No Diario Oficial de Galicia número 30, do 13 de febreiro de 2025, publícase a Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C). Ao abeiro da dita convocatoria establécense as seguintes liñas de actuación:
a) Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI449B).
b) Actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con menores a cargo de ata 16 anos inclusive, mediante a creación de servizos de coidado profesional e a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados, así como accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados ao desenvolvemento do Plan Corresponsables (código de procedemento SI436C).
Para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por importe total de un millón de euros (1.000.000,00 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes:
|
Procedemento |
Aplicación |
Cód. proxecto |
Importe |
|
SI449B |
08.07.313D.481.2 |
2025 00050 |
400.000,00 € |
|
SI436C |
08.07.312G.481.3 |
2021 00175 |
600.000,00 € |
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde no procedemento SI449B, concretamente no Departamento Territorial de Lugo segundo a sede social das asociacións solicitantes, pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento, así como as emendas feitas, neste caso pola unidade de igualdade do dito departamento territorial, unha vez comprobado que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria, estas foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 11.3.
O dito órgano instrutor, logo da baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 13.1, elevou ao órgano competente, á persoa titular do departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, que, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión, emite a correspondente Resolución do 23 de xuño de 2025.
Segundo o artigo 13.3, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 23 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, ditada no procedemento SI449B no seu ámbito provincial ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C), e que se xunta a esta resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 23 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Non se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Lugo, 25 de xuño de 2025
Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo
ANEXO
Resolución do 23 de xuño de 2025 do Departamento Territorial de Lugo
que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións
do procedemento SI449B na provincia de Lugo convocadas mediante
a Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases
reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais
do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C)
Antecedentes:
Primeiro. No Diario Oficial de Galicia do 13 de febreiro de 2025 publícase a Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C).
Segundo. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar no ano 2025 as subvencións destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnado (ANPA) e ás federacións ou confederacións de ANPA dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para as seguintes liñas de actuación: a) Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres (SI449B) e b) Actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con menores a cargo de ata 16 anos incluídos, mediante a creación de servizos de coidado profesional e a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados, así como accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados ao desenvolvemento do Plan Corresponsables (SI436C).
Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.3 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cuarto. De acordo co establecido no artigo 11.5 das bases reguladoras, avaliadas as solicitudes do procedemento SI449B no ámbito provincial de Lugo, seguindo os criterios establecidos no artigo 12, a Comisión de Valoración emitiu un informe segundo o cal a unidade de igualdade do Departamento Territorial de Lugo, órgano instrutor, formulou a proposta de resolución ao órgano competente para resolver e en que se inclúe a proposta de concesión de subvencións segundo a orde de puntuación obtida polas solicitudes e polo importe da axuda correspondente ata esgotar o crédito dispoñible. Así mesmo, propón os expedientes que quedaran en lista de espera por terse esgotado o crédito dispoñible para seren atendidos no caso de producirse algunha renuncia ou un incremento do crédito do crédito orzamentario destinado a estas axudas e os expedientes aos que se lles denegan estas axudas por desistencia expresa, por non cumpriren os requisitos establecidos na convocatoria, ou por non achegaren a documentación requirida no prazo establecido, segundo o establecido no artigo 68.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Quinto. De acordo co establecido no artigo 13.1, logo da proposta da resolución á persoa titular do Departamento Territorial de Lugo resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.
Sexto. Segundo o artigo 13.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.
Por todo o anterior, logo do informe de baremación e da proposta emitida pola unidade de igualdade do Departamento Territorial de Lugo como órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, o director do dito departamento territorial de Lugo, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión,
RESOLVE:
Primeiro. Conceder as subvencións para o financiamento do programa SI449B as asociacións de nais e pais (ANPA) solicitantes con sede social na provincia de Lugo que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidas no artigo 12 das bases reguladoras e segundo o establecido no artigo 28 pola contía e para o desenvolvemento da actuación que figuran no anexo.
Segundo. Incluír na lista de espera as solicitudes que se indican no anexo II segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer por producirse algunha renuncia ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas axudas. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución.
Terceiro. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa específica, por desistencia expresa, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 10.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.
Cuarto. Informar as asociacións de nais e pais beneficiarias das subvencións no procedemento SI449B con sede social na provincia de Lugo que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:
a) As axudas para actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres (SI449B), están financiadas con fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras: estas axudas son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos, ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou entidades públicas ou privadas.
O importe da subvención concedida non poderá superar en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, o custo da actuación ou actividade que vai desenvolver a entidade solicitante, nin o importe total do correspondente concepto de gasto.
En caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades ou gastos subvencionables, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.
c) As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 18 (Obrigas das entidades beneficiarias) das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.
d) No artigo 20 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, no seu caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.
e) Unha vez publicada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación e comprometerse a executar o programa, medida ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicalo no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.
f) De acordo co establecido no artigo 17.1 das bases reguladoras, logo de producirse a publicación e a aceptación nos termos expostos na letra e), realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado.
Unha vez presentada a xustificación procederase ao libramento final da axuda concedida, pola contía que corresponda, deducido, de ser o caso, o importe aboado en concepto de anticipo.
g) Para poder ser tidos en conta, os gastos deben estar xerados entre o 1 de decembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025 e deberán estar efectivamente pagados, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación, o 11 de decembro de 2025.
h) As entidades beneficiarias deberán presentar coa data límite do 11 de decembro de 2025 a documentación xustificativa establecida no artigo 16.
Quinto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado dende o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional única da Orde do 20.12.2024; DOG núm. 30, do 13 de febreiro). Óscar Viñas Penelas, director territorial de Lugo.
ANEXO I
Concesións
|
Nº de expediente |
Nome ANPA/federación |
NIF |
Denominación da |
Custo da actuación (€) |
Importe |
Total puntos |
|
SI449B-2025-00000013-02 |
APA do CEIP de Triacastela |
G27317643 |
Lúdico e publiiguais |
2.990,00 |
2.990,00 |
93 |
|
SI449B-2025-00000055-02 |
ANPA Colexio Público do Cádavo |
G27137272 |
Escola de familias e lúdico |
2.990,00 |
2.990,00 |
88 |
|
SI449B-2025-00000040-02 |
ANPA CEIP Fondo Nois |
G27045129 |
Baile, videoxogos e redes sociais |
2.990,00 |
2.990,00 |
86 |
|
SI449B-2025-00000044-02 |
APA do Colexio Público Rosalía de Castro de Mosteiro-Pol |
G27239748 |
Lúdico e publiiguais |
2.990,00 |
2.990,00 |
85 |
|
SI449B-2025-00000011-02 |
ANPA CEIP San Clodio |
G27458124 |
Programa lúdico 2 de igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
85 |
|
SI449B-2025-00000007-02 |
APA CEIP Pedro Caselles Rollán |
G27037787 |
Subvención de igualdade entre homes e mulleres |
2.990,00 |
2.990,00 |
82 |
|
SI449B-2025-00000027-02 |
ANPA CEIP Xosé Luis Taboada |
G27509090 |
Multilúdico e familias de igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
82 |
|
SI449B-2025-00000009-02 |
ANPA do CEIP de Cervo |
G27136894 |
Programa música, baile e radio en igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
82 |
|
SI449B-2025-00000035-02 |
APA do CEIP Doutor Daniel Monje |
G27243385 |
Lúdico I, videoxogos e redes sociais |
2.990,00 |
2.990,00 |
82 |
|
SI449B-2025-00000008-02 |
ANPA CEIP Veleiro Docampo |
G27371129 |
Programa de teatro e radio en igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
79 |
|
SI449B-2025-00000042-02 |
Asociación ANPA CEIP Rosalía de Castro |
G27313808 |
Equidistancias |
3.000,00 |
3.000,00 |
78 |
|
SI449B-2025-00000006-02 |
A Pedrosa Latas APA Cillero de Viveiro |
G27019058 |
Programa lúdico 2 e videoxogos |
2.990,00 |
2.990,00 |
78 |
|
SI449B-2025-00000017-02 |
Agrupación de nais e pais A Ulloa de Palas de Rei |
G27359272 |
Escola de familia III, en igualdade |
3.045,28 |
3.000,00 |
78 |
|
SI449B-2025-00000022-02 |
ANPA CPI Poeta Uxío Novoneyra |
G27516673 |
SI449B-Axudas económicas ás ANPAS destinadas á promoción da igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
78 |
|
SI449B-2025-00000030-02 |
Asociación de pais de alumnos Col Nal Luis Moreno de Baralla |
G27213305 |
Proxecto para a promoción e prevención da violencia de xénero |
3.100,00 |
3.000,00 |
77 |
|
SI449B-2025-00000010-02 |
APA dos centros docentes da Fonsagrada |
G27021682 |
Programa lúdico 3 de igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
77 |
|
SI449B-2025-00000026-02 |
ANPA Escola Educación Infantil de Vilalba |
G27254101 |
Programa emociónate e aprende en igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
77 |
|
SI449B-2025-00000033-02 |
APA e ex-alumnos de San José de Calasanz de Quiroga |
G27190263 |
Lúdico I e redes sociais |
2.990,00 |
2.990,00 |
77 |
|
SI449B-2025-00000039-02 |
ANPA do CEIP de Monterroso |
G27374248 |
Lúdico I e videoxogos |
2.990,00 |
2.990,00 |
77 |
|
SI449B-2025-00000016-02 |
ANPA do CEIP de Samos |
G16843799 |
Plan corresponsables SI449B |
3.000,00 |
3.000,00 |
77 |
|
SI449B-2025-00000056-02 |
ANPA A Lagoa do CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos |
G27237155 |
Promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia ás mulleres |
3.000,00 |
3.000,00 |
76 |
|
SI449B-2025-00000050-02 |
Asociación de nais e pais de alumnos/as do CEIP Manuel Mato Vizoso |
G27493527 |
Programa lúdico 2 de igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
76 |
|
SI449B-2025-00000004-02 |
ANPA IES Illa de Sarón |
G75308163 |
Programa afectivo sexual, TIC e redes sociais |
1.490,00 |
1.490,00 |
76 |
|
SI449B-2025-00000002-02 |
Federación provincial de asociacións de pais de alumnos |
G27019140 |
Formación afectivo- sexual: fomentando o autocoñecemento e a igualdade |
6.000,00 |
6.000,00 |
76 |
|
SI449B-2025-00000053-02 |
ANPA do Colexio Milagrosa de Lugo |
G27020791 |
Escola de familias e lúdico |
2.990,00 |
2.990,00 |
74 |
|
SI449B-2025-00000018-02 |
Federación de asociacións de pais de alumnos colexios de EXB, BUP e COU |
G27043389 |
En boa onda |
6.000,00 |
6.000,00 |
74 |
|
SI449B-2025-00000043-02 |
ANPA do Colexio Público Comarcal de Antas de Ulla |
G27126192 |
Aposta pola igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
73 |
|
SI449B-2025-00000024-02 |
ANPA Ricardo Gasset do Incio |
G27230382 |
Artesa en igualdade 3 |
3.000,00 |
3.000,00 |
72 |
|
SI449B-2025-00000023-02 |
ANPA Colexio Público de Covas |
G27147404 |
Lúdico I e videoxogos da ANPA do CEIP de Covas |
2.990,00 |
2.990,00 |
71 |
|
SI449B-2025-00000038-02 |
APA do CEIP Antonio Ínsua Bermúdez |
G27119833 |
Programa de baile, videoxogos e redes sociais en igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
71 |
|
SI449B-2025-00000012-02 |
ANPA Santa Eulalia e San Berto |
G27323054 |
Videoxogos, redes sociais e lúdico de igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
71 |
|
SI449B-2025-00000014-02 |
APA da agrupación escolar de Bretoña de Pastoriza |
G27021849 |
Multilúdico de igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
71 |
|
SI449B-2025-00000037-02 |
APA Colexio A Gándara |
G27183961 |
Atallar as desigualdades 3 |
3.000,00 |
3.000,00 |
70 |
|
SI449B-2025-00000028-02 |
APA Colexio Público Lagostelle Guitiriz |
G27133040 |
Lúdico 2 de igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
70 |
|
SI449B-2025-00000036-02 |
Asociación de nais e pais de alumnos Virxe do Carme |
G27390509 |
Masa nai 3 |
3.000,00 |
3.000,00 |
69 |
|
SI449B-2025-00000015-02 |
APA do Colexio Público de Pedrafita do Cebreiro |
G27130368 |
Afectivo sexual, TIC e igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
68 |
|
SI449B-2025-00000025-02 |
APA do Colexio dos Franciscanos de Lugo |
G27010172 |
Sensibilización de familias-actuacións en igualdade |
968,00 |
968,00 |
68 |
|
SI449B-2025-00000003-02 |
ANPA CEIP Vista Alegre |
G27030154 |
Igualdade no CEIP Vista Alegre |
2.990,00 |
2.990,00 |
66 |
|
SI449B-2025-00000031-02 |
APA CPI Dr. López Suárez de Friol |
G27328483 |
Programa promoción da igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
66 |
ANEXO II
Lista de espera
|
Nº lista de espera |
Nº de expediente |
Nome ANPA/federación |
NIF |
Denominación da |
Subvención solicitada (€) |
Total puntos |
|
7 |
SI449B-2025-00000049-02 |
ANPA Cee Infanta Elena |
G27220839 |
Diversorium |
3.000,00 |
64 |
|
12 |
SI449B-2025-00000052-02 |
ANPA CEIP Virxe da Luz |
G27513324 |
A igualdade non ten idade |
2.991,10 |
64 |
|
22 |
SI449B-2025-00000046-02 |
Asociación de pais e nais de alumnos do CPR de Cervantes |
G27445352 |
Do tradi ao trap...Baila, morena! |
280,00 |
64 |
|
25 |
SI449B-2025-00000034-02 |
ANPA do CEIP Castro de Ouro de Alfoz |
G27424951 |
Subvención igualdade SI449B |
2.998,30 |
64 |
|
30 |
SI449B-2025-00000029-02 |
APA do Colexio Público de Castroverde |
G27022219 |
Coidar de nós |
3.000,00 |
63 |
|
40 |
SI449B-2025-00000032-02 |
ANPA CEIP O Corgo |
G27388107 |
Formación en igualdade |
3.000,00 |
63 |
|
47 |
SI449B-2025-00000019-02 |
Asociación de nais e pais do CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela |
G27291129 |
Elaboración dun mural de arte urbana que sensibilice sobre os estereotipos |
2.813,25 |
62 |
|
48 |
SI449B-2025-00000020-02 |
ANPA Colexio Aquilino Iglesia Alvariño Abadín |
G27133602 |
Contaconto teatralizado de igualdade Daniel e Daniela.Trémola Teatro |
350,00 |
62 |
|
77 |
SI449B-2025-00000005-02 |
Asociación ANPA CEIP O Salvador |
G27475532 |
Programa lúdico 2 e redes en igualdade |
2.990,00 |
59 |
|
79 |
SI449B-2025-00000047-02 |
ANPA Abella do CEIP Casas |
G27414051 |
Cores, contos e rock´n´roll con Ramona Órbita |
968,00 |
59 |
|
83 |
SI449B-2025-00000051-02 |
ANPA CEIP San Miguel |
G27226257 |
Cómo cambia a historia |
1.440,00 |
59 |
|
96 |
SI449B-2025-00000001-02 |
Asociación de pais de alumnos/as do CEIP San Cosme |
G27304575 |
Promoción da igualdade entre mulleres e homes e prevención da violencia |
1.572,87 |
58 |
|
114 |
SI449B-2025-00000048-02 |
Asociación de alumnos, de nais e pais do alumnado do CEIP Xoán de Requeixo de Chantada |
G27372614 |
Contarnos |
3.000,00 |
55 |
|
120 |
SI449B-2025-00000045-02 |
Asociación de nais e pais do alumnado do CEIP Paradai |
G27032218 |
Formación en igualdade |
3.000,00 |
55 |
|
125 |
SI449B-2025-00000041-02 |
APA e exalumnos de EXB do Col Nal mixto comarcal de Foz Padre Feijóo |
G27019371 |
En busca da igualdade |
2.000,00 |
54 |
|
126 |
SI449B-2025-00000054-02 |
APA Colexio Público de Nadela |
G27135193 |
Formación en igualdade |
3.000,00 |
54 |
|
148 |
SI449B-2025-00000021-02 |
Asociación AFA Divino Maestro Lugo |
G10969913 |
Educación afectivo-sexual nas distintas etapas da vida. PV. Xénero |
450,00 |
40 |
ANEXO III
Solicitudes excluídas e desistidas
|
Nº de expediente |
Nome ANPA/federación |
NIF |
Causas de denegación |
|
SI449B-2025-00000057-02 |
ANPA CEIP Juan Rey de Lourenzá |
G27317312 |
Artigo 5: solicitude fóra do prazo de presentación |
