De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, as persoas interesadas citadas no anexo, poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) Ourense, das 9.00 ás 14.00, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.
Transcorrido dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao da súa publicación.
Ourense, 19 de xuño de 2025
José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense
ANEXO
|
Interesada/o |
Acto que se notifica |
Zona de concentración parcelaria |
|
76726132H |
Resolución do 4.4.2025 |
Quins (Melón-Ourense) |
|
34950430K |
Resolución do 4.4.2025 |
Quins (Melón-Ourense) |
