Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38. 28028 Madrid.
Denominación: substitución do apoio 9UM5TLHE//38-1 na LMTA CBD803.
Situación: Vilanova de Arousa.
Características técnicas:
Substitución do apoio 9UM5TLHE//38-1 da liña de media tensión aérea (LMTA) CBD803 (Ribadumia 3) por un apoio C-1000/16, no cal se instala un reconectador.
Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-110 de 117,3 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9UKB0F5R//38 da liña de media tensión aérea (LMTA) CBD803 e final no apoio proxectado C-1000/16.
Retensado do van comprendido entre o apoio proxectado C-1000/16 e o existente 9UQI19P8//38-2 (178,5 metros de condutor LA-110).
A instalación está situada en Arnelas, parroquia de Tremoedo, no concello de Vilanova de Arousa ( Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 6 de xuño de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Núm. expediente: IN407A 2025/114-4.
Denominación: substitución do apoio 9UM5TLHE//38-1 na LMTA CBD803.
Concello: Vilanova de Arousa.
|
Núm. |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
|
|
Núm. |
m2 |
|||||
|
1 |
Braña |
Rústico, agrario, piñeiral madeireiro |
36061A222001970000FM |
Rafael Baulde Porto |
1 |
2,00 |
