DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 3 de xullo de 2025 Páx. 37199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de xuño de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, de apertura do trámite de competencia de proxectos do expediente de solicitude dunha concesión de augas subterráneas no concello de Curtis (expediente DH.A15.73845).

O ente público empresarial Augas de Galicia, mediante este anuncio, somete a competencia de proxectos a seguinte instancia presentada, relativa á solicitude de concesión, conforme preceptúan os artigos 104 e seguintes do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico (en diante RDPH).

Solicitante: Berries Passion, S.L.

NIF: B56570435.

Volume total anual: 388817 m3/año.

Caudal máximo instantáneo: 55,1 l/s.

Destino: rega.

Orixe: 5 perforacións subterráneas nas parcelas 15032A021000890000DT, 15032A021000880000DL, 15032A020001170000DK, 15032A035000310000DD.

Masa subterránea: Mero-Mandeo (código ES014MSBT014-010).

Lugar: Paradela.

Parroquia: Foxado (Santa María).

Concello: Curtis.

A dita petición tramitarase de conformidade co disposto no artigo 105 do RDPH, abríndose deste modo o trámite de competencia de proxectos para que no prazo dun (1) mes, que se contará desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o peticionario presente unha instancia en que concrete a correspondente petición e demais aspectos previstos no dito artigo 105 e achegue con ela o proxecto e a demais documentación prescrita no artigo 106 do regulamento. Durante este prazo admitiranse tamén outras peticións que teñan o mesmo obxecto que aquela ou sexan incompatibles con esta.

O proxecto técnico coas características sinaladas no artigo 106.2.a). O proxecto deberá conter a información que sinala o anexo III, parte A, Criterios para a construción de pozos e sondaxes, do RDPH e un estudo e informe hidroxeolóxico.

Ademais, no caso de rega de parcelas, debe completar coa documentación que sinala o artigo 106.2.b), coa cal se deberán xuntar documentos públicos ou fidedignos da propiedade das terras que se regarán.

Así mesmo, deberase achegar, de acordo co establecido no número 3 do artigo 106, o estudo ambiental que recolla e avalíe todas as afeccións ambientais do proxecto, conforme a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sen prexuízo da tramitación ambiental que de ser o caso proceda.

Denegarase a tramitación posterior de toda petición que supoña unha utilización de caudal superior ao dobre do que figura como petición base do concurso, de acordo co artigo 105 do RDPH, sen prexuízo de que o peticionario que o pretenda poida, dentro do prazo fixado neste anuncio para a admisión de peticións, acollerse á tramitación indicada no parágrafo 3 do dito artigo 105 do RDPH, remitindo a súa petición na forma prevista no artigo 104 deste e solicitando a paralización do trámite da solicitude publicada inicialmente. Neste caso, coa petición achegará o xustificante acreditativo do ingreso, na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda e Administración Pública, dunha fianza pola cantidade de sesenta mil (60.000) euros, para responder da presentación do documento técnico correspondente á súa petición.

O desprecintado dos documentos técnicos realizarase na forma sinalada no artigo 107 do RDPH e terá lugar, transcorridos sete (7) días desde a conclusión do prazo de presentación de peticións, nas dependencias do edificio administrativo de Augas de Galicia, sitas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º, 15071 A Coruña.

As peticións xunto cos documentos técnicos, debidamente precintados segundo o establecido no artigo 106.2 do Regulamento do dominio público hidráulico, deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal) indicando no destino Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Augas de Galicia. En toda a documentación achegada deberá constar a clave do expediente que figura no encabezamento deste anuncio.

Considérase que a forma máis axeitada de presentar electronicamente a documentación sexa con algún sistema de encriptado para a documentación técnica (contrasinal ou método similar); deberá proporcionarnos a clave ou sistema de desencriptado a través da sede electrónica a primeira hora da data establecida para o desprecintado dos documentos técnicos.

A Coruña, 3 de xuño de 2025

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte