DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 2 de xullo de 2025 Páx. 37003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de xuño de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Viveiro (expediente DH.W27.101798).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Forestal Naseiro, S.L.

NIF: B27466333.

Expediente: DH.W27.101798.

Lugar: Lamas.

Parroquia: San Pedro.

Concello: Viveiro.

Descrición das actuacións:

As obras solicitadas consisten na execución dun movemento de terras para a regularización e o acondicionamento de terreo ao redor da vivenda e na construción dun muro de contención, nas parcelas con referencia catastral 27067A038007500000XL e 27067A038007510000XT, na zona de policía do río Landro.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 13 de xuño de 2025

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña