DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 3 de xullo de 2025 Páx. 37216

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño

ANUNCIO de acordo social para o servizo de atención temperá.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno do 24 de xuño de 2025 aprobouse o expediente de concerto social, que inclúe o prego de condicións, para a prestación do servizo de atención temperá, así como a convocatoria do concerto social co envío do anuncio ao Diario Oficial de Galicia e a apertura do procedemento de presentación de proposicións.

O prego de condicións regula o prazo de presentación, os requisitos das entidades participantes, os criterios de avaliación, as condicións técnicas para a prestación do concerto social, o prezo e as obrigas e os dereitos das partes. Este prego pódese consultar na sede electrónica municipal, a través do taboleiro de anuncios electrónico: https.//baixomino.sedeelectronica.gal

Tomiño, 25 de xuño de 2025

Enrique Cabaleiro González
Presidente da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño