DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 2 de xullo de 2025 Páx. 36901

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 26 de xuño de 2025 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461D) nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía.

De conformidade co establecido no Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos da Policía Local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (DOG núm. 222, do 22 de novembro), a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en virtude da delegación conferida para o efecto polos concellos interesados,

DISPÓN:

Aprobar as bases xerais reguladoras e convocar o proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461D) nos corpos da Policía Local, escala básica, categoría de policía, subgrupo C1.

1. Obxecto da convocatoria.

1.1. O obxecto desta convocatoria é o acceso por oposición libre e a provisión por mobilidade das prazas dos corpos da Policía Local, escala básica, categoría de policía, subgrupo C1, que se detallan no anexo III.

1.2. Os citados procesos rexeranse polo establecido nestas bases e para o non previsto aplicarase o disposto en:

a. Constitución española (BOE núm. 311, do 29 de decembro de 1978).

b. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015).

c. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015).

d. Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (BOE núm. 261, do 31 de outubro de 2015).

e. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio de 2015).

f. Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG núm. 85, do 3 de maio de 2007).

g. Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG núm. 30, do 13 de febreiro de 2023).

h. Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos da Policía Local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (DOG núm. 222, do 22 de novembro de 2017).

i. Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade dos corpos de policías locais para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais (DOG núm. 22, do 2 de febreiro de 2009).

1.3. Os códigos dos procedementos regulados nesta orde son o PR461B para o proceso de acceso por oposición libre e PR461D para o proceso de provisión por mobilidade.

1.4. As prazas non cubertas no proceso de provisión por mobilidade acumularanse ao proceso de acceso por oposición libre, unha vez notificado ao Concello e logo de solicitude deste, e serán publicadas a través da resolución da persoa titular da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp) e comunicadas ao tribunal nomeado para o efecto no proceso de oposición libre, para a realización da listaxe final de persoas aprobadas e con praza no proceso.

2. Requisitos das persoas aspirantes.

2.1. Para o proceso de acceso por oposición libre (PR461B):

a. Ter nacionalidade española.

b. Ter feitos os dezaoito anos e non exceder, de ser o caso, a idade de xubilación forzosa.

c. Estar en posesión ou en condicións de obter a titulación exixida para acceder a condición de funcionario do subgrupo C1, conforme a normativa de función pública (bacharelato, técnico ou equivalente).

Para os efectos de equivalencia da titulación, aplicarase o disposto na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada mediante a Orde EDU/520/2011, do 7 de marzo.

d. Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións.

e. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario de que a persoa fose separada ou inhabilitada.

f. Carecer de antecedentes penales por delito doloso.

g. Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B.

h. Compromiso por escrito de portar armas durante o servizo e, se é o caso, chegar a utilizalas nos casos e circunstancias legalmente establecidos, que presentará en forma de declaración xurada, ou segundo o modelo que se exixa na convocatoria.

i. Presentar un informe de saúde, asinado por persoal facultativo, en que se faga constar expresamente que a persoa aspirante reúne as condicións físicas e psíquicas para realizar os exercicios físicos que se especifiquen na correspondente proba da oposición, que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no dito informe. Este informe de saúde debe ser expedido dentro dos 15 días inmediatamente anteriores á data de realización da primeira proba de aptitude física.

2.2. Para o proceso de provisión por mobilidade (PR461D):

a) Atoparse na situación administrativa de servizo activo na categoría de policía.

b) Ter unha antigüidade mínima de tres anos na categoría de policía.

c) Levar máis de tres anos de tempo efectivo e continuado no actual destino.

d) Non atoparse en situación administrativa de segunda actividade, salvo os casos de segunda actividade por embarazo ou lactación.

e) Estar en posesión da titulación académica exixida para a categoría ou en condicións de obtela.

f) No suposto regulado no artigo 40 do Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, en relación coa participación simultánea en varios procesos de mobilidade, establécese como obriga a comunicación desta situación á Agasp e ao/aos concello/s interesado/s.

Os requisitos enumerados neste artigo, tanto para o acceso por oposición libre como provisión por mobilidade, deberán acreditarse na data da presentación da solicitude, dentro do prazo fixado nesta convocatoria e deberanse manter ata que remate o proceso selectivo, tanto na fase de oposición como no desenvolvemento do curso selectivo, incluído o período de prácticas nos concellos de procedencia.

3. Solicitudes.

3.1. Forma e prazo de presentación.

3.1.1. Para o proceso de acceso por oposición libre (PR461B):

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal, que é o anexo I desta orde (código de procedemento PR461B).

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude, na epígrafe «Idioma do exame» se o texto da primeira proba deberá entregarse en idioma galego ou en idioma castelán. Unha vez realizada a opción e presentada a solicitude, a persoa aspirante non poderá modificar a opción.

3.1.2. Para o proceso de provisión por mobilidade (PR461D):

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal, que é o anexo II desta orde (código de procedemento PR461D).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Non se terá en conta a documentación que non quede debidamente acreditada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes de participación no proceso vincularán as persoas solicitantes unha vez finalizado o prazo de presentación destas.

Poderase renunciar a participar neste proceso en calquera momento e, como máximo, ata a publicación da lista que conteña a baremación definitiva realizada polo tribunal.

No suposto de estaren interesados/as en varias prazas ofertadas no anexo III desta orde, deberanas solicitar por orde de preferencia.

3.1.3. Presentación electrónica. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3.1.4. Prazo de presentación de solicitudes e publicación. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado. O anuncio desta convocatoria será publicado tamén nos boletíns provinciais das catro provincias galegas.

3.2. Taxas.

3.2.1. Aboamento das taxas.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar neste proceso, deberase aboar dentro do prazo de presentación de solicitudes, en concepto de dereito de inscrición, o importe de 33,13 euros e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes.

O pagamento da taxa poderá facerse:

a. Electronicamente: con cargo a unha tarxeta de crédito ou débito e, no caso de que se teña certificado dixital, poderase tamén facer con cargo a unha conta bancaria do titular. No momento de facer o pagamento obterase un xustificante (modelo 730).

b. Presencialmente: neste caso deberase imprimir o documento de pagamento (modelo 739) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle deberá selar o xustificante coa data do pagamento.

Os códigos para cubrir as taxas son os seguintes:

Consellería: Presidencia, Xustiza e Deportes. Código 04.

Delegación: Servizos centrais. Código 13.

Servizo: Academia Galega de Seguridade Pública. Código 19.

Taxa: Denominación: inscrición nos procesos selectivos para a selección de persoal dos corpos da Policía Local de Galicia. Código 30.03.04.

A falta de pagamento da taxa correspondente ou a falta de xustificación desta en prazo determinará a exclusión da persoa aspirante no proceso, e non será posible a súa corrección fóra do prazo de presentación de solicitudes.

A presentación do xustificante do aboamento das taxas non supoñerá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso.

Finalizado correctamente o proceso de pagamento, poderase presentar a solicitude.

3.2.2. Exención e bonificación no aboamento da taxa. Sempre que se cumpra o resto de requisitos.

a. Estarán exentos do pagamento desta taxa por dereito de inscrición:

• Persoas membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

• Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

b. Aplicarase unha bonificación do 50 % do importe da taxa ás:

• Persoas membros de familias numerosas de categoría xeral.

• Persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

• Vítimas do terrorismo, tal e como se describe no artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando coa solicitude a documentación que se especifica no punto 3.4 desta orde.

3.3. Documentación complementaria que se debe presentar para participar no proceso.

3.3.1. Documentos:

3.3.1.1. Para o proceso selectivo de acceso por oposición libre (PR461B):

a. Solicitude (anexo I) debidamente cuberta e asinada (código de procedemento PR461B).

b. Xustificante do pagamento da taxa (código 30.03.04), agás que o pagamento da taxa se inicie e finalice electronicamente a través da sede.

c. Certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial, ou carné familiar en que conste o devandito carácter, sempre que non fose expedido pola Xunta de Galicia, xa que nese caso se poderá consultar, sempre que a persoa non se opoña á súa consulta no anexo I da solicitude.

d. Resolución administrativa pola que se recoñeza a condición de vítima de terrorismo, de ser o caso.

e. En caso de ser demandante de emprego: a) Certificación negativa da percepción actual de prestación/subsidio por desemprego e b) antigüidade como demandante de emprego.

f. Certificado do Celga 4 ou equivalente, sempre que non fose expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, xa que nese caso se poderá consultar, sempre que a persoa non se opoña á súa consulta no anexo I da solicitude.

g. Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ou certificado de discapacidade expedido polo órgano competente na materia, sempre que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

h. Documentación acreditativa da representación.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

3.3.1.2. Para o proceso de provisión por mobilidade (PR461D):

a. Solicitude (anexo II) debidamente cuberto e asinado (código de procedemento PR461D).

b. Xustificante do pagamento da taxa (código 30.03.04), agás que o pagamento da taxa se inicie e finalice electronicamente a través da sede.

c. Certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial, ou carné familiar en que conste o devandito carácter, sempre que non fose expedido pola Xunta de Galicia, xa que nese caso se poderá consultar, sempre que a persoa non se opoña á súa consulta no anexo II da solicitude.

d. Resolución administrativa pola que se recoñeza a condición de vítima de terrorismo, de ser o caso.

e. Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ou certificado de discapacidade expedido polo órgano competente na materia, sempre que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

f. Relación dos méritos que se acrediten, por cada un dos puntos de que consta o concurso, segundo o especificado no anexo VI.

g. Copia da documentación acreditativa dos méritos alegados. A documentación acreditativa dos méritos deberase presentar na orde en que figura cada un dos méritos na relación de méritos do anexo.

Non é preciso remitir documentación acreditativa da epígrafe 3 do anexo VI relativa a formación profesional e docencia.

h. Certificado acreditativo en que conste que se cumpren os requisitos recollidos no punto 2.2 desta convocatoria de:

• Atoparse na situación administrativa de servizo activo na categoría de policía.

• Ter unha antigüidade mínima de tres anos na categoría de policía, dende a data de nomeamento como funcionario de carreira.

• Levar máis de tres anos de tempo efectivo e continuado no actual destino.

• Non atoparse en situación administrativa de segunda actividade, agás os casos de segunda actividade por embarazo ou lactación.

i. Documentación acreditativa da representación.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

3.4. Presentación.

3.4.1. Para o proceso de acceso por oposición libre (PR461B): os documentos relacionados no punto 3.4.1.1 presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentala presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3.4.2. Para o proceso de provisión por mobilidade (PR461D): a documentación relacionada no punto 3.4.1.2 deberase presentar electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3.4.3. Responsabilidade. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

3.4.4. Presentación separada. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código do procedemento (PR461B ou PR461D), o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

3.4.5. Tamaño máximo e formatos admitidos. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3.5. Comprobación de datos.

Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

3.5.1. Para o proceso de acceso por oposición libre (PR461B):

a) DNI da persoa solicitante.

b ) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Título oficial non universitario esixido (bacharelato, técnico ou equivalente).

d) Certificado de inexistencia de antecedentes penais.

e) Consulta dos permisos de conducir da persoa solicitante.

f) Certificado do Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a. Título de familia numerosa expedido pola Administración autonómica.

b. Situación de desemprego.

c. Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ou certificado de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.

3.5.2. Para o proceso de provisión por mobilidade (PR461D):

a. DNI da persoa solicitante.

b. DNI ou NIE da persoa representante.

c. Títulos oficiais non universitarios.

d. Títulos oficiais universitarios.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Título de familia numerosa expedido pola Administración autonómica.

b)Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ou certificado de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.

Nos dous procedementos (libre e mobilidade), no caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado nos formularios da solicitude e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

3.6. Notificacións.

3.6.1. Modalidade. Pode ser electrónica ou en papel.

3.6.1.1. Para o proceso de acceso por oposición libre (PR461B): as notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos. Non obstante, as persoas interesadas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou se deixen de practicar por medios electrónicos mediante os modelos normalizados dispoñibles.

A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario. No caso de optar pola notificación en papel, practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3.6.1.2. Para o proceso de provisión por mobilidade (PR461D): as notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse obrigatoriamente por medios electrónicos.

3.6.2. Notificación electrónica.

De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3.7. Publicación dos actos.

3.7.1. Publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Publicaranse no DOG:

• A relación provisional de persoas admitidas e non admitidas.

• A relación definitiva de persoas admitidas e non admitidas.

Para o proceso de acceso por oposición libre (PR461B), xunto coa relación definitiva de persoas admitidas e non admitidas publicaranse a data e o lugar de realización da primeira e segunda proba.

3.7.2. Publicación na páxina web da Agasp (https://agasp.xunta.gal/es).

• As publicacións do DOG relativas ao proceso.

• Para o proceso de acceso por oposición libre (PR461B): as resolucións do tribunal coas datas e lugares de realización das restantes probas selectivas, os resultados provisionais e definitivos destas, a relación de persoas que obtivesen praza e demais comunicacións do proceso.

• Para o proceso de provisión por mobilidade (PR461D): as resolucións do tribunal, o resultado do baremo provisional e definitivo, a relación de persoas que obtivesen praza e demais comunicacións do proceso.

3.8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

3.8.1. Para o proceso de acceso por oposición libre (PR461B): a sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao comezo do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os devanditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3.8.2. Para o proceso de provisión por mobilidade (PR461D): todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Publicación da listaxe provisional de admitidos e excluídos. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral da Agasp publicará no DOG e na páxina web da Agasp a resolución pola que se declaren con carácter provisional as persoas admitidas e excluídas, co motivo da exclusión. De non existiren persoas excluídas, ou se as persoas excluídas o están por motivos non emendables, a listaxe será considerada definitiva.

No proceso de acceso por oposición libre (PR461B), tamén se publicarán as persoas aspirantes exentas ou non exentas da realización da proba de coñecemento da lingua galega.

4.2. Prazo para alegacións. As persoas excluídas dispoñerán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no DOG, para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou a non exención da proba de coñecemento da lingua galega, de ser o caso.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, presentando debidamente a solicitude de participación nos procesos, non consten nin como admitidas nin como excluídas na relación publicada.

4.3. Non emendable. Non se poderá emendar a presentación da solicitude fóra do prazo habilitado para este efecto, nin a falta de pagamento da taxa establecida.

4.4. Listaxe definitiva. As estimacións ou desestimacións das solicitudes de emenda entenderanse implícitas na resolución da Dirección Xeral da Agasp pola que se aprobe a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas, que se publicará no DOG e na páxina web da Agasp, indicando o lugar, a data e a hora de realización do primeiro e segundo exercicios, no caso do acceso por oposición libre (PR461B).

4.5. Cumprimento dos requisitos. O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar nos procesos.

Cando da documentación que deben presentar tras superar a oposición se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas interesadas decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.

5. Tribunal cualificador.

5.1. Nomeamento e composición. O nomeamento dos tribunais cualificadores destes procesos correspóndelle á persoa titular da consellería competente en materia de seguridade e estará composto por cinco persoas titulares e cinco persoas suplentes (presidente/a, tres vogais e secretario/a) pertencentes a un corpo, escala ou categoría profesional en que se requira para o seu ingreso a titulación de bacharelato, técnico ou superior, e a súa composición será paritaria, segundo o establecido no artigo 152 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

5.2. Funcións. Sen prexuízo das competencias de ordenación material e temporal propias da Agasp, o tribunal velará polo cumprimento do acceso ao emprego público de acordo cos principios de igualdade, mérito e capacidade, garantindo a transparencia, obxectividade, igualdade de oportunidades, de trato e non discriminación. Ademais, correspóndenlle ao tribunal as seguintes funcións específicas:

5.2.1. Para o proceso de acceso por oposición libre (PR461B): a determinación concreta do contido das probas, a cualificación das persoas aspirantes, a emisión de cantos informes lle sexan requiridos derivados da súa intervención no proceso selectivo, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o correcto desenvolvemento das probas selectivas e resolución de incidencias. Ademais, o tribunal establecerá e publicará, previamente á realización das probas, os criterios que aplicará no seu desenvolvemento e corrección.

5.2.2. Para o proceso de provisión por mobilidade (PR461D): a baremación dos méritos e o envío para a súa publicación na páxina web da Agasp, tanto provisional como definitiva, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante, a emisión de cantos informes lle sexan requiridos derivados da súa intervención no proceso, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o correcto desenvolvemento do proceso e resolución de incidencias.

5.3. Abstención e recusación. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección, aprobadas mediante a Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007, e no acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010.

A persoa titular da Presidencia deberalles solicitar ás persoas membros do tribunal e, de ser o caso, ao persoal asesor e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos unha declaración expresa de non estaren incursas en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias referidas nos termos establecidos no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.

5.4. Substitución. A persoa titular do órgano que nomee o tribunal publicará no DOG a resolución correspondente pola que se nomeen os novos membros do tribunal que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

5.5. Sesións. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles a partir da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Na devandita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso.

A partir da sesión de constitución, para a válida constitución do órgano, para efectos da celebración de sesións, deliberacións e toma de acordos, requirirase a asistencia, presencial ou a distancia, das persoas titulares da Presidencia e da Secretaría ou, de ser o caso, de quen as supla, e a metade, polo menos, dos seus membros.

