Con data do 13 de febreiro de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia número 30 a Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C). Ao abeiro da dita convocatoria establécense as seguintes liñas de actuación:
a) Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI449B).
b) Actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con menores a cargo de ata 16 anos inclusive, mediante a creación de servizos de coidado profesional e a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados, así como accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados ao desenvolvemento do Plan Corresponsables (código de procedemento SI436C).
Para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por importe total de un millón de euros (1.000.000,00 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes:
|
Procedemento |
Aplicación |
Cód. proxecto |
Importe |
|
SI449B |
08.07.313D.481.2 |
2025 00050 |
400.000,00 € |
|
SI436C |
08.07.312G.481.3 |
2021 00175 |
600.000,00 € |
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde no procedemento SI449B, concretamente no Departamento Territorial da Coruña, segundo a sede social das asociacións solicitantes, pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento, así como as emendas feitas, neste caso pola unidade de igualdade do dito departamento territorial, unha vez comprobado que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria, estas foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 11.3.
O dito órgano instrutor, tras a baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 13.1, elevou ao órgano competente, a persoa titular do departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, que, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión, emite a correspondente Resolución do 23 de xuño de 2025.
Segundo o artigo 13.3, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 23 de xuño de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, ditada no procedemento SI449B no seu ámbito provincial ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C), e que se xunta a esta resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 23 de xuño de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Non se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
A Coruña, 25 de xuño de 2025
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Resolución do 23 de xuño de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións do procedemento SI449B na provincia da Coruña convocadas mediante a Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C)
Antecedentes:
Primeiro. Con data do 13 de febreiro de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C).
Segundo. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar no ano 2025 as subvencións destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnado (ANPA) e ás federacións ou confederacións de ANPA dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para as seguintes liñas de actuación: a) Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres (SI449B) e b) Actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con menores a cargo de ata 16 anos incluídos, mediante a creación de servizos de coidado profesional e a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados, así como accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados ao desenvolvemento do Plan Corresponsables (SI436C).
Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.3 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cuarto. De acordo co establecido no artigo 11.5 das bases reguladoras, avaliadas as solicitudes do procedemento SI449B no ámbito provincial da Coruña, seguindo os criterios establecidos no artigo 12, a Comisión de Valoración emitiu un informe segundo o cal a unidade de igualdade do Departamento Territorial da Coruña, órgano instrutor, formulou a proposta de resolución ao órgano competente para resolver e na que se inclúe a proposta de concesión de subvencións segundo a orde de puntuación obtida polas solicitudes e polo importe da axuda correspondente ata esgotar o crédito dispoñible. Así mesmo, propón os expedientes que quedaran en lista de espera por terse esgotado o crédito dispoñible para seren atendidos no caso de producirse algunha renuncia ou un incremento do crédito do crédito orzamentario destinado a estas axudas e os expedientes aos que se lle denegan estas axudas por desistencia expresa, por non cumpriren os requisitos establecidos na convocatoria, ou por non achegaren a documentación requirida no prazo establecido, segundo o establecido no artigo 68.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Quinto. De acordo co establecido no artigo 13.1, tras a proposta da resolución á persoa titular do Departamento Territorial da Coruña resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.
Sexto. Segundo o artigo 13.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.
Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta emitida pola unidade de igualdade do Departamento Territorial da Coruña como órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, a directora do dito departamento territorial da Coruña, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión,
RESOLVE:
Primeiro. Conceder as subvencións para o financiamento do programa SI449B as asociacións de nais e pais (ANPA) solicitantes con sede social na provincia da Coruña que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidas no artigo 12 das bases reguladoras e segundo o establecido no artigo 28 pola contía e para o desenvolvemento da actuación que figuran no anexo.
Segundo. Incluír na lista de espera as solicitudes que se indican no anexo II segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer por producirse algunha renuncia ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas axudas. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución.
Terceiro. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa específica, por desistencia expresa, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 10.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.
