DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 1 de xullo de 2025 Páx. 36757

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Becerreá

ANUNCIO da convocatoria e das bases de selección para o acceso a unha praza de administrativo pertencente á escala da Administración xeral incluída na oferta de emprego público de 2025, para cubrir en quenda de promoción interna.

Mediante o Decreto da Alcaldia número 2025-0362, do 10 de xuño, aprobáronse as bases de selección e a convocatoria para o acceso a unha praza de administrativo pertencente á escala da Administración xeral incluída na oferta de emprego público de 2025, para cubrir en quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As bases de selección faranse públicas no Boletín Oficial da provincia de Lugo e na sede electrónica do concello, accesible a través da seguinte ligazón:

https://concellodebecerrea.sedelectronica.gal

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos, igualmente, na sede electrónica.

Becerreá, 10 de xuño de 2025

Manuel Martínez Núñez
Alcalde