Mediante acordo dos seus membros, o tribunal poderá decidir a auto convocatoria para a seguinte ou seguintes sesións que teñan lugar sen necesidade de citación por escrito.

Das sesións realizadas polo tribunal redactarase a acta correspondente, que será asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a.

5.6. Procedemento de actuación. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases e no resto da normativa de aplicación directa ao seu funcionamento.

5.7. Persoal asesor especialista e colaborador. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor especialista para as valoracións que considere pertinentes, quen se deberá limitar a colaborar nas súas especialidades técnicas e terá voz, pero non voto.

5.8. O tribunal comunicará á Agasp as necesidades materiais e persoais que precise para o correcto desenvolvemento do proceso, e este organismo establecerá os mecanismos precisos para a súa contratación e xestión.

5.9. Limitación. En ningún caso poderá o tribunal poderá propoñer a adxudicación de prazas nin declarar que superou o proceso un número de aspirantes superior ao de postos convocados. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

5.10. Recursos. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

5.11. Sede. O tribunal terá a súa sede na Agasp, rúa da Cultura, s/n, A Estrada, 36680 Pontevedra.

6. Desenvolvemento do proceso de acceso por oposición libre (PR461B).

6.1. Procedemento de selección. O procedemento de selección será o de oposición por quenda libre. Posteriormente, as persoas que superen este proceso selectivo serán nomeadas funcionarias en prácticas nos respectivos concellos.

6.2. Probas selectivas. A oposición constará de cinco probas eliminatorias, de xeito que é preciso acadar a cualificación mínima establecida en cada unha delas para continuar no proceso.

A orde en que se deberán desenvolver é a seguinte:

1. Probas de avaliación dos coñecementos.

2. Proba de avaliación do coñecemento da lingua galega, só para aquelas persoas que non puidesen acreditalo documentalmente e que se realizará xunto coa proba anterior.

3. Probas de aptitude física.

4. Probas psicotécnicas.

5. Recoñecemento médico.

O órgano de selección, unha vez rematada a proba de coñecementos, establecerá por orde decrecente de puntuación o número de persoas aspirantes que deban desenvolver o resto das probas, por quendas consecutivas de resultar necesario, cuxo número non será inferior, en todo caso, ao dobre das prazas convocadas.

6.2.1. Primeira proba. Proba de avaliación de coñecementos.

Nesta proba as persoas aspirantes deberán demostrar a súa preparación intelectual e o seu dominio dos contidos da totalidade do temario que figura no anexo IV desta orde.

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test, con 4 alternativas de resposta cada unha. As persoas aspirantes dispoñerán dun tempo máximo de dúas (2) horas para a súa realización.

O tribunal incluirá un total de 5 preguntas de reserva, que actuarán no suposto de anularse algunha das preguntas obxecto da proba.

A proba cualificaraa o tribunal de 0 a 10 puntos, e será preciso acadar cinco puntos como mínimo, para non quedar eliminado/a. A cualificación farase atendendo á seguinte fórmula: N=(A-F/3)/10, onde N=nota final da proba; A=preguntas acertadas; F=preguntas erradas ou non contestadas.

Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do temario que no momento da publicación desta orde conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá e informará as persoas aspirantes, con anterioridade á realización da proba, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nestas bases.

O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

As persoas aspirantes poderán levar a copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicaranse o contido do exercicio e o cadro de respostas correctas na páxina web da Agasp.

Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións que as persoas interesadas presenten, anula algunha ou algunhas preguntas incluídas na proba de coñecementos, anunciarao na páxina web da Agasp e neste suposto serán tidas en conta as preguntas de reserva, que terán unha puntuación igual ás do resto do exercicio.

Para a realización desta proba empregaranse follas autocopiativas de respostas e o tribunal publicará as instrucións para a súa formalización, que ademais serán lidas pola persoa que ocupa a Presidencia deste órgano o mesmo día da realización da proba e antes do seu comezo.

A corrección desta proba levaraa a cabo unha máquina lectora óptica de datos, que se realizará na folla das respostas das cuestións, garantindo, polo tanto, o anonimato das persoas opositoras.

As decisións e os acordos que afecten a cualificación e a valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberanse adoptar sen coñecer a identidade das persoas aspirantes a quen corresponden os resultados obtidos.

O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que esta proba sexa corrixida sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes.

6.2.2. Segunda proba. Proba de avaliación do coñecemento da lingua galega.

Nesta proba as persoas aspirantes deberán demostrar que comprenden correctamente o galego.

Estarán exentas da realización desta proba aquelas persoas que estean en posesión do título Celga 4 ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), pola que se regulan os certificados oficiais xustificativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, ou norma que a substitúa.

As persoas non exentas realizarán esta segunda proba a continuación da primeira, e consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego e doutro texto do galego para o castelán. Os textos serán elixidos polo tribunal inmediatamente antes de se realizar a proba.

O exercicio terá unha duración máxima dunha (1) hora.

O exercicio valorarase como apto/a ou non apto/a e para superalo será necesario obter o resultado de apto/a. Corresponderá ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixidos para alcanzar o resultado de apto/a.

6.2.3. Terceira proba. Probas de aptitude física.

Consistirán na realización das probas descritas no anexo V desta orde.

Nestas probas as persoas aspirantes deberán demostrar as súas capacidades de forza, resistencia, axilidade, flexibilidade e velocidade para as funcións que teñen que desempeñar.

As probas físicas terán a cualificación de apto/a ou non apto/a. Para obter a cualificación de apto/a os/as aspirantes deberán acadar as marcas mínimas ou non superar as máximas que se establecen para cada proba.

Os exercicios realizaranse pola orde en que están relacionados e cada un é eliminatorio para realizar o seguinte.

As persoas aspirantes acudirán á realización da proba provistas de atuendo deportivo e entregarán ao tribunal, no intre do chamamento, un informe médico en que se faga constar expresamente que a persoa aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos descritos no anexo V, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicta no certificado médico.

Este informe médico deberá ser expedido dentro dos quince (15) días inmediatamente anteriores ao da data de realización da primeira proba de aptitude física. A non presentación do dito documento suporá a exclusión da persoa aspirante do proceso.

As probas realizaranse de forma individual, agás as de velocidade, resistencia xeral e natación, que se poderán facer de forma colectiva se así o considera o tribunal cualificador. Nas probas de resistencia xeral e natación disponse dunha soa posibilidade de execución; no resto permitirase unha segunda realización cando na primeira non se obteña a cualificación de apto/a.

O desenvolvemento de cada unha das probas físicas deberase realizar en lugares axeitados ao tipo de proba que se vai executar. En todas as probas deberase empregar un sistema de medición que garanta a exactitude e certeza das marcas individuais obtidas por cada opositor/a.

Para a proba de natación, as persoas aspirantes utilizarán traxes de baño (que traerán elas mesmas) e do modelo que desexen. Queda prohibida a utilización de traxes de neopreno ou similares e de axudas para a flotabilidade e/ou o incremento da velocidade de calquera tipo.

6.2.4. Cuarta proba. Probas psicotécnicas.

Estas probas están dirixidas a determinar as actitudes e aptitudes persoais das persoas aspirantes e a súa adecuación ás funcións policiais que deberán desempeñar, e comprobarán que presentan un perfil psicolóxico axeitado.

Terán que ser efectuadas e valoradas por persoal especialista e cualificaranse como apto/a ou non apto/a. Para superalas será necesario obter o resultado de apto/a no conxunto das probas realizadas.

1ª. Proba de intelixencia.

Realizarase unha valoración do nivel intelectual e doutras aptitudes específicas, explorando todos ou varios dos aspectos seguintes: intelixencia xeral, comprensión e fluidez verbal, comprensión de ordes, razoamento cognitivo, atención discriminativa e resistencia á fatiga intelectual.

2ª. Probas de personalidade.

As probas de personalidade orientaranse a avaliar os trazos da personalidade máis significativos e relevantes para o desempeño da función policial, así como o grao de adaptación persoal e social dos aspirantes. Así mesmo, deberá descartarse a existencia de síntomas ou trastornos psicopatolóxicos e/ou da personalidade.

Exploraranse os aspectos que a continuación se relacionan: estabilidade emocional, autoconfianza, capacidade empática e interese polos demais, habilidades interpersoais, control axeitado da impulsividade, axuste persoal e social, capacidade de adaptación a normas, capacidade de afrontamento do estrés e motivación polo traballo policial.

3ª. Entrevista persoal.

Os resultados obtidos nas probas deberán ser obxecto de contraste mediante a realización dunha proba individual, que consistirá na contestación a un cuestionario, formulado verbalmente, coa finalidade de valorar tamén o estado psicolóxico dos candidatos. Deste modo, á parte das características de personalidade sinaladas anteriormente, exploraranse, ademais, os seguintes aspectos: existencia de niveis disfuncionais de estrés ou de trastornos do estado de ánimo; problemas de saúde; consumo excesivo ou de risco de alcohol ou outros tóxicos e grao de medicación; expectativas respecto da función policial.

Será gravada en formato audio e vídeo, agás negativa expresa da persoa opositora, que deberá asinar un documento que acredite a negativa a tal gravación.

A entrevista farase atendendo a un guión predefinido e decidido entre o persoal asesor designado e o tribunal, xunto cunha serie de cuestións complementarias ao dito guión.

6.2.5. Quinta proba. Recoñecemento médico.

O recoñecemento médico será efectuado por facultativos especialistas e o seu fin é garantir que os/as aspirantes estean en condicións idóneas para o exercicio das funcións policiais propias do posto de traballo.

Os resultados do recoñecemento médico serán coñecidos polo tribunal, para os efectos de superación ou non da proba, de conformidade coas previsións do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e coas demais disposicións vixentes sobre a materia.

Cualificarase como persoa apta/non apta.

Para os efectos da exclusión do/a aspirante, terase en conta o seguinte:

1. Obesidade-delgadeza.

Obesidade ou delgadeza manifestas que dificulten ou incapaciten para o exercicio das funcións propias do cargo.

Índice de masa corporal (IMC) non inferior a 18,5 nin superior a 29,9, considerando o IMC como a relación resultante de dividir o peso da persoa expresado en quilos polo cadrado da estatura expresada en metros.

2. Calquera enfermidade, padecemento ou alteración de carácter físico, psíquico ou sensorial que a xuízo dos facultativos médicos impida, limite ou dificulte o exercicio das funcións policiais. Para os diagnósticos establecidos neste anexo teranse en conta os criterios das sociedades médicas das especialidades correspondentes.

As exclusións garantiranse coas probas complementarias necesarias para o diagnóstico.

3. Para estes efectos e no que non contradiga o referido con anterioridade, aplicarase o cadro de exclusións médicas publicado no BOE do 12 de maio de 2021, incluído no Real decreto 326/2021, do 11 de maio, polo que se aproba o cadro médico de exclusións para o ingreso na Policía Nacional.

7. Desenvolvemento dos exercicios do proceso de acceso por oposición libre (PR461B).

7.1. Orde de actuación. A orde de actuación das persoas aspirantes será a orde alfabética e comezará por aquelas persoas cuxo primeiro apelido comece pola letra F, conforme o establecido na Resolución do 21 de xaneiro de 2025 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 29, de 9 de febreiro).

O tribunal, unha vez finalizado o primeiro exercicio, establecerá por orde decrecente de puntuación, o número de aspirantes que deberán desenvolver o resto das probas, por quendas consecutivas de resultar necesario.

7.2. Identificación. As persoas aspirantes deberanse presentar a cada exercicio provistas do DNI ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade. Non se admitirá a presentación ou exhibición mediante medios ou dispositivos electrónicos dos documentos que acreditan a identidade da persoa opositora. Deberá presentarse con eles en soporte físico orixinal.

7.3. Acceso ás probas. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, os membros do tribunal e as persoas designadas como colaboradoras.

Non se permitirá o acceso ao público nin a gravación por medio audiovisual, electrónico ou dixital ningún a ningunha das probas deste proceso, sen estar previamente autorizado polo tribunal.

7.4. Chamamento único. O chamamento para cada exercicio será único, na data e na hora indicada, sen posibilidade de aprazamento, de maneira que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas, salvo os casos debidamente xustificados, que resolverá o tribunal e os amparados nun precepto legal, como o suposto que se describe a continuación.

7.5. Mulleres embarazadas, parto ou posparto. As aspirantes que, polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación e previsión de parto, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, prevexan a posibilidade de coincidencia coas datas de realización de calquera dos exames ou probas previstas no proceso selectivo, poderán poñelo en coñecemento do tribunal e xuntarán coa comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro dos dous días seguintes ao anuncio da data do exame e o tribunal determinará, con base na información de que dispoña, se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, ou ben un aprazamento da proba, ou ben ambas as dúas medidas conxuntamente.

Así mesmo, poderase aprazar por un tempo de ata seis meses o desenvolvemento das probas físicas que lles correspondese efectuar, prazo que podería prorrogarse como máximo outros seis meses en caso xustificado, acreditado mediante o correspondente certificado médico. Este aprazamento das probas físicas non afectará por si só o resto das probas para os demais participantes.

Para o caso de que a puntuación final das persoas que se acollesen ao dereito de aprazamento non poida superar a puntuación final do resto das persoas que participan no proceso selectivo, a estas daráselles por superado o proceso selectivo sen que sexa necesario esperar á realización da totalidade das probas por parte das persoas que se acollesen ao dereito de aprazamento.

Independentemente do anterior, a aspirante poderá renunciar á realización das demais probas físicas e, en consecuencia, á súa participación no proceso selectivo, con reserva do posto ordinal acadado na proba de coñecementos para o seguinte proceso selectivo que se convoque.

En ningún caso as probas de recoñecemento médico considerarán como circunstancias negativas, para os efectos do proceso selectivo, calquera que fose derivada da situación de embarazo e lactación. Por solicitude da muller que acredite encontrarse nestas circunstancias, os tribunais poderán determinar que estas probas médicas se realicen en calquera outra fase ou momento do proceso selectivo. Tamén o tribunal poderá sinalar razoadamente de oficio, oída a afectada, unha nova data para súa realización.

7.6. Prohibicións. Durante o tempo fixado para a realización das probas non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil, reloxos ou soportes con memoria; queda prohibido o acceso ao recinto con tales dispositivos e constitúe causa de inadmisión ao chamamento a simple tenza destes.

Esta prohibido empregar medios fraudulentos en calquera das probas de que consta o proceso selectivo. No caso de que a persoa opositora sexa descuberta realizando tal uso será advertida, facendo constar tal situación na acta do tribunal, e continuarase coa realización da correspondente proba.

Neste suposto, a persoa opositora disporá dun prazo de dous días hábiles para remitir ao tribunal as alegacións que considere oportunas, e poderase valer se o desexa, de probas. Á vista delas, o órgano selectivo decidirá a exclusión ou non desta persoa do proceso selectivo.

7.7. Cumprimento dos requisitos. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Agasp para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

7.8. Anuncio das probas. O tribunal anunciará as datas de realización dos exercicios na páxina web da Agasp con antelación suficiente, tendo en conta que desde a finalización dunha proba ao comezo da seguinte terá que transcorrer un prazo mínimo de dous días.

7.9. Puntuación final do proceso. A puntuación das persoas aspirantes que superen todas as probas do proceso selectivo virá determinada pola puntuación da primeira proba.

7.10. Criterios de desempate. Tendo en conta que nos corpos da Policía Local de Galicia existe infrarrepresentación feminina, no suposto de empate nas puntuacións de dúas ou máis persoas aspirantes, acudirase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:

a) Criterio de desempate recollido no artigo 153 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, segundo o cal o empate se resolverá a favor da muller.

b) Menor tempo rexistrado na proba de resistencia xeral, carreira de 1.000 metros lisos.

c) Menor tempo rexistrado na proba de velocidade, carreira de 50 metros lisos.

d) En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.

7.11. Alegacións. As persoas aspirantes poderán efectuar alegacións ás súas cualificacións en cada proba ou fase do proceso selectivo. Para estes efectos, concederase un prazo de cinco (5) días, que se contarán desde a publicación da resolución do tribunal pola cal se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

8. Desenvolvemento do proceso de provisión por mobilidade (PR461D).

8.1. Concurso. Consistirá na valoración, por parte do tribunal, dos méritos que concorran nas persoas aspirantes, de conformidade co baremo de méritos que se recolle no anexo VI desta convocatoria e no anexo III da Orde do 28 de xaneiro de 2009, que non terá carácter eliminatorio.

8.2. Criterios de baremación.

a) Soamente se terán en conta os documentos acreditativos que aquelas presentasen ata o peche do prazo de presentación de solicitudes, sen que se poidan presentar méritos en período de alegacións.

b) Non se tomarán en consideración nin serán valorados os méritos que non queden debidamente acreditados en todos os seus aspectos no momento da finalización do prazo de presentación de instancias.

c) Normas que hai que ter en conta na aplicación dos baremos:

• No punto 1, Titulacións académicas oficiais, non se valorará:

– A titulación requirida para o acceso á categoría a que se aspira, agás que se posúa máis dunha.

– As titulacións necesarias ou as que se empregasen como vía de acceso para a obtención dunha titulación superior xa valorada.

– As titulacións que non estean recoñecidas polo ministerio competente na materia como títulos académicos de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Deberase achegar a correspondente declaración oficial de equivalencia, ou disposición en que se estableza esta e, de ser o caso, o BOE en que se publicou.

– Só se valorarán as titulacións e diplomas oficiais, considerándose como tales os así recoñecidos polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

• No punto 3, Formación profesional e docencia:

– Valoraranse segundo os puntos especificados no anexo VI, distinguindo entre actividades formativas de asistencia (AS) e actividades formativas con exame de aproveitamento (AP):

▪ Os cursos de formación profesional ou outras actividades formativas desenvolvidas directamente pola Agasp, ou mediante convenios ou protocolos de colaboración con concellos, deputacións e outras entidades públicas.

▪ Os cursos de manifesto interese policial homologados pola Agasp, superados nas universidades, administracións públicas ou a través dos plans de formación continua.

En relación con esta epígrafe, tendo en conta que a Agasp posúe todos os datos nel recollidos, a persoa opositora non ten que acreditalos.

A persoa opositora debe manter actualizado o seu espazo persoal na páxina web da Agasp.

A Agasp facilitaralle ao tribunal os datos de cada persoa interesada en relación con este punto, en que consta a relación de cursos realizados e/ou homologados coa puntuación de cada un, logo de autorización da persoa aspirante no anexo II desta orde. No suposto de non autorizalo, deberá entregar toda a documentación acreditativa dos méritos alegados nesa epígrafe 3 do anexo VI.

– Valorarase na epígrafe de docencia, cos puntos detallados no anexo VI, a participación como profesor en cursos ou outras actividades formativas desenvolvidas:

▪ Directamente pola Agasp, ou mediante convenios ou protocolos de colaboración con concellos, deputacións e outras entidades públicas dirixidos, en particular, aos corpos da Policía Local ou tamén ao colectivo das forzas e corpos de seguridade.

▪ Nas universidades, administracións públicas ou a través dos plans de formación continua, cando se trate de actividades formativas de manifesto interese policial dirixidos, en particular, aos corpos da Policía Local ou tamén ao colectivo das forzas e corpos de seguridade.

– Non se terán en conta, para os efectos de valoración:

▪ Os cursos obrigatorios que formen parte do proceso de selección para o acceso a calquera categoría ou emprego dos corpos e forzas de seguridade.

▪ Os cursos repetidos, agás que transcorrese un período superior a cinco anos desde a finalización do primeiro curso.

▪ Os cursos necesarios para a obtención das titulacións do punto 1 do anexo VI, nin a superación de materias deles.

▪ A formación profesional e docencia realizada con data anterior á toma de posesión como funcionario de carreira.

• No punto 4, Distincións e recompensas:

– Terase en conta a normativa ao respecto na materia, en particular o estipulado no capítulo III do título VIII do Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.

• No punto 5, Idiomas:

– Valoraranse os coñecementos de idiomas, distintos do castelán e do galego, acreditados por certificado oficial de idiomas estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas, de acordo co establecido no Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro (BOE núm. 311, do 23 de decembro de 2017).

– Así mesmo, valoraranse outras titulacións de idiomas estranxeiros, segundo o indicado no Marco común europeo de referencia para as linguas.

Descríbense no anexo VI os certificados válidos dos idiomas inglés, francés e portugués.

Para o resto de idiomas, as titulacións acreditadas con certificados non nacionais que presenten as persoas opositoras serán valoradas polo tribunal, seguindo as especificacións xerais en relación coa puntuación.

– Só se terá en conta o ciclo ou nivel de máis valor dos que se acrediten por cada idioma: máximo 2 puntos por cada idioma.

• No punto 6, Lingua galega:

– Só se terá en conta o título de maior nivel dos que se acrediten, máximo 2 puntos, partindo do título superior exixido para o acceso á categoría de policía.

8.3. Baremación provisional. A baremación realizada polo tribunal publicarase na páxina web da Agasp, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante. Contra a baremación provisional, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamacións, ante o propio tribunal, no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

8.4. Baremación definitiva. Á vista das reclamacións que se presenten, e no caso de seren estimadas, realizaranse as oportunas correccións na baremación e procederase á publicación definitiva na páxina web da Agasp.

Cando das reclamacións efectuadas ou de detectalo de oficio o tribunal algún erro na puntuación doutra persoa aspirante diferente á reclamante, notificaráselle tal circunstancia á persoa interesada, e outorgaráselle un prazo de cinco días hábiles para que, se o desexa, efectúe alegacións ao respecto, con carácter previo á publicación da baremación definitiva.

8.5. Adxudicación de prazas. A orde de prelación das persoas aspirantes que serán propostas para a adxudicación das prazas convocadas efectuarase de acordo coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso. O número de persoas propostas non poderá ser superior ao de prazas convocadas no proceso.

8.6. Criterios de desempate. No caso de empate nas puntuacións finais obtidas por dúas ou máis persoas aspirantes, aplicaranse os seguintes criterios de prelación ata que se produza o desempate:

a) Preferencia pola muller, mentres se manteña a infrarrepresentación do sexo feminino, nos termos expresados no artigo 153 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, segundo o cal o empate se resolverá a favor da muller.

b) Maior antigüidade na categoría e, de persistir o empate e resultar posible, na categoría inmediata inferior, e así de xeito sucesivo.

c) Puntuación máis alta referida aos méritos no punto 3 de formación profesional e docencia.

d) Posesión de titulación académica de maior nivel.

e) Sorteo. No caso de persistir o empate despois da aplicación dos criterios anteriores, realizarase un sorteo entre as persoas aspirantes.

9. Relación de persoas aprobadas e listaxe de reserva, elección de prazas, presentación de documentación e nomeamento como persoal funcionario en prácticas para o proceso de acceso por oposición libre (PR461B).

9.1. Relación de persoas aprobadas e listaxe de reserva. Unha vez rematado o proceso de acceso por oposición libre, o tribunal elaborará por orde decrecente de puntuación a listaxe de persoas aprobadas. O número destas persoas non poderá superar o de prazas convocadas.

Así mesmo, o órgano de selección elaborará, tamén por orde decrecente de puntuación, unha listaxe de reserva cun número de persoas aspirantes que será, como máximo, igual ao de persoas aprobadas. Na listaxe de reserva figurarán aquelas persoas aspirantes que, aínda que superaron as probas do proceso, non resultaron aprobadas por obteren unha puntuación inferior á da última persoa que obtivo praza.

Ambas as dúas listas serán publicadas na páxina web da Agasp.

9.2. Elección de praza. A Dirección Xeral da Agasp, a través da súa páxina web, convocará as persoas aprobadas a unha reunión presencial para elixir praza, dentro das comprendidas nesta convocatoria, por rigorosa orde da puntuación obtida no proceso.

A concorrencia por parte das persoas aprobadas á reunión prevista neste artigo soamente se poderá aprazar nos supostos e nos termos previstos nos artigos 16 e 17 do Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, para as probas das oposicións.

Ás persoas aprobadas ás cales non se lles aprazase a reunión citada nesta base e que non comparezan persoalmente, ou por medio dun representante, seranlles adxudicadas as prazas que lles correspondan segundo a puntuación obtida no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das persoas aprobadas presentes ou representadas, entre as que quedasen sen adxudicar.

Asignadas as prazas de acordo co previsto nesta base, a Dirección Xeral da Agasp publicará na súa páxina web a relación destas co nome das persoas ás cales foron adxudicadas e comunicaralles os datos destas aos concellos que correspondan, xunto coa data prevista para o comezo do preceptivo curso selectivo de formación e a certificación da superación do proceso selectivo e cumprimento dos requisitos exixidos para o seu nomeamento como funcionarios/as en prácticas.

A partir do día seguinte ao da publicación da adxudicación das prazas, as persoas ás cales se lles adxudicasen disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles para a presentación ante o Concello para os efectos que correspondan.

As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos non poderán ser nomeadas persoal funcionario en prácticas e quedarán sen efecto as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

9.3. Nomeamento como persoal funcionario en prácticas. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos exixidos no concello, e inmediatamente antes do comezo do curso selectivo de formación, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario en prácticas mediante resolución da correspondente alcaldía, que remitirán á Agasp, como peche de expediente.

As persoas así nomeadas permanecerán na dita situación desde o comezo do curso selectivo ata que se produza o seu nomeamento como funcionarias de carreira ou a súa exclusión do proceso.

O curso selectivo de formación será convocado a través de resolución da Dirección Xeral da Agasp en que se indicará a data de inicio.

En caso de renuncia, falecemento, falta de xustificación dos requisitos para o nomeamento, incapacidade absoluta sobrevida ou concorrencia de calquera outra causa que impida o nomeamento dunha persoa aspirante como persoal funcionario en prácticas ou prive de eficacia o nomeamento xa realizado, o Concello comunicará esta circunstancia á Dirección Xeral da Agasp, que substituirá a persoa afectada pola primeira que figure na listaxe de reserva, sempre con anterioridade ao desenvolvemento do correspondente curso selectivo de formación.

9.4. Curso selectivo de formación.

As persoas aspirantes aprobadas deberán superar un curso selectivo de formación teórico-práctico na Agasp como requisito indispensable para acceder á condición de persoal funcionario de carreira na categoría de policía, escala básica.

O curso terá unha duración de 1.400 horas lectivas, 900 horas de formación teórico-práctica na Agasp en réxime de internado e 500 horas de prácticas nos respectivos concellos de procedencia.

Só estarán dispensadas de realizar o devandito curso aquelas persoas que xa o superasen con anterioridade na Agasp. En tal caso, serán nomeadas directamente persoal funcionario de carreira na categoría de policía.

No caso da non incorporación ao curso ou de abandono deste sen rematalo, salvo por causas excepcionais, considerarase que a persoa aspirante non superou o proceso.

O alumnado que non supere o curso teórico-práctico na Agasp, incluídas as probas de carácter extraordinario, perderá todos os dereitos acadados no proceso.

Aos funcionarios e funcionarias en prácticas seranlles de aplicación o Regulamento de réxime interior da Agasp durante o seu curso de formación e o período de prácticas, e con carácter supletorio, cando os feitos non constitúan falta no dito regulamento, as normas do réxime disciplinario da Policía Local de Galicia.

A cualificación do curso de formación e do período de prácticas quedará en suspenso ante a concorrencia sobrevida de calquera causa de exclusión ata que non se resolva o expediente que se incoe.

10. Proposta de adxudicación de prazas no concello correspondente no proceso de provisión por mobilidade (PR461D).

10.1. O tribunal remitirá á Agasp a proposta de adxudicación de praza nos correspondentes concellos segundo o resultado do concurso de méritos, en número non superior ao de prazas convocadas, xunto con igual número de reservas, de xeito que cada persoa aspirante só pode estar proposta para a adxudicación dunha das prazas convocadas no proceso, de conformidade coa súa puntuación e coa orde de preferencia indicada na solicitude de participación no proceso.

10.2. A Agasp notificaralles esta proposta aos concellos interesados, no prazo de cinco (5) días hábiles desde a súa publicación, para que eleven a definitiva tal proposta e se proceda á adxudicación das prazas.

Así mesmo, a Agasp comunicaralle ao Concello, no suposto de quedaren prazas vacantes ou declaradas desertas, que pode solicitar a súa incorporación á convocatoria de oposición libre.

Os destinos adxudicados son irrenunciables, excepto que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública. Nese caso, a persoa adxudicataria poderá optar e comunicar a opción elixida. Unha vez comunicada esta circunstancia á Agasp da praza a que renuncia, poderá tomar posesión da outra praza obtida en paralelo noutra convocatoria pública.

O tribunal realizará neste suposto unha segunda e, de ser o caso, sucesivas propostas, en favor da persoa candidata que obtivese a seguinte mellor cualificación no concurso.

Esta previsión sería aplicable tamén no caso de que a persoa candidata proposta non reúna os requisitos de participación, unha vez que sexan comprobados.

10.3. Cesamento e toma de posesión. As persoas funcionarias seleccionadas para unha praza no proceso de mobilidade cesarán no prazo dos cinco días seguintes ao da publicación da resolución do concurso, e tomarán posesión no prazo dos dez días seguintes ao cesamento. O tempo transcorrido entre a data do cesamento e a da toma de posesión computarase como de servizo activo no concello de destino. En todo caso, os prazos para a data do cesamento e da toma de posesión comezarán a contar unha vez que rematen os permisos ou licenzas que tivese concedidos a persoa interesada. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo para a toma de posesión iniciarase a partir da correspondente alta. Non obstante, no caso de licenzas ou permisos vinculados ao embarazo, parto e posparto, nacemento de fillo, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento, as persoas funcionarias poderán cesar no posto que ocupan con carácter definitivo e tomar posesión no posto adxudicado no concurso, e continuarán o desfrute do permiso ata a súa finalización.

11. Procedementos penais ou administrativos pendentes.

Cando as persoas que participan no proceso teñan aberto, ou se lles abra con posterioridade, un procedemento penal ou administrativo que poida finalizar cunha condena por delito doloso, coa separación do servizo das administracións públicas ou a inhabilitación para o exercicio das funcións públicas, a admisión ao proceso, a permanencia nel, así como o seu acceso no corpo da Policía Local correspondente, quedarán condicionadas ao feito de que nos citados procedementos non se produza a condena ou separación referida.

O persoal participante, no suposto de atoparse nas situacións descritas no parágrafo anterior, debe comunicar tal situación e a Dirección Xeral da Agasp poderá solicitar en calquera momento do proceso unha declaración xurada de non atoparse nas devanditas situacións.

A falsidade ou omisión de datos nesta declaración xurada dará lugar ás responsabilidades que se establezan no Regulamento de réxime interior da Agasp en relación co incumprimento das ordes ou disposicións ditadas pola Dirección Xeral da Agasp.

12. Información ás persoas interesadas.

Sobre esta convocatoria poderase obter información adicional na Agasp a través dos seguintes medios:

a) https://sede.xunta.gal/portada

b) Páxina web da Agasp (https://agasp.xunta.gal/es).

c) No enderezo electrónico seleccion.agasp@xunta.gal

d) Nos teléfonos da Agasp 886 20 61 09, 886 20 61 16, 886 20 61 35 e 886 20 61 27.

e) No Servizo de Coordinación, Planificación e Selección da Agasp (rúa da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra).

Disposición adicional única

En virtude do establecido no artigo 6 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 9 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes acorda delegar a facultade de nomear o tribunal que deberá cualificar este proceso e, de ser o caso, a substitución dos membros que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base 5.3 desta convocatoria na persoa titular da Dirección Xeral da Agasp.

Igualmente, acórdase delegar na persoa titular da Dirección Xeral da Agasp a resolución dos recursos de alzada que se interpoñan contra os acordos do tribunal nomeado para cualificar estes procesos.

Disposición derradeira única

1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, o tribunal encargado de xulgar o proceso e as persoas que nel participen.

2. Así mesmo, cantos actos administrativos produza o tribunal, a autoridade convocante ou o órgano encargado da xestión poderán ser impugnados polos/as interesados/as de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de seguridade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, conforme a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde a mesma data, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

4. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2025

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Relación de prazas convocadas

Denominación: Policía Local Categoría: policía

Escala: básica Grupo: C1

 

Concello

Provisión por mobilidade

Acceso por oposición libre PR461B

PR461D

1

A Coruña

4

16

2

A Estrada

 

1

3

A Illa de Arousa

 

1

4

Ames

 

1

5

Arteixo

1

1

6

Baiona

 

1

7

Barbadás

 

1

8

Betanzos

 

1

9

Bueu

 

1

10

Burela

1

2

11

Caldas de Reis

1

1

12

Camariñas

 

1

13

Cambados

 

2

14

Cangas

1

3

15

Coristanco

 

1

16

Culleredo

1

3

17

Fene

1

 

18

Ferrol

2

9

19

Foz

 

1

20

Lugo

1

3

21

Meaño

 

1

22

Melide

1

 

23

Nigrán

1

 

24

Noia

1

 

25

O Grove

1

3

26

O Rosal

 

1

27

Ourense

5

15

28

Poio

 

2

29

Ponteareas

 

2

31

Santiago de Compostela

6

15

32

Silleda

 

1

33

Teo

0

1

34

Vigo

3

8

35

Vilagarcía de Arousa

1

2

36

Viveiro

 

1

 

TOTAIS

32

102

ANEXO IV

Proba de avaliación de coñecementos

1. O Estado. Concepto. Elementos. A división de poderes. Funcións. Organización do Estado español. Antecedentes constitucionais en España. A Constitución española de 1978. Estrutura e contido. A reforma da Constitución española. O Estado español como Estado social e democrático de dereito. Dereitos e deberes constitucionais; clasificación e diferenciación.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas I: dereito á vida e integridade. Liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. Dereito á liberdade e seguridade. Dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. A inviolabilidade do domicilio e o segredo das comunicacións. A liberdade de residencia e de circulación. O dereito á liberdade de expresión recoñecido no artigo 20 da Constitución.

3. Dereitos fundamentais e liberdades públicas II: dereito de reunión. Dereito de asociación. Dereito á participación nos asuntos públicos e ao acceso a funcións e cargos públicos. A tutela xudicial efectiva e a prohibición de indefensión. A imposición de condena ou sanción do artigo 25 da Constitución, sentido das penas e medidas de seguridade. Prohibición de tribunais de honra. O dereito á educación e á liberdade de ensino. Dereito á sindicación e á folga, especial referencia aos membros das forzas e corpos de seguridade. Dereito de petición.

4. Dereitos e deberes dos cidadáns. Os principios reitores da política social e económica. As garantías dos dereitos e liberdades. Suspensión xeral e individual destes. O Defensor do Pobo.

5. A Coroa. As Cortes Xerais. Estrutura e competencias. Procedemento de elaboración das leis. Formas de goberno. O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais. Funcións do Goberno.

6. O Poder Xudicial. Principios constitucionais. Estrutura e organización do sistema xudicial español. O Tribunal Constitucional.

7. Organización territorial do Estado. As comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e disposicións xerais. Institucións: Parlamento. Presidente e Consello de Goberno. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O Valedor do Pobo.

8. Relación da Xunta de Galicia coa Administración do Estado e con outras comunidades autónomas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. A reforma do Estatuto de autonomía de Galicia.

9. O dereito administrativo. Fontes e xerarquía das normas.

10. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. A validez dos actos administrativos; nulidade e anulabilidade. Notificación de actos administrativos. Cómputo de prazos. Recursos administrativos. Alzada e reposición; o recurso extraordinario de revisión.

11. O procedemento administrativo. Concepto e principios xerais. Clases. Os interesados. A estrutura do procedemento administrativo.

12. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica. Tipos de entidades locais.

13. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A provincia: concepto, elementos e competencias. A organización e o funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno local. Outros órganos municipais.

14. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

15. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

16. Función pública local. A súa organización. Adquisición e perda da condición de funcionario. Dereitos, deberes e incompatibilidades dos funcionarios. Situacións administrativas.

17. Lei orgánica de forzas e corpos de seguridade. Funcións da policía local.

18. Lei de coordinación das policías locais de Galicia e normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario: disposicións xerais e faltas disciplinarias.

19. A actividade da policía local como policía administrativa I: consumo. Abastos. Mercados. Venda ambulante. Espectáculos e establecementos públicos.

20. A actividade da policía local como policía administrativa II: urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.

21. A Lei de emerxencias de Galicia: aspectos fundamentais.

22. Delitos e delitos leves. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores e cómplices. Graos de perfección do delito.

23. Delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas garantidos pola Constitución. Delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais.

24. Delitos contra a Administración pública. Atentados contra a autoridade e os seus axentes. Desordes públicas.

25. Homicidio e as súas formas. Delitos leves contra as persoas. Delitos e delitos leves contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

26. Delitos contra a seguridade viaria. Delitos leves cometidos con ocasión da circulación de vehículos de motor. Lesións e danos imprudentes.

27. O atestado policial na Lei de axuizamento criminal. Concepto e estrutura.

28. Detención: concepto, clases e supostos. Prazos de detención. Obrigas do funcionario que efectúa unha detención. Contido da asistencia letrada. Dereito do detido. Responsabilidades penais en que pode incorrer o funcionario que efectúa unha detención. O procedemento de habeas corpus.

29. Lei de seguridade viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais.

30. Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso, cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguridade.

31. Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade.

32. Procedemento sancionador por infraccións á normativa de circulación. Actuacións complementarias. Inmobilización e retirada de vehículos da vía pública. Carencia do seguro obrigatorio.

33. Accidentes de circulación: definición, tipos e actuacións da policía local. Alcoholemia. Datos. A súa consideración segundo a normativa vixente. Procedemento de indagación do grao de impregnación alcohólica.

34. Estrutura económica e social de Galicia: demografía, economía, servizos públicos, sociedade civil, novas tecnoloxías, patrimonio ecolóxico, social e cultural.

35. Vida en sociedade. Proceso de socialización. Formación de grupos sociais e masas. Procesos de exclusión e inclusión social. A delincuencia: tipoloxías e modelos explicativos.

36. Comunicación: elementos, redes, fluxos, obstáculos. Comunicación con superiores e compañeiros. Equipamentos de traballo e atención á cidadanía.

37. Minorías étnicas e culturais. Racismo e xenofobia. Actitude policial ante a sociedade intercultural.

38. Igualdade de oportunidades de homes e mulleres en Galicia: conceptos básicos; socialización e igualdade; políticas públicas de igualdade de xénero. Violencia contra as mulleres: descrición, plans de erradicación e atención coordinada ás vítimas.

39. A policía na sociedade democrática. O mandato constitucional. Valores que propugna a sociedade democrática. A dignidade da persoa. Sentido ético da prevención e a represión.

40. Deontoloxía policial. Normas que a establecen. A policía como servizo público.

ANEXO V

Probas de aptitude física

1ª. Proba de velocidade: carreira de 50 metros lisos.

• Realizarase nunha pista de atletismo

• A persoa aspirante colocarase na pista no lugar sinalado polo/a supervisor/a da proba.

• A realización da proba permite realizar a saída en dúas posicións:

Saída de pé:

• Colocarase na rúa indicada polo supervisor/a da proba e manterase nela durante toda a carreira. Invadir outra rúa distinta da asignada será motivo de eliminación.

• Sen pisar a liña de saída indicada polo/a supervisor/a da proba.

• Sen apoiar as mans na pista.

• Proxección dos ombreiros sobre a liña de saída.

• Sen utilizar tacos de saída.

missing image file

– Posición agachada:

• Colocarase na rúa indicada polo/a supervisor/a da proba e manterase nela durante toda a carreira. Invadir outra rúa distinta da asignada será motivo de eliminación.

• Sen pisar a liña de saída indicada polo/a supervisor/a da proba.

• Proxección dos ombreiros sobre a liña de saída.

• Con unha ou as dúas mans apoiadas no chan e sen tocar a liña de saída indicada polo/a supervisor/a.

• Sen utilizar tacos de saída.

missing image file

• As marcas máximas (en segundos) exixidas para a superación da proba son:

Homes: 7.40”

Mulleres: 8.20”

• Permítense dous intentos de realización desta proba.

2ª. Proba de potencia de tren superior:

• Os homes realizarán flexións de brazos e as mulleres suspensión en barra.

2ª.a) Homes. Flexión de brazos (Dominada estrita)

Realizarase nun ximnasio ou campo de deportes.

• Nunha barra en posición horizontal e sen arestas.

• Se fose preciso, facilitarase algún elemento que axude a colocarse na barra na posición inicial para poder realizar a proba (cadeira, banco, escaleira ou similares)

• A súa realización será:

1º posición de inicio: desde a posición de suspensión pura, agarrando a barra coas palmas das mans núas, á fronte, e cos brazos totalmente estendidos.

Cando o/a supervisor/a da proba o indique, poderá iniciar a execución do exercicio.

missing image file

2ª posición: a flexión completa realizarase de maneira que o queixo asome por riba da barra.

missing image file

3ª posición: antes de iniciar outra nova flexión será necesario estender totalmente os brazos (mesma posición inicio da proba).

missing image file

• Na realización desta proba non se permite:

– Balanceo do corpo.

– Axuda con movementos das pernas

– A posición inicial debe manterse durante toda a execución da proba: calquera cambio pode interpretarse como balanceo.

– Efectuaranse de forma continuada:

• Non se permiten paradas durante a realización da proba.

• Non se permiten soltas ou cambios de agarre e posición das mans durante a realización da proba.

– Contaranse soamente as flexións completas e realizadas correctamente.

– O número mínimo exixible é de 10 flexións.

– Permítense dous intentos de realización desta proba.

2ª.b) Muller. Suspensión en barra.

• Realizarase nun ximnasio ou campo de deportes.

• Nunha barra en posición horizontal e sen arestas.

• Se fose preciso, facilitarase algún elemento que axude a colocarse na barra na posición inicial para poder realizar a proba (cadeira, banco, escaleira ou similares).

As súa realización será:

1º posición de inicio:

• Brazos flexionados.

• Presa coas palmas da man cara a atrás.

• Pernas completamente estendidas e sen tocar o chan.

missing image file

• Queixo situado por riba da barra e sen ter contacto con ela.

missing image file

• O tempo mínimo exixido para a superación da proba é de 52 segundos.

• Permítense dous intentos de realización desta proba

3ª. Proba de potencia de tren inferior: salto horizontal

• Realizarase nun ximnasio ou campo de deportes, con chan horizontal e coa superficie adecuada para efectuar a medición das marcas.

• Realización da proba:

1º posición inicial:

– A persoa aspirante colocarase de pé detrás dunha liña sen pisala, cos pés separados, paralelos entre si e á mesma altura (realizarase o salto desde a posición de parado).

– Realizará un salto horizontal e caerá cos dous pés ao chan. Medirase a distancia entre a liña de saída ata a marca do apoio de caída máis próximo á liña.

– Se na recepción do salto se cae cara a atrás, apoiando o brazo, o pé ou calquera outra parte do corpo, determinarase como salto NON APTO.

– Permítense dous intentos de realización desta proba.

missing image file

• As marcas mínimas exixidas (en centímetros) para a superación da proba son:

Homes: 210 cm.

Mulleres: 185 cm.

• Permítense dous intentos de realización desta proba.

4ª. Proba de resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos (un só intento).

• Realizarase nunha pista de atletismo

• Inicio da proba: a persoa aspirante colocarase na pista no lugar indicado polo/a supervisor/a da proba. A saída realizarase en pé.

missing image file

Será declarada non apta a persoa opositora que abandone a pista durante a carreira ou realice unha saída nula (antes de que o indique o/a supervisor/a da proba).

• As marcas máximas (en minutos e segundos) exixidas para a superación da proba son:

Homes: 3’30”

Mulleres: 4’10”

• Permítese un só intento de realización desta proba.

5ª. Proba de natación: 25 metros estilo libre.

• Realizarase nunha piscina que permita efectuar o percorrido sen facer viraxes.

• A persoa aspirante poderase colocar para a saída:

– Sobre a plataforma ou no bordo da piscina,

missing image file

– Ou ben no interior do vaso, e neste último caso deberá permanecer en contacto co bordo da saída.

missing image file

• Unha vez que se dea o sinal de saída, as persoas aspirantes, ben en mergullo ou por impulsión sobre a parede, segundo a situación de partida adoptada, iniciarán a proba empregando calquera estilo para a súa progresión.

• Calquera saída que se realice antes da indicación do supervisor/a da proba será considerada nula e, polo tanto, será declarado/a non apto/a na proba.

• As marcas máximas (en segundos) para a superación da proba son:

Homes: 0’24”

Mulleres: 0’28”

• Permítese un só intento de realización desta proba.

ANEXO VI

Táboa de méritos fase de concurso do proceso de
provisión por mobilidade (PR461D)

Epígrafes

Descrición dos méritos que se van valorar

Valoración parcial
(en puntos)

1. Titulacións académicas oficiais

Título de doutoramento ou titulacións equivalentes correspondentes ao nivel 4 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES)

3,00

Título universitario de máster ou titulacións equivalentes correspondentes ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES) (licenciatura universitaria, arquitectura, enxeñería)

2,00

Título universitario de grao ou titulacións equivalentes correspondentes ao nivel 2 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES) (diplomatura universitaria, enxeñería técnica, arquitectura técnica)

1,50

2. Antigüidade como persoal funcionario de carreira

Cada ano de servizo, ou fracción superior a seis (6) meses, nos corpos de policía local.

0,20

Cada ano de servizo, ou fracción superior a seis (6) meses, noutro corpo de seguridade.

0,10

Cada ano de servizo, ou fracción superior a seis (6) meses, noutro corpo de calquera Administración pública.

0,05

3. Formación profesional e docencia

Como alumnado da Agasp ou en actividades conveniadas:

AS

AP

Cada hora en actividades de tipo presencial.

0,015

0,025

Cada hora en actividades de formación en liña.

0,010

0,020

Como alumnado noutras actividades alleas á Agasp:

Cursos ou actividades ata 20 horas.

0,20

0,30

Cursos ou actividades entre 21 e 40 horas.

0,35

0,50

Cursos ou actividades entre 41 e 70 horas.

0,45

0,65

Cursos ou actividades entre 71 e 100 horas.

0,50

0,75

Cursos ou actividades entre 101 e 200 horas.

0,75

1,00

Cursos ou actividades de máis de 200 horas.

1,00

1,30

Como profesorado da Agasp ou en actividades conveniadas:

Cada hora en actividades de tipo presencial.

0,020

Cada hora en actividades de formación en liña.

0,015

Como profesorado noutras actividades alleas á Agasp:

Cada hora en actividades de tipo presencial.

0,015

Cada hora en actividades de formación en liña.

0,010

4. Distincións e recompensas oficiais

Placa individual ao mérito da Policía Local.

2,00

Placa colectiva ao mérito da Policía Local.

1,50

Medalla ao mérito da Policía Local.

1,00

Medalla ou cruz ao mérito policial doutros corpos.

0,75

Distincións do órgano colexiado competente do concello.

0,25

5. Idiomas

INGLÉS: nivel B2

1,00

Certificado do nivel B2 ou certificados anteriores equivalentes da Escola Oficial de Idiomas (EOI)

Person Test of English (PTE) Academic (59-75)

Person Test of English (PTE) Xeral (Level 3)

ISE II, de Trinity College

First Certificate in English (FCE), de Cambridge

IELTS (5.5/6.0/6.5), de Cambridge

BEC Business English Certificate-Cambridge

(Vantage Good & Exceptional), de Cambridge

IELTS (5.5/6.0/6.5), de British Council

(*) Aptis Xeral B2, de British Council

(*) Require superación de todas as destrezas no período dun ano.

(*) Aptis For Teachers B2, de British Council

(*) Require superación de todas as destrezas no período dun ano.

(*) TOEIC C1

* (Listening and Reading 785-944)

* Speaking 160-179, Writing 150-179), de Educational Testing Service

(*) Require superación de todas as destrezas no período dun ano.

(*) Oxford Test of English (OTE) 111-140, de Oxford

(*) Require superación de todas as destrezas no período dun ano.

(*) ESOL, de Language Certificate

(*) Require superación de todas as destrezas no período dun ano.

ECCE, de Universidade de Michigan

INGLÉS: nivel C1

2,00

Certificado do nivel C1 ou certificados anteriores equivalentes da Escola Oficial de Idiomas (EOI)

Person Test of English (PTE) Academic (76-84)

Person Test of English (PTE) Xeral (Level 4)

ISE III, de Trinity College

Certificate in Advanced English (CAE), de Cambridge

IELTS (7.0/8.0), de Cambridge

BEC Business English Certificate-Cambridge

(Higher Good & Exceptional), de Cambridge

IELTS (7.0/8.0), de British Council

Aptis Advance C1, de British Council

(*) TOEIC C1

* (Listening and Reading 945-990)

* Speaking 180-200, Writing 180-200), de Educational Testing Service

(*) Require superación de todas as destrezas no período dun ano.

(*) ESOL, de Language Certificate

(*) Require superación de todas as destrezas no período dun ano.

FRANCÉS: nivel B2

1,00

Certificado do nivel B2 ou certificados anteriores equivalentes da Escola Oficial de Idiomas (EOI)

DELF B2 (Diplôme d’Etudes en Langue Française), do Ministerio de Educación Francés

TCF NIVEAU 4 (B2) 400-499 pts, do Ministerio de Educación Francés

DFA1 (Diplôme de Français de Casos 1), de Chambre de Commerce et d’ Industries de Paris

DFP B2 (Diplôme de Français professionnel Secrétariat, Juridique, Médical), de Chambre de Commerce et d’ Industries de Paris

Diplôme de Langue Française (DL) (AF), de Alliance-Francaise

FRANCÉS: nivel C1

2,00

Certificado do nivel C1 ou certificados anteriores equivalentes da Escola Oficial de Idiomas (EOI)

DALF C1 (Diplôme Approfondi de Langue Française), do Ministerio de Educación Francés

TCF NIVEAU 5 (C1) 500-599 pts, do Ministerio de Educación Francés

DFA2 (Diplôme de Français deas Casos 2), de Chambre de Commerce et d’ Industries de Paris

DFP Casos C1 (Diplôme de Français professionnel dans lle monde deas Casos), de Chambre de Commerce et d’ Industries de Paris

Diplôme Supérieur d’Etudes Françaises Modernes (DS) (AF), de Alliance-Francaise

PORTUGUÉS: nivel B2

1,00

Certificado do nivel B2 ou certificados anteriores equivalentes da Escola Oficial de Idiomas (EOI)

Diploma intermédio de Português Língua Estrangeira (DIPLE), do Instituto Camões

Certificat de Compétences en Langues de l’Enseignement Supérieur (CLES)

CLES 2

The European Language Certificates (TELC)

TELC B2

PORTUGUÉS: nivel C1

2,00

Certificado do nivel C1 ou certificados anteriores equivalentes da Escola Oficial de Idiomas (EOI)

Diploma Avançado de Português Língua Estrangeira (DAPLE), do Instituto Camões

Certificat de Compétences en Langues de l’Enseignement Supérieur (CLES)

CLES 3

The European Language Certificates (TELC)

TELC C1

6. Lingua galega

Curso de linguaxe administrativa nivel medio

1,50

Curso de linguaxe administrativa nivel superior

2,00