Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 9 de xuño de 2025, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:
Identificación e localización: parcela número 86 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 155,78 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Actual titular: Lucas Martínez Garrote (***7742**).
Novos titulares: José Raúl Crespo Piñeiro (***4744**) e Juan Ramón Crespo Piñeiro (***4744**).
Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas do anterior.
Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar, no prazo máximo dun mes contado dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 9 de xuño de 2025
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