Cuarto. Informar as asociacións de nais e pais beneficiarias das subvencións no procedemento SI449B con sede social na provincia da Coruña que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:
a) As axudas para actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres (SI449B), están financiadas con fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras: Estas axudas son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos, ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou entidades públicas ou privadas.
O importe da subvención concedida non poderá superar en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, o custo da actuación ou actividade que vai desenvolver a entidade solicitante, nin o importe total do correspondente concepto de gasto.
En caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades ou gastos subvencionables, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.
c) As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 18 (Obrigas das entidades beneficiarias) das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.
d) No artigo 20 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, se é o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.
e) Unha vez publicada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación e comprometerse a executar o programa, medida ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicalo no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.
f) De acordo co establecido no artigo 17.1 das bases reguladoras, tras producirse a publicación e a aceptación nos termos expostos na letra e), realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado.
Unha vez presentada a xustificación, procederase ao libramento final da axuda concedida, pola contía que corresponda, deducido, de ser o caso, o importe aboado en concepto de anticipo.
g) Para poder ser tidos en conta, os gastos deben estar xerados entre o 1 de decembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025 e deberán estar efectivamente pagados, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación, o 11 de decembro de 2025.
h) As entidades beneficiarias deberán presentar coa data límite do 11 de decembro de 2025 a documentación xustificativa establecida no artigo 16.
Quinto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional única da Orde do 20.12.2024; DOG núm. 30, do 13 de febreiro). María Blanco Aller, directora territorial da Coruña.
ANEXO I
Concesións
|
Nº de expediente |
Nome ANPA/federación |
NIF |
Denominación da medida ou programa |
Custo da actuación (€) |
Importe |
Total puntos |
|
SI449B-2025-00000012-01 |
ANPA do CEIP de Toques O Badal |
G15649478 |
Memoria programa multilúdico e publiguais da ANPA O Badal do CEIP de Toques |
2.990,00 |
2.990,00 |
83 |
|
SI449B-2025-00000020-01 |
Asociación de pais de alumnos Armando Cotarelo Valledor do Colexio Público Integrado de Boimorto |
G15433238 |
Memoria programa afectivo-sexual e igualdade da ANPA |
2.990,00 |
2.990,00 |
83 |
|
SI449B-2025-00000047-01 |
APA Atalaya do Colexio Público Mar de Fóra |
G15314529 |
Multilúdico e videoxogos |
2.990,00 |
2.990,00 |
83 |
|
SI449B-2025-00000068-01 |
ANPA Urcael CEIP O Pumar-Urdilde |
G15217334 |
Videoxogos, redes sociais e teatro |
2.990,00 |
2.990,00 |
81 |
|
SI449B-2025-00000006-01 |
Asociación de padres de alumnos cabaleiros do CPI Pecalama de Tordoia |
