No Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) número 122, do 27 de xuño de 2025, publicáronse a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo convocado polo Concello de Celanova, derivado da oferta de emprego público ordinaria do exercicio 2024, para cubrir unha praza de auxiliar administrativo/a da Administración xeral do Departamento de Secretaría, réxime interno, urbanismo, intervención administrativa, PEPRI e medio ambiente, en calidade de funcionario/a, polo sistema de oposición.
Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria urxente, que tivo lugar o día 24 de xuño de 2025, aprobáronse a convocatoria do proceso selectivo e as bases reguladoras do proceso selectivo que se sinala a continuación:
Denominación da praza; subgrupo; escala; subescala; sistema de selección, nº de prazas; xornada: auxiliar administrativo/a; C2, Administración xeral, auxiliar, oposición, 1, completa.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nas bases reguladoras. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos nos termos establecidos nas propias bases.
Celanova, 27 de xuño de 2025
Antonio Puga Rodríguez
Alcalde
