Con data do 13 de febreiro de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia número 30 a Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C). Ao abeiro da dita convocatoria establécense as seguintes liñas de actuación:
a) Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI449B).
b) Actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con menores a cargo de ata 16 anos inclusive, mediante a creación de servizos de coidado profesional e a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados, así como accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados ao desenvolvemento do Plan Corresponsables (código de procedemento SI436C).
Para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por importe total de un millón de euros (1.000.000,00 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes:
|
Procedemento |
Aplicación |
Cód. proxecto |
Importe |
|
SI449B |
08.07.313D.481.2 |
2025 00050 |
400.000,00 € |
|
SI436C |
08.07.312G.481.3 |
2021 00175 |
600.000,00 € |
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde no procedemento SI449B, concretamente no Departamento Territorial de Vigo, segundo a sede social das asociacións solicitantes, pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento, así como as emendas feitas, neste caso pola unidade de igualdade do dito departamento territorial, unha vez comprobado que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria, estas foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 11.3.
O dito órgano instrutor, tras a baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 13.1, elevou ao órgano competente, á persoa titular do departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, que, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión, emite a correspondente Resolución do 23 de xuño de 2025.
Segundo o artigo 13.3, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 23 de xuño de 2025 do Departamento Territorial de Vigo, ditada no procedemento SI449B no seu ámbito provincial ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C), e que se xunta a esta resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 23 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Non se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Vigo, 25 de xuño de 2025
A directora territorial de Vigo
P.A. (Decreto 139/2024, do 20.5.2024; DOG núm. 101, 27 de maio)
Mª Ana Gómez Carrera
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
ANEXO
Resolución do 23 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Vigo,
que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións do procedemento SI449B na provincia de Pontevedra convocadas mediante
a Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases
reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais
do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C)
Antecedentes:
Primeiro. Con data do 13 de febreiro de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C).
Segundo. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar no ano 2025 as subvencións destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnado (ANPA) e ás federacións ou confederacións de ANPA dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para as seguintes liñas de actuación: a) Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres (SI449B) e b) Actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con menores a cargo de ata 16 anos incluídos, mediante a creación de servizos de coidado profesional e a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados, así como accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados ao desenvolvemento do Plan Corresponsables (SI436C).
Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.3 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cuarto. De acordo co establecido no artigo 11.5 das bases reguladoras, avaliadas as solicitudes do procedemento SI449B no ámbito provincial de Pontevedra, seguindo os criterios establecidos no artigo 12, a Comisión de Valoración emitiu un informe segundo o cal a unidade de igualdade do Departamento Territorial de Vigo, órgano instrutor, formulou a proposta de resolución ao órgano competente para resolver e na que se inclúe a proposta de concesión de subvencións segundo a orde de puntuación obtida polas solicitudes e polo importe da axuda correspondente ata esgotar o crédito dispoñible. Así mesmo, propón os expedientes que quedaran en lista de espera por terse esgotado o crédito dispoñible para seren atendidos no caso de producirse algunha renuncia ou un incremento do crédito do crédito orzamentario destinado a estas axudas e os expedientes aos que se lle denegan estas axudas por desistencia expresa, por non cumpriren os requisitos establecidos na convocatoria, ou por non achegaren a documentación requirida no prazo establecido, segundo o establecido no artigo 68.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Quinto. De acordo co establecido no artigo 13.1, tras a proposta da resolución á persoa titular do Departamento Territorial de Vigo resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.
Sexto. Segundo o artigo 13.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.
Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta emitida pola unidade de igualdade do Departamento Territorial de Vigo como órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, a directora do dito departamento territorial de Vigo, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión,
RESOLVE:
Primeiro. Conceder as subvencións para o financiamento do programa SI449B ás asociacións de nais e pais (ANPA) solicitantes con sede social na provincia de Pontevedra que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidas no artigo 12 das bases reguladoras e segundo o establecido no artigo 28 pola contía e para o desenvolvemento da actuación que figuran no anexo.
Segundo. Incluír na lista de espera as solicitudes que se indican no anexo II segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer por producirse algunha renuncia ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas axudas. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución.
