Con data do 13 de febreiro de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia número 30 a Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C). Ao abeiro da dita convocatoria establécense as seguintes liñas de actuación:
a) Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI449B).
b) Actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con menores a cargo de ata 16 anos inclusive, mediante a creación de servizos de coidado profesional e a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados, así como accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados ao desenvolvemento do Plan Corresponsables (código de procedemento SI436C).
Para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por importe total de un millón de euros (1.000.000,00 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes:
|
Procedemento |
Aplicación |
Cód. proxecto |
Importe |
|
SI449B |
08.07.313D.481.2 |
2025 00050 |
400.000,00 € |
|
SI436C |
08.07.312G.481.3 |
2021 00175 |
600.000,00 € |
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde no procedemento SI449B, concretamente no Departamento Territorial de Ourense segundo a sede social das asociacións solicitantes, pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento, así como as emendas feitas, neste caso pola unidade de igualdade do dito departamento territorial, unha vez comprobado que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria, estas foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 11.3.
O dito órgano instrutor, tras a baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 13.1, elevou ao órgano competente, á persoa titular do departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, que, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión, emite a correspondente Resolución do 23 de xuño de 2025.
Segundo o artigo 13.3, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 23 de xuño de 2025 do Departamento Territorial de Ourense, ditada no procedemento SI449B no seu ámbito provincial ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C), e que se xunta a esta resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 23 de xuño de 2025 do Departamento Territorial de Ourense pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Non se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Ourense, 25 de xuño de 2025
Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense
ANEXO
Resolución do 23 de xuño de 2025 do Departamento Territorial de Ourense que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións do procedemento SI449B na provincia de Ourense convocadas mediante a Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C)
Antecedentes:
Primeiro. Con data do 13 de febreiro de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C).
Segundo. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar no ano 2025 as subvencións destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnado (ANPA) e ás federacións ou confederacións de ANPA dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para as seguintes liñas de actuación: a) Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres (SI449B) e b) Actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con menores a cargo de ata 16 anos incluídos, mediante a creación de servizos de coidado profesional e a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados, así como accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados ao desenvolvemento do Plan Corresponsables (SI436C).
Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.3 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cuarto. De acordo co establecido no artigo 11.5 das bases reguladoras, avaliadas as solicitudes do procedemento SI449B no ámbito provincial de Ourense, seguindo os criterios establecidos no artigo 12, a Comisión de Valoración emitiu un informe segundo o cal a unidade de igualdade do Departamento Territorial de Ourense, órgano instrutor, formulou a proposta de resolución ao órgano competente para resolver e na cal se inclúe a proposta de concesión de subvencións segundo a orde de puntuación obtida polas solicitudes e polo importe da axuda correspondente ata esgotar o crédito dispoñible. Así mesmo, propón os expedientes que quedarán en lista de espera por terse esgotado o crédito dispoñible para seren atendidos no caso de producirse algunha renuncia ou un incremento do crédito do crédito orzamentario destinado a estas axudas e os expedientes aos que se lle denegan estas axudas por desistencia expresa, por non cumpriren os requisitos establecidos na convocatoria, ou por non achegaren a documentación requirida no prazo establecido, segundo o establecido no artigo 68.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Quinto. De acordo co establecido no artigo 13.1, tras a proposta da resolución á persoa titular do Departamento Territorial de Ourense resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.
Sexto. Segundo o artigo 13.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.
Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta emitida pola unidade de igualdade do Departamento Territorial de Ourense como órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, o director do dito departamento territorial de Ourense, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión,
RESOLVE:
Primeiro. Conceder as subvencións para o financiamento do programa SI449B as asociacións de nais e pais (ANPA) solicitantes con sede social na provincia de Ourense que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidas no artigo 12 das bases reguladoras e segundo o establecido no artigo 28 pola contía e para o desenvolvemento da actuación que figuran no anexo.
Segundo. Incluír na lista de espera as solicitudes que se indican no anexo II segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer por producirse algunha renuncia ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas axudas. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución.
Terceiro. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa específica, por desistencia expresa, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 10.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.
Cuarto. Informar as asociacións de nais e pais beneficiarias das subvencións no procedemento SI449B con sede social na provincia de Ourense que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:
a) As axudas para actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres (SI449B), están financiadas con fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras: estas axudas son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos, ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou entidades públicas ou privadas.
O importe da subvención concedida non poderá superar en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, o custo da actuación ou actividade que vai desenvolver a entidade solicitante, nin o importe total do correspondente concepto de gasto.
En caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades ou gastos subvencionables, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.
c) As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 18 (Obrigas das entidades beneficiarias) das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.
d) No artigo 20 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, se é o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.
e) Unha vez publicada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación e comprometerse a executar o programa, medida ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicalo no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.
f) De acordo co establecido no artigo 17.1 das bases reguladoras, tras producirse a publicación e a aceptación nos termos expostos na letra e), realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado.
Unha vez presentada a xustificación procederase ao libramento final da axuda concedida, pola contía que corresponda, deducido, de ser o caso, o importe aboado en concepto de anticipo.
g) Para poder ser tidos en conta, os gastos deben estar xerados entre o 1 de decembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025 e deberán estar efectivamente pagados, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación, o 11 de decembro de 2025.
h) As entidades beneficiarias deberán presentar coa data límite do 11 de decembro de 2025 a documentación xustificativa establecida no artigo 16.
Quinto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso–administrativa.
Non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional única da Orde do 20.12.2024; DOG núm. 30, do 13 de febreiro). Santiago Álvarez González, director territorial de Ourense.
ANEXO I
Concesións
|
Nº de expediente |
Nome ANPA/federación |
NIF |
Denominación da medida ou programa |
Custo da actuación (€) |
Importe subvención (€) |
Total puntos |
|
SI449B-2025-00000016-03 |
ANPA Rogelio García Yáñez |
G13903844 |
SI449B-Axudas económicas ás ANPA destinadas á promoción da igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
77 |
|
SI449B-2025-00000042-03 |
Asociación de pais de alumnos do CPI Laureano Prieto da Gudiña |
G32214686 |
Con-sentido(s): educación afectivo sexual para todxs! |
3.000,00 |
3.000,00 |
75 |
|
SI449B-2025-00000015-03 |
ANPA O Recreo do CEIP Manuel Bermúdez Couso |
G32148306 |
Medrando en igualdade |
2.912,50 |
2.912,50 |
74 |
|
SI449B-2025-00000031-03 |
Asociación de pais e nais do alumnado do CEIP A Ponte |
G32174302 |
Educar en igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
74 |
|
SI449B-2025-00000009-03 |
APA Airiña Colexio EXB Padre Feijóo de Allariz |
G32102394 |
Pasiños cara a igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
74 |
|
SI449B-2025-00000046-03 |
APA Colexio Público de EXB Curros Enríquez de Celanova |
G32126450 |
Programa multilúdico e videoxogos da ANPA Curros |
2.990,00 |
2.990,00 |
73 |
|
SI449B-2025-00000030-03 |
Asociación de pais de alumnos Otero Novas Cortegada |
G32223703 |
Sementando igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
72 |
|
SI449B-2025-00000045-03 |
ANPA CEIP Plurilingüe Ribadavia |
G32009326 |
SI449B-Axudas económicas ás ANPA destinadas á promoción da igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
72 |
|
SI449B-2025-00000005-03 |
APA Colexio Santo Ángel |
G32110116 |
Raíces centenarias de igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
72 |
|
SI449B-2025-00000020-03 |
Asociacións de nais e pais de alumnos de colexios privados e concertados de Ourense |
G32025538 |
Enredes 2025 |
6.000,00 |
6.000,00 |
72 |
|
SI449B-2025-00000028-03 |
ANPA CEIP de Oímbra |
G32411357 |
Colab4: coeducación participativa na infancia para construír igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
71 |
|
SI449B-2025-00000029-03 |
Asociación de pais e nais de alumnos do CEIP O Bolo |
G32485880 |
Xogar no Bolo III. Novas narrativas |
3.000,00 |
3.000,00 |
71 |
|
SI449B-2025-00000043-03 |
ANPA CEIP de Quins |
G32250565 |
Igualdade e prevención desde nenos |
3.000,00 |
3.000,00 |
70 |
|
SI449B-2025-00000024-03 |
APA Colexio Luis Vives |
G32119992 |
Rompendo estereotipos, creando oportunidades |
1.648,00 |
1.648,00 |
70 |
|
SI449B-2025-00000037-03 |
Asociación de nais e pais alumnos-as CRA Venvipa |
G32495996 |
Escola de igualdade |
1.134,00 |
1.134,00 |
70 |
|
SI449B-2025-00000019-03 |
Asociación de nais e pais do CEIP das Vendas da Barreira |
G32129678 |
SI449B-Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes |
3.000,00 |
3.000,00 |
69 |
|
SI449B-2025-00000003-03 |
Asociación de nais e pais alumnos CEIP Medeiros |
G32492027 |
Co-educando en Medeiros 2025 |
1.139,00 |
1.139,00 |
67 |
|
SI449B-2025-00000012-03 |
ANPA do CEIP San Marcos Cartelle |
G32147589 |
Cultivando botrato para que floreza a igualdade en Cartelle |
2.992,00 |
2.992,00 |
67 |
|
SI449B-2025-00000039-03 |
ANPA CPI Virxe dos Remedios |
G32218331 |
IV programa pola igualdade. Actividades de igualdade ANPA CPI Virxe dos Remedios |
3.000,00 |
3.000,00 |
67 |
|
SI449B-2025-00000001-03 |
Asociación de pais de alumnos CEIP Castrelo do Val |
G32372252 |
O camiño da igualdade, está en Castrelo do Val |
2.861,00 |
2.861,00 |
67 |
|
SI449B-2025-00000018-03 |
Asociación de pais e nais alumnos Colexio Plurilingüe Os Blancos |
G32491904 |
Rachando estereotipos, construíndo igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
67 |
|
SI449B-2025-00000034-03 |
ANPA CEIP A Burga |
G32445801 |
Pasiños cara a igualdade |
2.593,00 |
2.593,00 |
67 |
|
SI449B-2025-00000047-03 |
ANPA Ecolas de San Paio San Cristovo e Francelos |
G75509414 |
Construíndo igualdade: ferramentas para un futuro sen violencia |
1.660,00 |
1.660,00 |
66 |
|
SI449B-2025-00000026-03 |
APA do Instituto de BUP nº 4 O Couto |
G32147522 |
Atopándonos na diversidade |
3.000,00 |
3.000,00 |
65 |
ANEXO II
Lista de espera
|
Nº lista de espera |
Nº de expediente |
Nome ANPA/federación |
NIF |
Denominación da medida ou programa |
Subvención solicitada (€) |
Total puntos |
|
2 |
SI449B-2025-00000004-03 |
