DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 2 de xullo de 2025 Páx. 37013

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2024/U035/000001).

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o 19 de maio de 2025, acordou aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para a implantación dunha área deportiva na Lagoa, segundo a documentación técnica asinada o 14 de maio de 2025 polo arquitecto xefe do Servizo de Urbanismo e Obras deste concello, Alfredo Garrote Pazos.

O que se somete á información pública por un prazo de dous meses en cumprimento dos artigos 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 186.1.a) do regulamento da dita lei, co fin de que as persoas que se consideren afectadas polo PEID poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

A totalidade do documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas e na páxina web deste concello, na seguinte ligazón: https://carballo.gal/urbanismo-e-axenda-urbana/documentos-en-tramitacion/

Carballo, 5 de xuño de 2025

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde