Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia, anunciada pola Orde do 27 de maio de 2025 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), de conformidade co establecido no artigo quinto da citada orde,
DISPOÑO:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia, anunciada pola Orde do 27 de maio de 2025, unha vez vistos os informes emitidos polos consellos sociais e polos claustros de profesorado dos centros integrados, tal e como establece o punto 2 do artigo quinto da citada orde.
Segundo. No uso das atribucións conferidas polo punto 4 do artigo quinto da dita orde, nomear directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia os candidatos relacionados no anexo I desta resolución.
Terceiro. O nomeamento referido no punto segundo desta resolución terá efectos administrativos e económicos desde o 1 de xullo de 2025, incluído.
Cuarto. Ao non reunir ningunha das persoas solicitantes os requisitos establecidos no artigo 2 da citada orde, declarar deserto o posto de director ou directora do centro que se indica no anexo II desta resolución.
Quinto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2025
Mª Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional
ANEXO I
|
Provincia |
Concello |
Código do centro |
Centro integrado de formación profesional |
Apelidos e nome |
DNI |
|
A Coruña |
Ferrol |
15021469 |
CIFP Leixa |
Fuertes Dopico, Eva María |
****197** |
|
Lugo |
Lugo |
27006516 |
CIFP Politécnico de Lugo |
Blanco Carballido, José Luis |
****870** |
|
Pontevedra |
Poio |
36025219 |
CIFP de Cantería de Galicia |
Alvariño Pérez, David |
****107** |
ANEXO II
|
Provincia |
Concello |
Código do centro |
Centro integrado de formación profesional |
|
Pontevedra |
Ponteareas |
36007552 |
CIFP A Granxa |
