DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 2 de xullo de 2025 Páx. 36999

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 17 de xuño de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0098/2025-V e dez máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0098/2025-V e dez máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentaren cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 17 de xuño de 2025

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0098/2025-V

76778145M

Inicio

Rúa Pesqueira, nº 193, km 357, Cabo de Cruz, Boiro

PSC-FE-0127/2025-PPM

44848571C

Inicio

Rúa Manzanares, nº 17, 1º esqa., Santa Uxía de Ribeira (Ribeira)

PSC-FE-0128/2025-V

53167242M

Inicio

Rúa Doctor Ferrant, nº 53, 2º D, A Coruña

PSC-FE-0132/2025-PPM

32702866V

Inicio

R/ Alonso Escudero, nº 11, 2º, Neda

PSC-FE-0140/2025-PPM

34898564C

Inicio

Camiño As Salgueiras, nº 6, Chanteiro, Cervás (Ares)

PSC-FE-0144/2025-V

76967097N

Inicio

Rebordelo, nº 117, Boiro

PSC-FE-0148/2025-PPM

58037159V

Inicio

R/ Galerías Santa Margarita, Bl. 2, 3º esqa., A Coruña

PSC-FE-0150/2025-PPM

35491421Y

Inicio

O Pazo, nº 242, Rianxo

PSC-FE-0151/2025-V

76779647N

Inicio

R/ Robustiano Pérez del Río, nº 16, 3º dta., Boiro

PSC-FE-0153/2025-PPM

76969093F

Inicio

Rúa Costadal, nº 29, Escarabote, Lampón (Boiro)

PSC-FE-0156/2025-V

52938272T

Inicio

A Pesqueira, nº 130, Castro (Boiro)