DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 2 de xullo de 2025 Páx. 37001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de maio de 2025, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Melide (expediente DH.V15.109232).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Yethi Carburantes, S.L.

NIF: B-70426598.

Expediente: DH.V15.109232.

Lugar: encrucillada da estrada Campo de fútbol coa AC-840.

Parroquia: San Cosme de Abeancos.

Concello: Melide.

Tipo de vertedura 1: augas residuais industriais e de escorrega depuradas.

Caudal máximo anual 1: 1.272,08 m3/ano.

Punto de vertedura 1: X=580.127; Y=4.750.031.

Medio receptor 1: infiltración no terreo (bacía do río Ulla).

Tratamento/evacuación 1:

As augas residuais industriais e de escorrega xeradas nas zonas de surtidores e descarga de combustible son tratadas, conxuntamente coas augas residuais industriais xeradas no lavado de vehículos pretratadas nun areeiro, nun separador de hidrocarburos de clase I con desareador de 10 l/s de caudal nominal, antes da súa vertedura por infiltración no terreo mediante pozo filtrante.

Tipo de vertedura 2: augas residuais asimilables a domésticas depuradas.

Caudal máximo anual 2: 192,14 m3/ano.

Punto de vertedura 2: X=580.103; Y=4.750.024.

Medio receptor 2: infiltración no terreo (bacía do río Ulla).

Tratamento/evacuación 2:

As augas residuais asimilables a domésticas xeradas nos lavabos, cafetaría e lavalouza son tratadas nun separador de graxas e posteriormente conducidas, conxuntamente coas augas residuais fecais xeradas nos aseos, cara a unha fosa séptica de decantación-dixestión en PRFV deseñada para 15 habitantes equivalentes, antes da súa vertedura por infiltración no terreo mediante gabia filtrante.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2025

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras