DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 2 de xullo de 2025 Páx. 36981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2025/110-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: Avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución dos apoios 9R0IJMVC//6 e 9R053NV6//7 da LMT VLG804, LMT e CTC Gondariño.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas:

Substitución dos apoios 9R0IJMVC//6 e 9R053NV6//7 da liña de media tensión (LMT) VLG804 por un apoio C-4500/14 e un apoio C-4500/12, respectivamente.

Retensado dos vans contiguos aos apoios proxectados C-4500/14 e C-4500/12 (75+79metros de condutor LA-110).

Retirada do centro de transformación intemperie Gondariño 36AD95.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3+240 Al, en dúas actuacións:

1. 224 metros de lonxitude con orixe no apoio proxectado C-4500/14 mediante un paso aero-subterráneo e final no novo centro de transformación proxectado Gondariño.

2. 184 metros de lonxitude con orixe no novo centro de transformación proxectado Gondariño e final no apoio proxectado C-4500/12 mediante un paso aero-subterráneo.

Centro de transformación compacto a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36051A043003730000FW, no lugar Gondar de Abaixo.

A instalación está situada en Gondar de Abaixo, parroquia de Gondar, no concello de Sanxenxo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 6 de xuño de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2025/110-4.

Denominación: substitución dos apoios 9R0IJMVC//6 e 9R053NV6//7 da LMT VLG804, LMT e CTC Gondariño.

Concello: Sanxenxo.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

canalización subt.

m2

ml sub.

m2 sub.

2

Lg. Gondariño-Gondar Valadiños

Rústico agrario

36051A043001000000FO

Digna

1

2,00

3,00

9,00