Terceiro. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa específica, por desistencia expresa, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 10.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.
Cuarto. Informar as asociacións de nais e pais beneficiarias das subvencións no procedemento SI449B con sede social na provincia de Pontevedra que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:
a) As axudas para actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, (SI449B) están financiadas con fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras: estas axudas son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos, ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou entidades públicas ou privadas.
O importe da subvención concedida non poderá superar en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, o custo da actuación ou actividade que vai desenvolver a entidade solicitante, nin o importe total do correspondente concepto de gasto.
En caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades ou gastos subvencionables, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.
c) As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e as obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 18 (Obrigas das entidades beneficiarias) das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.
d) No artigo 20 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, se é o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.
e) Unha vez publicada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación e comprometerse a executar o programa, medida ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicalo no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.
f) De acordo co establecido no artigo 17.1 das bases reguladoras, tras producirse a publicación e aceptación nos termos expostos na letra e), realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado.
Unha vez presentada a xustificación procederase ao libramento final da axuda concedida, pola contía que corresponda, deducido, de ser o caso, o importe aboado en concepto de anticipo.
g) Para poder ser tidos en conta, os gastos deben estar xerados entre o 1 de decembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025 e deberán estar efectivamente pagados, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación, o 11 de decembro de 2025.
h) As entidades beneficiarias deberán presentar, coa data límite do 11 de decembro de 2025, a documentación xustificativa establecida no artigo 16.
Quinto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional única da Orde do 20.12.2024; DOG núm. 30, do 13 de febreiro). A directora territorial de Vigo. P.A. (Decreto 139/2024, do 20.5.2024; DOG núm. 101, 27 de maio). Mª Ana Gómez Carrera, xefa do Servizo de Coordinación Administrativa.
ANEXO I
Concesións
|
Nº de expediente |
Nome ANPA/federación |
NIF |
Denominación da medida |
Custo da actuación (€) |
Importe subvención (€) |
Total puntos |
|
SI449B-2025-00000109-05 |
ANPA A Rúa |
G36102382 |
Rompendo estereotipos para medrar en igualdade |
2.995,00 |
2.995,00 |
77 |
|
SI449B-2025-00000036-05 |
ANPA Sanxuvite |
G36192508 |
Educando en igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
77 |
|
SI449B-2025-00000102-05 |
ANPA Cela e Pereiras de alumnos CEIP Atín-Cela |
G36119659 |
Eu, ti, nós na igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
75 |
|
SI449B-2025-00000096-05 |
Federación Olívica de asociacións de nais e pais de alumnos/as de Vigo e comarca |
G36743946 |
Coeducación en familia: afrontando retos |
6.000,00 |
6.000,00 |
75 |
|
SI449B-2025-00000075-05 |
Asociación de nais e pais de alumnos do CRA de Ribadumia |
G94123031 |
Promoción da igualdade no CRA de Ribadumia 2025 |
2.913,10 |
2.913,10 |
74 |
|
SI449B-2025-00000001-05 |
Asociación de nais e pais de alumnos do Colexio San Fermín de Caldas de Reis |
G36149664 |
Escola de familias do centro de ensinanza CPR San Fermín |
2.840,00 |
2.840,00 |
74 |
|
SI449B-2025-00000031-05 |
Asociación de nais e pais de alumnos CEIP San Roque |
G36155679 |
ANPA San Roque pola igualdade 2025 |
3.000,00 |
3.000,00 |
73 |
|
SI449B-2025-00000021-05 |
ANPA A Prixela do CEIP Viñagrande-Deiro |
G36036952 |
Pontes cara á igualdade |
3.180,00 |
3.000,00 |
72 |
|
SI449B-2025-00000057-05 |
ANPA do CEIP Párroco Don Camilo |
G36643500 |
Programa igualdade, corresponsabilidade e educación sexual |
3.000,00 |
3.000,00 |
71 |
|
SI449B-2025-00000089-05 |
ANPA CEIPP Espiñeira Aldán |
G36022986 |
Tecendo a igualdade |
3.170,00 |
3.000,00 |
71 |
|
SI449B-2025-00000016-05 |
Asociación de pais e nais do IES Terra de Turonio |
G36847556 |
Xincana pola convivencia positiva entre os xéneros e novas masculinidades |
3.000,00 |
3.000,00 |
71 |
|
SI449B-2025-00000097-05 |
Federación de ANPAs de centros públicos de Cangas A Gameliña |
G36537900 |
Programa de xornadas pola igualdade 2025 A Gameliña |
6.000,00 |
6.000,00 |
70,5 |
|
SI449B-2025-00000020-05 |
ANPA Xulio Lois |
G36174985 |
Videoxogos e redes sociais en igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
70 |
|
SI449B-2025-00000052-05 |
ANPA Emilia Pardo Bazán O Chouzo |
G36732758 |
No Chouzo en igualdade |
2.664,60 |
2.664,60 |
70 |
|
SI449B-2025-00000038-05 |
ANPA no Centro Docente Divino Salvador de Vigo |
G27780055 |
Na miña pel |
3.000,00 |
3.000,00 |
69 |
|
SI449B-2025-00000108-05 |
ANPA Pequeval do CRA de Valga |
G36394070 |
SI449B-Subvención ás ANPAs para financiar actividades de promoción da igualdade |
3.999,95 |
3.000,00 |
69 |
|
SI449B-2025-00000112-05 |
ANPA IES Rodeira |
G36146835 |
Programa de actividades en materia de igualdade da ANPA IES Rodeira |
3.000,00 |
3.000,00 |
68 |
|
SI449B-2025-00000033-05 |
Asociación ANPA San Martiño de Salcedo |
G36120251 |
Sensibilización e educación en igualdade. Favorecer a prevención da violencia xénero |
2.927,34 |
2.927,34 |
68 |
|
SI449B-2025-00000083-05 |
Asociación de nais e pais de alumnos/as Doutor Fléming |
G36627966 |
Igualdade dende a palabra |
2.000,00 |
2.000,00 |
68 |
|
SI449B-2025-00000058-05 |
Federación de asociacións de nais e pais de alumnas/os do Val Miñor |
G36822682 |
Xincana, novas masculinidades e obradoiros de mulleres científicas |
4.460,00 |
4.460,00 |
68 |
|
SI449B-2025-00000095-05 |
Asociación de nais e pais Paxariñas |
G94091881 |
Bosquexa igualdade |
3.060,00 |
3.000,00 |
67 |
|
SI449B-2025-00000067-05 |
ANPA Os Golfiños do CEIP Torre-Illa |
G94133436 |
Proxecto: formando en igualdade CEIP Torre Illa |
2.950,00 |
2.950,00 |
67 |
|
SI449B-2025-00000012-05 |
Asociación de nais e pais de alumnos do CEP Sabarís |
G36801579 |
Igualdade de xénero |
3.000,00 |
3.000,00 |
66 |
|
SI449B-2025-00000080-05 |
Federación de ANPAs de Redondela |
G44769743 |
Redondela en igualdade é un puntazo |
6.000,00 |
6.000,00 |
66 |
|
SI449B-2025-00000069-05 |
Asociación de pais de alumnos Atalaia |
G36039436 |
Formación en igualdade ANPA Atalaia |
2.970,00 |
2.970,00 |
66 |
|
SI449B-2025-00000011-05 |
APA A Barxa |
G36782373 |
SI449B-Axudas económicas ás ANPA destinadas á promoción da igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
66 |
|
SI449B-2025-00000073-05 |
ANPA O Areeiro do CEIP San Benito de Lérez |
G36030229 |
Medrando en igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
65 |
ANEXO II
Lista de espera
|
Nº lista de espera |
Nº de expediente |
Nome ANPA/federación |
NIF |
Denominación da medida |
Subvención solicitada (€) |
Total puntos |
|
10 |
SI449B-2025-00000037-05 |
Asociación de nais e pais de alumnos A Romaiña do CEIP de Nantes |
G36273969 |
Aposta pola igualdade |
3.000,00 |
64 |
|
11 |
SI449B-2025-00000103-05 |
ANPA A Muralla |
G36128718 |
Quéreme ben! |
3.000,00 |
64 |
|
13 |
SI449B-2025-00000051-05 |
Asociación de nais e pais da EEI Monte da Guía |
G36716298 |
Programa de educación temperá para a igualdade e prevención da violencia |
3.000,00 |
64 |
|
14 |
SI449B-2025-00000106-05 |
Asociación de nais e pais de alumnos do CEIP Porto-Cabeiro de Vilar de Infesta |
G36191682 |
Porto igualdade |
3.000,00 |
64 |
|
15 |
SI449B-2025-00000028-05 |
Asociación de nais e pais San Pedro de Cesantes |
G36538858 |
Medrando en igualdade |
1.879,00 |
64 |
|
19 |
SI449B-2025-00000023-05 |
APA Loureza do Colexio de Refoxos-Oia |
G36372191 |
Sementes de igualdade. Corresponsabilidade e educación dixital na infancia |
1.800,00 |
64 |
|
20 |
SI449B-2025-00000077-05 |
APA do Col Nal de Covelo |
G36014926 |
Accións de igualdade ANPA O Suído |
1.700,00 |
64 |
|
23 |
SI449B-2025-00000018-05 |
ANPA Colexio María Inmaculada Carmarín |
G36620243 |
Príncipes, princesas e outras andrómenas |
3.000,00 |
64 |
|
24 |
SI449B-2025-00000061-05 |
APA Col Nal EXB Santa María de Oia |
G36153393 |
Proxecto con agarimo |
561,00 |
64 |
|
27 |
SI449B-2025-00000111-05 |
APA do Colexio Público de Cedeira |
G36037166 |
Corresponsabilidade |
3.000,00 |
63 |
|
33 |
SI449B-2025-00000046-05 |
ANPA Fornobedo |
G36112092 |
Creando espazos coeducativos para o desenvolvemento igualitario |
3.000,00 |
63 |
|
34 |
SI449B-2025-00000087-05 |
ANPA Pardo Bazán |
G36023042 |
Igualdade na escola |
3.000,00 |
63 |
|
39 |
SI449B-2025-00000117-05 |
ANPA alumnos Verduxo |
G36113215 |
Construíndo contorno a máis de 380 sexualidades feministas |
3.000,00 |
63 |
|
41 |
SI449B-2025-00000041-05 |
Asociación de nais e pais Os Muíños do Colexio de Educación Infantil e Primaria Alexandre Bóveda |
G36035855 |
Igualdade no Angorén |
3.000,00 |
63 |
|
43 |
SI449B-2025-00000045-05 |
ANPA Albores CEIP Humberto Juanes |
G36777605 |
Familias, a educación sexual, as novas tecnoloxías e a prevención da violencia |
3.000,00 |
62 |
|
45 |
SI449B-2025-00000114-05 |
ANPA Os Muíños |
G36132348 |
Escola de familias camiños de igualdade |
2.500,00 |
62 |
|
46 |
SI449B-2025-00000085-05 |
Asociación ANPA IES de Cotobade |
G36572295 |
Proxecto de igualdade para o centro IES de Cotobade |
3.000,00 |
62 |
|
51 |
SI449B-2025-00000009-05 |
APA do Colexio de EXB de Codeseda |
G36150480 |
Ecos que mudan |
3.000,00 |
61 |
|
53 |
SI449B-2025-00000070-05 |
Asociación de nais e pais de alumnos do Colexio Público A Escardia |
G36145209 |
SI449B-Axudas económicas ANPA promoción igualdade e loita contra a violencia |
3.000,00 |
61 |
|
55 |
SI449B-2025-00000019-05 |
Asociación de nais e pais Colexio Infantil O Areal |
G36978955 |
Unha infancia pola igualdade 2025 |
3.000,00 |
61 |
|
56 |
SI449B-2025-00000017-05 |
ANPA San Xoan CEIP Isidora Riestra |
G36044451 |
Programa non á violencia e si á igualdade no Isidora |
3.000,00 |
61 |
|
57 |
SI449B-2025-00000098-05 |
Asociación de nais e pais Diomedes |
G36029924 |
Proxecto de igualdade para o centro CEIP plurilingüe nº 1 de Tui |
3.000,00 |
61 |
|
59 |
SI449B-2025-00000086-05 |
Asociación de nais e pais O Chusquiño de Valeixe |
G36575744 |
Actividades de promoción da igualdade |
1.345,00 |
61 |
|
60 |
SI449B-2025-00000121-05 |
Asociación de pais de alumnos Nosa Señora da Piedade |
G36196277 |
Proxecto Cruces diverxente. Igualdade desde a diversidade |
3.000,00 |
61 |
|
61 |
SI449B-2025-00000044-05 |
Asociación ANPA Chans de Randufe |
G36035921 |
Pídome igualdade |
990,00 |
61 |
|
65 |
SI449B-2025-00000101-05 |
ANPA das escolas rurais do Rosal |
G94006566 |
Somos familia, somos equipo III edición |
2.000,00 |
60 |
|
66 |
SI449B-2025-00000049-05 |
ANPA de Vilariño |
G36705317 |
Igualarte en acción |
3.000,00 |
60 |
|
69 |
SI449B-2025-00000068-05 |
APPA La Arcadia do Colexio Lope de Vega |
G36733871 |
Xogo coidadosamente |
3.000,00 |
60 |
|
72 |
SI449B-2025-00000092-05 |
ANPA Con de Sete Pías CEIP Enrique Barreiro de Vilariño |
G36131241 |
Plan de actividades para a promoción da igualdade 2025 |
2.561,90 |
60 |
|
75 |
SI449B-2025-00000078-05 |
Asociación de nais e pais de alumnos do CEIP Peña de Francia de Mos |
G36014611 |
SI449B-Subvención igualdade e contra violencia de xénero para ANPAs |
2.990,00 |
59 |
|
78 |
SI449B-2025-00000007-05 |
Asociación de nais e pais de alumnos do CEIP San Miguel de Marcón |
G36119667 |
Nin sapos nin princesas VI |
3.000,00 |
59 |
|
80 |
SI449B-2025-00000084-05 |
Asociación de pais de alumnos do Col Nal Gonderán |
G36718674 |
Talleres de concienciación en materia de igualdade |
2.000,00 |
59 |
|
81 |
SI449B-2025-00000026-05 |
Asociación de nais e pais de alumnos do CEIP de Laredo Penedos |
G36024040 |
Penedos por un mundo de igualdade (CEIP de Laredo) |
3.000,00 |
59 |
|
82 |
SI449B-2025-00000090-05 |
ANPA Os Pequenos do CRA |
G36483261 |
Programa plan igualdade |
760,00 |
59 |
|
84 |
SI449B-2025-00000105-05 |
Asociación de nais e pais de alumnos O Piñeiro do CEIP O Piñeiriño |
G36104941 |
Igualdade no Piñeiriño |
3.000,00 |
58 |
|
85 |
SI449B-2025-00000024-05 |
ANPA Saladino Cortizo |
G36812063 |
Formación igualdade |
2.970,00 |
58 |
|
88 |
SI449B-2025-00000004-05 |
APAs Colexio Público Valadares-Sobreira |
G36789030 |
Subvención de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero |
3.000,00 |
58 |
|
89 |
SI449B-2025-00000059-05 |
ANPA San Pedro do CEIP Parada Campañó |
G36059152 |
Igual-ando: pasos que transforman |
2.970,00 |
58 |
|
90 |
SI449B-2025-00000062-05 |
ANPA Aidon Colexio Público Sequelo de Marín |
G36123057 |
Programa de promoción da igualdade |
3.000,00 |
58 |
|
93 |
SI449B-2025-00000113-05 |
Asociación de nais e pais de alumnos/as do CEIP Valle-Inclán |
G36812824 |
Medrando xunt@s, medrando en igualdade |
3.000,00 |
58 |
|
94 |
SI449B-2025-00000074-05 |
Asociación de nais e pais El Rosario CEIP Belesar |
G36752673 |
Belesar en igualdade |
3.000,00 |
58 |
|
95 |
SI449B-2025-00000056-05 |
APA Col Nal mixto comarcal Guillarei |
G36141265 |
Cores, contos e rock con Ramona Órbita |
1.070,00 |
58 |
|
97 |
SI449B-2025-00000055-05 |
Asociación de pais de alumnos do Colexio Público de Baño-Valga |
G36148914 |
Educar en igualdade |
3.000,00 |
57 |
|
98 |
SI449B-2025-00000043-05 |
Asociación de pais e nais A Gamela alumnos CEIP de Lourido |
G36450401 |
Sementes de vencer: por unha igualdade efectiva |
1.222,20 |
57 |
|
100 |
SI449B-2025-00000116-05 |
Asociación de nais e pais de alumnos do CEIP do Hío |
G36148666 |
ANPA CEIP O Hío-igualdade 2025 |
3.000,00 |
56 |
|
102 |
SI449B-2025-00000032-05 |
APA Valdarrosa do IES de Ponte Caldelas |
G36321164 |
SI449B-Actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero |
3.000,00 |
56 |
|
103 |
SI449B-2025-00000013-05 |
ANPA O Palomar da EEI do Con |
G36183101 |
Convivir en igualdade |
2.500,00 |
56 |
|
104 |
SI449B-2025-00000063-05 |
ANPA Santa Mariña CEIP Serra Vincios |
G36628022 |
Actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia |
3.000,00 |
56 |
|
105 |
SI449B-2025-00000076-05 |
APA do Colexio Virgen Milagrosa de Bueu |
G36159309 |
II xornadas igualdade |
3.000,00 |
56 |
|
106 |
SI449B-2025-00000025-05 |
APA San Miguel de Peitieiros (CEIP Xosé Neira Vilas) |
G36709178 |
Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes SI449B |
3.000,00 |
56 |
|
108 |
SI449B-2025-00000071-05 |
Asociación ANPA do CEIP Portonovo |
G36042547 |
Subvención igualdade |
3.000,00 |
56 |
|
109 |
SI449B-2025-00000048-05 |
Asociación de pais de alumnos Alecrín CEIP do Foxo |
G36136596 |
Programa xornadas en igualdade |
3.000,00 |
56 |
|
111 |
SI449B-2025-00000014-05 |
APA A Pena do Equilibrio |
G36156891 |
Proxecto de bo rollo! |
2.730,00 |
56 |
|
118 |
SI449B-2025-00000094-05 |
APA do Colexio Público de Fontes-Bahíña |
G36681856 |
O noso cole unha fonte de igualdade II |
3.000,00 |
55 |
|
119 |
SI449B-2025-00000047-05 |
ANPA Covaterreña |
G36879120 |
Programa promoción da igualdade entre homes e mulleres |
3.000,00 |
55 |
|
121 |
SI449B-2025-00000100-05 |
Asociación de pais do Colexio Público Seis do Nadal |
G36713758 |
Igualdade no Seis |
2.211,00 |
55 |
|
124 |
SI449B-2025-00000079-05 |
APA do Col Nal comarcal Salceda de Caselas |
G36017473 |
Taller psicoeducación afectiva |
1.549,00 |
55 |
|
127 |
SI449B-2025-00000081-05 |
APA San José de la Guía |
G36813426 |
SI449B-Axudas económicas ás ANPA destinadas á promoción da igualdade |
3.000,00 |
54 |
|
128 |
SI449B-2025-00000093-05 |
Asociación de pais e nais Tintureira do CEIP A Paz |
G36620284 |
Escola de familias. Igualdade de xénero |
1.700,00 |
54 |
|
131 |
SI449B-2025-00000039-05 |
ANPA Santa Mariña Dozo |
G36157519 |
A igualdade non ten truco |
650,00 |
54 |
|
132 |
SI449B-2025-00000027-05 |
APA Colexio Público Teis Paraixal Os Únicos |
G36621704 |
Igualdade no Paraixal |
3.000,00 |
53 |
|
133 |
SI449B-2025-00000034-05 |
Asociación de pais e nais dos alumnos do CEIP O Pombal (ANPA O Pombal) |
G36729770 |
SI449B-Axudas económicas ás ANPA destinadas á promoción da igualdade |
2.220,00 |
53 |
|
134 |
SI449B-2025-00000104-05 |
Asociación de nais e pais de alumnos Cernades do CEIP Carballal |
G36732444 |
Prevención dende a base |
3.000,00 |
53 |
|
135 |
SI449B-2025-00000006-05 |
Asociación ANPA Outeiro do Sino |
G36724524 |
Promoción da igualdade no colexio San Salvador de Teis |
3.000,00 |
53 |
|
136 |
SI449B-2025-00000002-05 |
Asociación de nais e pais de alumnos do CEIP Ría de Vigo |
G36629152 |
Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero |
2.945,45 |
52 |
|
137 |
SI449B-2025-00000065-05 |
Asociación de pais e nais do IES Faro das Lúas |
G36398238 |
Luada da igualdade |
3.000,00 |
50 |
|
138 |
SI449B-2025-00000054-05 |
ANPA Fonte de Peso |
G36161255 |
Cosmoigualdade |
3.000,00 |
50 |
|
140 |
SI449B-2025-00000060-05 |
ANPA Alborada CEIP da Ribeira |
