DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 1 de xullo de 2025 Páx. 36720

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2025 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Socioloxía.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade mediante a Resolución do 26 de febreiro de 2025 (BOE do 10 de marzo), para a provisión da praza número 25/004, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Socioloxía, do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación desta universidade, a favor de Raimundo Otero Enríquez, con DNI núm. ***3086**, e unha vez que a persoa interesada acreditase os requisitos establecidos na convocatoria, este reitorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e as demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Raimundo Otero Enríquez profesor titular de universidade da área de coñecemento de Socioloxía, do departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante este reitorado, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 20 de xuño de 2025

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado da Universidade da Coruña