DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 4 de xullo de 2025 Páx. 37407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de xuño de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade das resolucións polas que se outorgan novacións de concesións de auga.

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante resolución da Dirección de Augas de Galicia, se outorgaron as novacións de concesións de augas que se indican no anexo.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Data da resolución

Titular

Caudal

(m3 anuais)

Destino das augas

Orixe

Lugar, parroquia, concello (provincia)

DH.A15.72718

8.3.2025

Comunidade de Aguas de Fonte Sarnada

4.161,15

Rega

Un manancial

Coto do Freixo, Bealo (San Pedro), Boiro (A Coruña)

DH.A15.65405

13.3.2025

Comunidade de Usuarios de Fontesalgueira

11.835,00

Uso doméstico

Oito mananciais

Fontesalgueira e Campiñas Verdes, Xuño (Santa Mariña), Porto do Son (A Coruña)

DH.A15.87583

8.4.2025

José Lobato Cabo

623,00

Rega

Un manancial

O Outeiro, San Pedro de Vilanova (San Pedro), Vedra (A Coruña)

DH.A36.87425

14.5.2025

Comunidade de Usuarios Barrio de Padrón

13.317,20

Abastecemento

Seis mananciais e un pozo

Padrón, Saxamonde (San Román), Redondela (Pontevedra)

DH.A36.65425

30.5.2025

Comunidade de Usuarios de Casalvito

8.146,05

Abastecemento e rega

Un manancial

Casalvito, Poio (San Xoán), Poio (Pontevedra)