Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 119, do 24 de xuño de 2025, cómpre realizar a seguinte corrección:
Na páxina 35088, no artigo 8.dous, onde di: «antes do 11 de setembro», debe dicir: «antes do 5 de setembro».
Na páxina 35093, no anexo I, no capítulo II, onde di:
«2 Impostos indirectos.
20 Sobre transmisións patrimoniais onerosas e actos xurídicos documentados.
200 Sobre transmisións inter vivos.
201 Sobre actos xurídicos documentados.
21 Sobre o valor engadido.
210 Imposto sobre o valor engadido.
00. Entregas á conta.
01. Liquidación N-2.
02. Reintegro liquidacións negativas de exercicios anteriores.
22 Sobre consumos específicos.
220 Impostos especiais.
00. Sobre o alcohol e bebidas derivadas. Entregas á conta.
01. Sobre a cervexa. Entregas á conta.
03. Sobre elaborados de tabaco. Entregas á conta.
04. Sobre hidrocarburos. Entregas á conta.
05. Sobre determinados medios de transporte.
06. Sobre produtos intermedios. Entregas á conta.
07. Sobre a electricidade. Entregas á conta.
08. Liquidación N-2.
23 Impostos sobre o xogo.
230 Taxas fiscais sobre o xogo.
01. Bingo.
02. Rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias.
03. Máquinas recreativas.
04. Casinos.
05. Apostas deportivas.
231 Imposto sobre actividades de xogo.
29 Outros impostos indirectos.
291 Imposto sobre a contaminación atmosférica.
292 Imposto sobre o dano ambiental, auga encorada.
293 Canon eólico.».
Debe dicir:

24 Imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos.
29 Outros impostos indirectos.
291 Imposto sobre a contaminación atmosférica.
292 Imposto sobre o dano ambiental, auga encorada.
293 Canon eólico.».
Na páxina 35127, no anexo IV, onde di:
«Sección 04. Presidencia da Xunta de Galicia.
Servizo 01. Secretaría Xeral da Presidencia.
Servizo 02. Dirección Xeral do Gabinete Técnico da Presidencia.
Servizo 03. Secretaría Xeral de Medios.
Servizo 04. Dirección Xeral de Comunicación.
Servizo 05. Oficina de Coordinación Económica da Presidencia.
Servizo 06. Asesoría Xurídica Xeral.
Servizo 07. Dirección Xeral de Asuntos Constitucionais e Desenvolvemento Lexislativo.
Servizo 08. Delegacións territoriais da Xunta de Galicia.
Servizo A2. Axencia de Turismo de Galicia.
Sociedade mercantil. Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.
Sociedade mercantil. Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, S.A.
Sociedade mercantil. Galicia Calidade, S.A.U.».

Servizo 80. Instituto Galego de Estatística.

Na páxina 35130, no anexo IV, onde di:
«Sección 09. Consellería de Economía e Industria.
Servizo 01. Secretaría Xeral Técnica.
Servizo 02. Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético.
Servizo 03. Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.
Servizo 04. Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas.
Servizo A1. Instituto Galego de Promoción Económica-Igape.
Servizo A3. Axencia Instituto Enerxético de Galicia-Inega.
Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia.
XesGalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado, S.A.U.
Sociedade mercantil. Sodiga Galicia, Sociedade de Capital Risco, S.A.
Empresa participada. Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A.
Sociedade mercantil, Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.».
Debe dicir:
«Sección 09. Consellería de Economía e Industria.
Servizo 01. Secretaría Xeral Técnica.
Servizo 02. Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético.
Servizo 03. Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.
Servizo 04. Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas.
Servizo A1. Instituto Galego de Promoción Económica-Igape.
Servizo A3. Axencia Instituto Enerxético de Galicia-Inega.
Servizo 14. Axencia Galega de Industria Forestal-Xera.
Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia.
XesGalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Cerrado, S.A.U.
Sociedade mercantil. Sodiga Galicia, Sociedade de Capital Risco, S.A.
Empresa participada. Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A.
Sociedade mercantil, Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.».
Na páxina 35130, no anexo IV, onde di:
«Sección 10. Consellería de Facenda e Administración Pública.
Servizo 01. Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro.
Servizo 02. Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico.
Servizo 03. Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos.
Servizo 04. Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
Servizo 05. Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio.
Servizo 06. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
Servizo 80. Instituto Galego de Estatística.
Servizo 81. Escola Galega de Administración Pública.
Servizo A1. Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Servizo A2. Axencia Tributaria de Galicia.
Servizo B1. Consello Económico e Social.
Sociedade mercantil. Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.».