Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo os acordos de inicio ditado pola persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo no expediente sancionador número LU-01827-O-2024, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).
O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade de Lugo.
Outorgáselle un prazo quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que considere conveniente, presentando ou propoñendo as probas que considere oportunas.
No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
Lugo, 16 de xuño de 2025
Marina Fernández Pérez
Xefa do Servizo de Mobilidade
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF Denunciado |
Infracción denunciada Data; Hora; Estrada; pq. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
LU-01827-O-2024 2976-HTH |
43485340E |
Exceso de peso igual ou superior ao 25 %. 21.10.2024; 18.44.00; A-6; 474,0 |
Artigo 140.23 da LOTT Artigo 197.26 do ROTT |
Artigo 143.1.c) da LOTT Artigo 20.h) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT |
2.001 euros |
