DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 1 de xullo de 2025 Páx. 36718

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2025 pola que se nomean funcionarios e funcionarias de corpos docentes universitarios.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións de selección nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados por esta universidade pola Resolución do 26 de febreiro de 2025 (BOE do 10 de marzo) e acreditados polas persoas interesadas os requisitos exixidos pola lexislación vixente para seren nomeadas funcionarias para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios.

Este reitorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este reitorado no prazo dun (1) mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 18 de xuño de 2025

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado da Universidade da Coruña

ANEXO

Nome e apelidos

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Núm. praza

Eva María Souto García

Profesora titular de universidade

Dereito Penal

Dereito Público

25/001

José Antonio Cortés Vázquez

Profesor titular de universidade

Socioloxía

Socioloxía e Ciencias da Educación

25/003