DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 1 de xullo de 2025 Páx. 36749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 16 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, de notificación da resolución pola que se declara a extinción da concesión de actividade da batea Tacón I.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase á persoa con DNI 77407384X a resolución ditada pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, por delegación da persoa titular da Consellería do Mar, o 19 de maio de 2025, pola que se declara a extinción da concesión de actividade da batea Tacón I (polígono Grove F-cuadrícula 29).

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU do BOE), nas oficinas da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, situadas na praza de Europa, 5A, 4º (polígono das Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2025

Patricia García Sánchez
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica