C2025-51

Concello de Láncara

P2702600D

14.459,21 €

AU301C2025-20

Concello de Portomarín

P2704900F

14.471,60 €

AU301C2025-9

Concello de Ribadavia

P3207000E

6.000,00€

AU301C2025-14

Concello de Folgoso do Courel

P2701700C

9.196,00 €

AU301C2025-21

Concello de Burela

P2706800F

15.000,00 €

AU301C2025-46

Concello de Xunqueira de Ambía

P3203700D

14.519,02 €

AU301C2025-8

Concello de Castro Caldelas

P3202400B

14.519,49 €

AU301C2025-43

Concello de Noia

P1505800A

14.302,20 €

AU301C2025-6

Concello de Trazo

P1508700J

13.987,60 €

AU301C2025-18

Concello de Allariz

P3200200H

14.362,90 €

AU301C2025-15

Concello de Triacastela

P2706200I

6.335,64 €

AU301C2025-10

Concello de Sobrado

P1508100C

13.987,60 €

AU301C2025-2

Concello de Coristanco

P1502900B

14.326,40 €

AU301C2025-45

Concello de Nigrán

P3603500D

11.976,00 €

AU301C2025-11

Concello de Carral

P1502100I

13.987,60 €

AU301C2025-44

Concello de Melide

P1504700D

14.079,56 €

AU301C2025-50

Concello de Catoira

P3601000G

8.131,20 €

AU301C2025-52

Concello de Taboada

P2706000C

14.423,20 €

AU301C2025-24

Concello da Mezquita

P3204900I

4.617,36 €

AU301C2025-19

Concello de Quiroga

P2705000D

8.648,00 €