G15366909 |
Programa de baile, videoxogos e redes en igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
81 |
|
SI449B-2025-00000011-01 |
Asoc. de pais de alumnos Cerne de Galicia CEIP Martagona de Melide |
G15467368 |
Memoria programa lúdico 2 e redes sociais de igualdade da ANPA A Martagona |
2.990,00 |
2.990,00 |
80 |
|
SI449B-2025-00000013-01 |
ANPA CEIP Sobrado-Nebra |
G70222682 |
Programa escola de familias e lúdico |
2.990,00 |
2.990,00 |
80 |
|
SI449B-2025-00000062-01 |
ANPA CEIP Campanario |
G70500244 |
Escola de familias e lúdico |
2.990,00 |
2.990,00 |
80 |
|
SI449B-2025-00000035-01 |
ANPA Meniños Camiño Real do CEIP Mestre Pastor Barral de Melide |
G72892649 |
Videoxogos, redes sociais e lúdico |
2.990,00 |
2.990,00 |
79 |
|
SI449B-2025-00000007-01 |
ANPA do CEIPP de Palmeira |
G15036122 |
Baile, videoxogos e redes sociais en igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
78 |
|
SI449B-2025-00000029-01 |
ANPA Virxe de Guadalupe |
G15148588 |
Programa afectivo-sexual, TIC e redes sociais dentro da promoción de igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
77 |
|
SI449B-2025-00000037-01 |
ANPA Alecrín A Silva |
G15357791 |
Multilúdico e familias de igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
77 |
|
SI449B-2025-00000046-01 |
AMPA Franciscanas Coruña |
G15059637 |
Pegada dixital |
3.000,00 |
3.000,00 |
77 |
|
SI449B-2025-00000084-01 |
Asociación Pedrouco de pais e nais de alumnos do CEIP de Visantoña |
G70050604 |
Medrando en igualdade |
2.737,90 |
2.737,90 |
76 |
|
SI449B-2025-00000044-01 |
Asociación de nais e pais de alumnos Eume do CEIP Couceiro Freixomil |
G15407596 |
Escola de familias e lúdico da ANPA |
2.990,00 |
2.990,00 |
75 |
|
SI449B-2025-00000085-01 |
Confederación ANPAs galegas |
G70416557 |
Redes sociais e igualdade |
6.000,00 |
6.000,00 |
74 |
|
SI449B-2025-00000077-01 |
APA Ana Lastra López do CPI Vicente Otero Valcarcel de Carral |
G15059843 |
Memoria programa lúdico de teatro, TIC e radio en igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
74 |
|
SI449B-2025-00000025-01 |
Asociación pais alumnos Monte Tahume do CEIP Olveira |
G15426752 |
Programa lúdico I e videoxogos |
2.990,00 |
2.990,00 |
73 |
|
SI449B-2025-00000026-01 |
Asociación AFA Nós Oleiros do CEIP Juana de Vega |
G70463922 |
Videoxogos e redes sociais en igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
73 |
|
SI449B-2025-00000058-01 |
APA Agarimo |
G15884182 |
Lúdico 2 e redes sociais en igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
73 |
|
SI449B-2025-00000022-01 |
Asociación de nais e pais de alumnos Acio do Colexio Andaina |
G70020862 |
Programa de igualdade e educación 2025 |
3.222,00 |
3.000,00 |
73 |
|
SI449B-2025-00000027-01 |
APA Colexio Público Arcediago A Xuntanza |
G15516768 |
Programa multilúdico e publiguais da ANPA A Xuntanza |
3.000,00 |
3.000,00 |
72 |
|
SI449B-2025-00000049-01 |
ANPA Río Deva |
G15892425 |
Programa_diversidades |
3.025,00 |
3.000,00 |
71 |
|
SI449B-2025-00000023-01 |
Asociación de nais e pais Andaravía |
G70077060 |
En igualdade... hai moito que facer!» |
3.000,00 |
3.000,00 |
70 |
|
SI449B-2025-00000059-01 |
Federación provincial de ANPAs da Coruña-Costa da Morte |
G70366588 |
A igualdade está na diversidade |
6.000,00 |
6.000,00 |
69 |
|
SI449B-2025-00000015-01 |
ANPA Brexo Lema do CEIP Emilio González López |
G15256837 |
Lúdico 2 de igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
68 |
|
SI449B-2025-00000018-01 |
Asociación de nais e pais do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Roxos-Villestro |
G15059470 |
Videoxogos e redes sociais en igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
68 |
|
SI449B-2025-00000001-01 |
ANPA Caramecheiro do IES número 1 de Ribeira |
G15584824 |
Obradoiros igualdade dixital, convivencia positiva e prevención do acoso |
5.426,80 |
3.000,00 |
68 |
|
SI449B-2025-00000030-01 |
ANPA CEIP Castelao |
G15778442 |
O programa lúdico 2 e redes sociais de igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
68 |
|
SI449B-2025-00000070-01 |
Asociacón de nais e pais San Cosmeiro |
G15343973 |
Coeducando para o futuro |
1.950,20 |
1.950,20 |
68 |
|
SI449B-2025-00000074-01 |
ANPA Barcoma |
G15525959 |
Construíndo igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
68 |
|
SI449B-2025-00000091-01 |
APA Rosalía Castro da Escola Infantil Os Ánxeles-Os Ánxeles-Brión |
G15650328 |
Educando en igualdade |
3.305,00 |
3.000,00 |
68 |
|
SI449B-2025-00000089-01 |
APA do Colexio Estatal Maciñeira Neda |
G15291107 |
«A igualdade non ten truco», «Cores contos e rock coa Ramona Órbita» e «Familias conscientes» |
3.283,90 |
3.000,00 |
68 |
|
SI449B-2025-00000056-01 |
APA Loureda do CEIP Santa María do Castro |
G15069008 |
Actividades sobre igualdade 2025 |
750,00 |
750,00 |
67 |
|
SI449B-2025-00000008-01 |
Asociación de pais de alumnos do Colexio de educación infantil e primaria de Presaras Vilasantar |
G15107659 |
Tecendo igualdade |
1.065,00 |
1.065,00 |
67 |
|
SI449B-2025-00000086-01 |
Asociación de pais de alumnos Castro Baxoi do CPI Castro Baxoi |
G15370273 |
Igualdade dende a infancia |
3.000,00 |
3.000,00 |
67 |
|
SI449B-2025-00000076-01 |
ANPA Heroínas de Sálvora |
G15573728 |
Accións de igualdade do CEIP Heroínas de Sálvora |
3.000,00 |
3.000,00 |
66 |
|
SI449B-2025-00000034-01 |
ANPA Monte Vixía CEIP Torre de Hércules |
G15201759 |
Programa videoxogos e redes sociais en igualdade da ANPA Monte Vixía do CEIP |
2.990,00 |
2.990,00 |
66 |
|
SI449B-2025-00000050-01 |
ANPA O Buxato do CPI do Feal |
G15247711 |
En igualdade.... hai moito que facer |
3.000,00 |
3.000,00 |
66 |
|
SI449B-2025-00000038-01 |
Asociación nais e pais de alumnos Flavia Pedrón do CEIP Flavia |
G70129051 |
Xogos coidadosamente |
2.902,12 |
2.902,12 |
66 |
ANEXO II
Lista de espera
|
Nº lista de espera |
Nº de expediente |
Nome ANPA/federación |
NIF |
Denominación medida |
Subvención solicitada (€) |
Total puntos |
|
1 |
SI449B-2025-00000090-01 |
ANPA As Brañas do CEIP de Ventín |
G15140486 |
Traballando pola igualdade |
3.000,00 |
65 |
|
3 |
SI449B-2025-00000048-01 |
ANPA O Facho CEIP Os Muíños |
G15318660 |
Proxecto de igualdade para o CEIP Os Muíños |
3.000,00 |
65 |
|
4 |
SI449B-2025-00000004-01 |
ANPA Ensino do CEIP Rabadeira de Oleiros |
G70603022 |
Educación sexual en igualdade |
1.275,00 |
65 |
|
6 |
SI449B-2025-00000082-01 |
ANPA Carboeiro do CEIP do Camiño Inglés |
G70424007 |
Igualdade no camiño inglés |
3.000,00 |
65 |
|
9 |
SI449B-2025-00000024-01 |
Asociación de nais e pais de alumnado do CEIP Bergantiños-ANPA A Granxa |
G15115124 |
Programa lúdico de teatro e redes sociais en igualdade |
2.990,00 |
64 |
|
16 |
SI449B-2025-00000032-01 |
Asociación de nais e pais de alumnos A Cubela |
G15059371 |
Educando co corazón por unha convivencia en igualdade |
3.000,00 |
64 |
|
18 |
SI449B-2025-00000042-01 |
ANPA Ventorrillo |
G15328941 |
Proxecto de igualdade para o centro |
3.000,00 |
64 |
|
26 |
SI449B-2025-00000003-01 |
APA y Amigos Colegio Público de Bayo Zas |
G15320294 |
Labarteando en igualdade |
1.755,00 |
64 |
|
31 |
SI449B-2025-00000010-01 |
ANPA Cabo da Area |
G70384342 |
Medrando en paridade: convivencia, estereotipos e sexualidade responsable |
2.907,00 |
63 |
|
35 |
SI449B-2025-00000031-01 |
Asociación de pais e nais do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío de Esteiro |
G15357742 |
Debuxando portas violetas 2025 |
3.000,00 |
63 |
|
36 |
SI449B-2025-00000060-01 |
ANPA Celso Emilio Ferreiro |
G70299524 |
As nosas cantareiras |
3.000,00 |
63 |
|
37 |
SI449B-2025-00000066-01 |
ANPA Areal do CEIP O Areal de Camariñas |
G15059793 |
Emocións en igualdade |
2.838,00 |
63 |
|
44 |
SI449B-2025-00000039-01 |
Asociación de nais e pais Napaban do CEIP de Abanqueiro |
G15138027 |
Abanqueiro coa igualdade |
3.000,00 |
62 |
|
49 |
SI449B-2025-00000057-01 |
Asociación ANPA Arco da Vella do CEIP Areouta |
G15423148 |
Proxecto ultravioleta |
1.206,67 |
62 |
|
58 |
SI449B-2025-00000064-01 |
ANPA Cadreche |
G15358658 |
Promoción da igualdade e prevención da violencia |
3.000,00 |
61 |
|
62 |
SI449B-2025-00000014-01 |
Federación de ANPAs de Ferrol y Comarca Concepción Arenal |
G15543242 |
VII xornadas escolares de Ferrolterra pola eliminación da violencia de xénero |
6.000,00 |
60 |
|
63 |
SI449B-2025-00000017-01 |
Asociación de nais e pais de alumnos As Lavandeiras |
G70268818 |
Sen barreiras, sen estereotipos |
2.840,00 |
60 |
|
70 |
SI449B-2025-00000075-01 |
Asociación nais e pais de alumnos Sanmauro CEIP de Barouta |
G15357767 |
Afábeis e iguais |
3.000,00 |
60 |
|
71 |
SI449B-2025-00000053-01 |
ANPA O Forte do CEIP número 1 de Melide |
G70552351 |
Actividades de igualdade ANPA O Forte |
3.000,00 |
60 |
|
73 |
SI449B-2025-00000036-01 |
ANPA A Buxaina |
G15365885 |
Programa lúdico de teatro e radio en igualdade |
2.990,00 |
59 |
|
74 |
SI449B-2025-00000079-01 |
Asociación de nais e pais Val de Barcala |
G15292360 |
Obradoiro de educación sexual ANPA Val de Barcala |
1.640,00 |
59 |
|
91 |
SI449B-2025-00000052-01 |
Asociación de nais e pais de alumnos e alumnas do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Narón |
G15347891 |
En igualdade…hai moito que facer! |
3.000,00 |
58 |
|
92 |
SI449B-2025-00000072-01 |
APA Os Castros do CEIP Sal Lence da Coruña |
G15059280 |
Programa de promoción da igualdade entre sexos da ANPA Os Castros |
3.000,00 |
58 |
|
99 |
SI449B-2025-00000016-01 |
ANPA O Fopo do CPI Ponte Carreira |
G15367121 |
Educando pro_igualdade |
3.000,00 |
57 |
|
107 |
SI449B-2025-00000054-01 |
APA O Futuro do CEIP Campomaior |
G15835267 |
Educación en igualdade no CEIP Campomaior |
3.000,00 |
56 |
|
110 |
SI449B-2025-00000080-01 |
ANPA Terra de Ferrol |
G15412026 |
Igualdade de xénero? Si |
2.917,63 |
56 |
|
112 |
SI449B-2025-00000043-01 |
APA Uxío do CEIP Eugenio López de Cee |
G15881667 |
Mulleres que resoan: maxia e igualdade |
3.000,00 |
56 |
|
113 |
SI449B-2025-00000051-01 |
APA do Colexio Rosalía de Castro Padrón |
G15258460 |
Programa de igualdade |
2.973,70 |
56 |
|
115 |
SI449B-2025-00000021-01 |
Asociación de nais e pais de alumnos Lavandeira do CEIP Vila de Rutis |
G70561287 |
Lúdico 2 e redes sociais en igualdade |
2.990,00 |
55 |
|
116 |
SI449B-2025-00000040-01 |
ANPA do CEIP Frións de Ribeira |
G15559198 |
Frións en igualdade e sen violencia |
3.000,00 |
55 |
|
122 |
SI449B-2025-00000002-01 |
Asociación de pais de Alumnos A Riveira do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños |
G15525264 |
Programa educa en igualdade ANPA A Riveira |
3.000,00 |
55 |
|
123 |
SI449B-2025-00000081-01 |
APA Santa Uxía do CEIP O Grupo |
G15315690 |
O grupo aprende, crea, soña e vive en igualdade |
3.000,00 |
55 |
|
129 |
SI449B-2025-00000055-01 |
APA IES Salvador de Madariaga |
G15138381 |
Escola de nais e pais-taller afectivo-sexual |
297,50 |
54 |
|
130 |
SI449B-2025-00000028-01 |
Asociación de nais e pais de alumnos La Colmena do IES Camilo José Cela de Padrón |
G44596781 |
De bo rollo, de bo trato! |
1.750,00 |
54 |
|
139 |
SI449B-2025-00000083-01 |
ANPA San Vicenzo de Vimianzo |
G15413115 |
A igualdade campa en Vimianzo |
3.000,00 |
48 |
|
141 |
SI449B-2025-00000065-01 |
ANPA San Roque do IES Leliadoura |
G15556376 |
Leliadoura pola igualdade |
2.550,00 |
47 |
|
145 |
SI449B-2025-00000041-01 |
ANPA Pérez Alberti |
G15349533 |
Obra de Sarabela teatro e representación de Leti da Taberna |
3.000,00 |
45 |
|
149 |
SI449B-2025-00000069-01 |
Asociación de pais de alumnos do Instituto de Ensino Secundaria A Cachada |
G15850746 |
Xogo coidadosamente |
2.746,00 |
39 |
ANEXO III
Solicitudes excluídas e desistidas
|
Nº de expediente |
Nome ANPA/federación |
NIF |
Causas de denegación |
|
SI449B-2025-00000005-01 |
Asociación de nais e pais de alumnos da EEI de Coirós O Cruceiro |
G70286737 |
Artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: desistencia expresa da solicitude |
|
SI449B-2025-00000009-01 |
APA Ana Lastra López do CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral |
G15059843 |
Artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: desistencia expresa da solicitude |
|
SI449B-2025-00000019-01 |
Asociación de nais e pais de alumnos da EEI de Coirós O Cruceiro |
G70286737 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000033-01 |
ANPA Os Gudiños |
G15312408 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000045-01 |
ANPA San Gregorio do CEIP Plurilingüe |
G15059355 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000061-01 |
Asociación de pais, nais e titores de alumnos/as do Colexio Público Raíña Fabiola |
G15650815 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000063-01 |
APA Bidueiro do CEIP Isidro Parga Pondal |
G15244205 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000067-01 |
Asociación de pais e nais de alumnos de Dodro |
G70179643 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000071-01 |
ANPA Zalaeta-Campo da Leña |
G70321344 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000073-01 |
ANPA Bandaseca |
G15399926 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000078-01 |
APA Valdexería do CP de EXB Ramón de Artaza y Malvárez de Muros |
G15138571 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000087-01 |
ANPA Athenea CEIP Quiroga Palacios |
G15049794 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
|
SI449B-2025-00000088-01 |
Asociación de nais e pais da EEI Barrionovo de Arteixo |
G70297387 |
Artigo 10: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
