Na sesión que tivo lugar o 5 de xuño de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de outubro de 2024 (DOG núm. 208, do 28 de outubro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro),
ACORDOU:
Primeiro. Publicar os resultados obtidos polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial, no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio da oposición as persoas aspirantes que obtiveron o resultado de apto/a.
Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación coas puntuacións, no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade, co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2025
Bran Casal Pereira
Presidente do tribunal