G36144137 |
Proxecto de igualdade para o centro |
3.000,00 |
47 |
|
144 |
SI449B-2025-00000072-05 |
APA Chan do Monte |
G36188084 |
Sementando a igualdade no chan do monte II: desaprender para reaprendermos |
3.000,00 |
45 |
|
146 |
SI449B-2025-00000119-05 |
ANPA A Louriña IES Pino Manso |
G36147668 |
Promoción da igualdade no IES Pino Manso |
3.000,00 |
44 |
|
147 |
SI449B-2025-00000035-05 |
ANPA Colexio Montesol |
G36740835 |
Proxecto Educando en igualdade no Colexio Montesol |
3.000,00 |
43 |
|
150 |
SI449B-2025-00000066-05 |
ANPA IES Luis Pardo en Ponteareas |
G94013299 |
Actividade de educación sexual e bo trato |
1.170,00 |
34 |
ANEXO III
Solicitudes excluídas e desistidas
|
Nº de expediente |
Nome ANPA/federación |
NIF |
Causas de denegación |
|
SI449B-2025-00000003-05 |
ANPAs Cristovo CEIP Igrexa-Candeán |
G36727345 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000005-05 |
ANPA San Xosé de Campolongo |
G36018364 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000008-05 |
ANPA Balacaxia IES Primeiro de Marzo |
G36818409 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000010-05 |
Asociación de pais, cultural e deportiva Monterrey |
G36827939 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000015-05 |
Pais de alumnos Santa Eulalia do Colexio Público de Atios-O Porriño |
G36166007 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000022-05 |
ANPA CEIP Varela Buxán |
G36208262 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000029-05 |
Asociación de nais e pais de alumnos do CPI O Toural |
G36578722 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000030-05 |
APA Colexio Público Santa Marina de Becerreira |
G36647410 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000040-05 |
APA Mestre Valverde Mayo |
G36174837 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000042-05 |
Asociación de nais e pais de alumnos do CEIP da Cruz-ANPA As Baleazas-Camos-Nigrán |
G36734838 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000050-05 |
ANPA Rosalía de Castro |
G36179547 |
Artigo 25: incumprimento das condicións dos gastos subvencionables |
|
SI449B-2025-00000053-05 |
Asociación de pais do Colexio Javier Sensat |
G36682292 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000064-05 |
ANPA O Cruceiro do CEIP Illas Cíes |
G36717999 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000082-05 |
ANPA Brincadeira |
G36593861 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000088-05 |
Asociación ANPA Viñas Blancas CEIP Carballal |
G36131522 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000091-05 |
Asociación de nais e pais de alumnos do CPI Curros Enríquez |
G36054054 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000099-05 |
APA A Igrexa do Colexio Público Igrexa Chapela Redondela |
G36210250 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000107-05 |
APA Infesta do CPI Infesta de Pontecesures |
G36052223 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000110-05 |
AFA A Fracha |
G36599181 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000115-05 |
Asociación de pais de alumnos Araes Moaña |
G36105054 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000118-05 |
ANPA IES Val Miñor A Telleira |
G36734911 |
Artigo 25: incumprimento das condicións dos gastos subvencionables |
|
SI449B-2025-00000120-05 |
Asociación de nais e pais O Castelo do CRP Eduardo Pondal (Cangas) |
G36149334 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