APA Colexio Sagrado Corazón Celanova Areal |
G32013203 |
Educando en igualdade 2025 |
2.982,00 |
65 |
|
5 |
SI449B-2025-00000049-03 |
Asociación APA Os Rosais do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso |
G32129686 |
Espectáculo teatral |
2.962,00 |
65 |
|
8 |
SI449B-2025-00000013-03 |
APA do Colexio Santa Teresa de Jesús de Ourense |
G32020836 |
Promovendo a igualdade 2025 |
3.000,00 |
64 |
|
17 |
SI449B-2025-00000022-03 |
Asociación de pais de alumnos do Colexio Guillelme Brown |
G32137333 |
Guillelme en igualdade |
3.000,00 |
64 |
|
21 |
SI449B-2025-00000035-03 |
Asociación de nais e pais de alumnos de Baltar |
G56385339 |
Sementando igualdade en Baltar |
1.893,00 |
64 |
|
28 |
SI449B-2025-00000002-03 |
ANPA IES Castro Baronceli |
G56651565 |
O Castro de Baronceli educa en igualdade |
3.000,00 |
63 |
|
29 |
SI449B-2025-00000008-03 |
ANPA CEIP Amaro Refojo |
G32298671 |
Rachando estereotipos, construíndo igualdade |
2.890,00 |
63 |
|
32 |
SI449B-2025-00000033-03 |
APA Xosé Manuel Folla Respino |
G32325466 |
Mudámolo trato! Programa de formación e sensibilización na prevención da violencia |
3.000,00 |
63 |
|
38 |
SI449B-2025-00000038-03 |
ANPA CMUS Xinzo |
G32117111 |
Música en igualdade |
800,00 |
63 |
|
42 |
SI449B-2025-00000006-03 |
ANPA Colexio Público Inmaculada de Ourense |
G32130056 |
Cultivando bo trato para que floreza a igualdade no CEIP Inmaculada |
2.926,00 |
62 |
|
50 |
SI449B-2025-00000014-03 |
ANPA Franciscanas Colexio Divina Pastora |
G32013161 |
O quiz da cuestión 2025 |
3.000,00 |
61 |
|
52 |
SI449B-2025-00000025-03 |
Asociación de pais de alumnos do IES Universidade Laboral |
G32246894 |
Sen xénero de dÚbida: libre de estereotipos! |
2.578,00 |
61 |
|
54 |
SI449B-2025-00000023-03 |
ANPA CEIP Carlos Casares |
G32181208 |
Igualdade no Casares |
2.653,00 |
61 |
|
64 |
SI449B-2025-00000021-03 |
APA do grupo escolar de Seixalbo |
G32112856 |
Cultivando bo trato para que floreza a igualdade no CEIP de Seixalbo |
2.998,60 |
60 |
|
67 |
SI449B-2025-00000011-03 |
ANPA Colexio Público Bibei de Viana do Bolo |
G32211914 |
Actividades de educación sexual para o alumnado de primaria, familias e profes |
1.500,00 |
60 |
|
68 |
SI449B-2025-00000044-03 |
AFA Limiar Manuel Sueiro |
G32015141 |
Igualdade e prevención violencia |
3.000,00 |
60 |
|
76 |
SI449B-2025-00000032-03 |
ANPA Vila do Arenteiro |
G32025413 |
Na procura da igualdade |
3.000,00 |
59 |
|
86 |
SI449B-2025-00000036-03 |
APA Colexio Público Ramón Otero Pedrayo |
G32155889 |
Espazo seguro |
3.000,00 |
58 |
|
87 |
SI449B-2025-00000017-03 |
APA do Colexio Maristas Santa María de Ourense |
G32013153 |
Lentes violetas |
2.550,00 |
58 |
|
101 |
SI449B-2025-00000010-03 |
ANPA IES Xesús Ferro Couselo |
G32116501 |
Equality 3.0 2025 |
3.000,00 |
56 |
|
117 |
SI449B-2025-00000048-03 |
Asociación de pais de alumnos Rosalía de Castro |
G32228132 |
Romaría da igualdade |
3.000,00 |
55 |
|
142 |
SI449B-2025-00000041-03 |
ANPA Pía da Casca do CEIP As Mercedes |
G32277535 |
Promoción da igualdade entre homes e mulleres |
2.945,45 |
47 |
|
143 |
SI449B-2025-00000027-03 |
Asociación de familias de alumnas e alumnos Vilanova |
G19334085 |
Axudas económicas ás ANPA destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres |
3.000,00 |
46 |
ANEXO III
Solicitudes excluídas e desistidas
|
Nº de expediente |
Nome ANPA/federación |
NIF |
Causas de denegación |
|
SI449B-2025-00000040-03 |
Asociación de nais e pais de alumnos/as CEIP Lansbricae |
G75421792 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
