No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 111, do 16 de maio de 2025, e corrección erros no BOP núm. 132, do 11 de xuño de 2025, publícanse as convocatorias e as bases específicas que regulan os procesos selectivos para o ingreso nas prazas de persoal funcionario de carreira ou laboral fixo, na Deputación Provincial de Lugo, incluídas na oferta de emprego público do ano 2023 (refundición prazas cota xeral acceso libre OEP 2021 e 2022), que a seguir se sinalan:
Unha praza de delineante, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos/as auxiliares, grupo C-subgrupo C1, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.
Tres prazas de peón/peoa de reparación de vías provinciais, do cadro de persoal laboral, agrupacións profesionais, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos e na páxina web da Deputación Provincial.
Lugo, 11 de xuño de 2025
O presidente da Deputación Provinicial de Lugo
P.D. (Decreto do 4.7.2023)
Pablo Rivera Capón
Deputado delegado da Área de Promoción Económica e Social
