Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 16 de xuño de 2025 aprobouse provisionalmente o proxecto de trazado dos traballos de minoración da xeración de efluentes ácidos na contorna do desmonte dos Airíos e o viaduto do Eume, de clave AC/22/108.09, no municipio das Pontes de García Rodríguez (A Coruña).
Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,
ACORDO:
Primeiro. Que, para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, se someta ao trámite de información pública, durante un período de quince (15) días hábiles a contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.
A documentación do proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas da Coruña, na casa do Concello das Pontes de García Rodríguez e na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, onde tamén figura un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación:
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2025
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Traballos de minoración da xeración de efluentes ácidos na contorna
do desmonte dos Airíos e o viaduto do Eume
Clave AC/22/108.09
Concello das Pontes de García Rodríguez.
|
Nº |
Referencia |
Políg. |
Parc. |
Titular |
NIF |
Sit. básica do solo |
Expropiación |
Bens afectados |
||
|
Cant. |
Ud. |
Descrición |
||||||||
|
1 |
15071A044010010000YA |
44 |
1001 |
Endesa Generación, S.A. |
A82434697 |
Rural |
12.901 |
300 |
Ud. |
Árbore madeireira (piñeiro) |
