DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 3 de xullo de 2025 Páx. 37214

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de aprobación das bases e da convocatoria para a selección dun/dunha técnico/a de servizos sociais, traballador/a social de SAF, como persoal laboral fixo (expediente 272/2025).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 112, do 19 de maio de 2025, foron publicadas as bases reguladoras do proceso de selección dun/dunha técnico/a de servizos sociais, traballador/a social de SAF (subgrupo A2) da escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios, como persoal laboral fixo. Oferta de emprego público de 2022 (expediente 272/2025).

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Guitiriz, 5 de xuño de 2025

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa