De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, resultando infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución de modificación de bens efectuada no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Variante de Ribeira, treito I, clave AC/18/074.01.1, no concello de Ribeira.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución de bens e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A Coruña, 16 de xuño de 2025
Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña
ANEXO
|
Clave de obra |
Predio |
Referencia catastral |
Persoa interesada |
|
AC/18/074.01.1 |
179,179-CO |
15074A00800448 |
Cipriana Basoco Parada |
|
AC/18/074.01.1 |
181 |
15074A00800446 |
Hrdos. Rogelio Alonso |
