Mediante a Resolución da Alcaldía número 2025-0598, do 28 de maio, aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Pontecesures para o ano 2025, pola que se ofertan ás seguintes prazas:
Quenda libre:
– Unha praza de administrativo xefe da Unidade de Administración Xeral e apoio á Secretaría (persoal funcionario).
– Unha praza de bibliotecaria/o (persoal laboral).
Quenda de promoción interna:
– Unha praza de administrativo xefe da Unidade de Intervención e Tesouraría (persoal funcionario).
Segundo o disposto no artigo 48.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a convocatoria das prazas ofertadas realizarase dentro do prazo improrrogable de tres anos contados desde a súa data de publicación. Esta oferta foi publicada no BOP de Pontevedra núm. 109, do 10.6.2025, e determinouse o cómputo dos tres anos desde a data de publicación no BOP.
Pontecesures, 10 de xuño de 2025
María Teresa Tocino Barreiro
Alcaldesa
