Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio infórmanse os titulares que figuran no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA CN0804 no treito entre os apoios núm. 66-17-2-21-19-4 e núm. 66-17-2-21-19-5, situada no concello de Piñor.
Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, requírense para que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte días (20) hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do BOE, a súa folla de valoración, en que concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e alegar o que coiden conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.
Ourense, 17 de xuño de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
