DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 1 de xullo de 2025 Páx. 36750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 17 de xuño de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0320/2025-V e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-00320/2025-V e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 17 de xuño de 2025

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0320/2025-V

79314619Q

Inicio

R/ Concheiros (dos) 10, planta S01, portal 1, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)

PSC-CO-0332/2025-PPM

76968096E

Inicio

R/ Edificio Rambla 7-3º A, Goiáns, Portosín, 15999 Porto do Son (A Coruña)

PSC-CO-0387/2025-TRA

52453888L

Inicio

Lugar Lesón, Santa Cruz, 15948 A Pobra do Caramiñal (A Coruña)