DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 4 de xullo de 2025 Páx. 37391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Residencial Ameneiro, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección territorial, o 19 de xuño de 2025, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo número 2 dos estatutos sociais relativo ao domicilio social da entidade Residencial Ameneiro, S. Coop. Galega, acordada na reunión do Consello Reitor do 9 de abril de 2025. O seu novo domicilio social é na rúa Cordelería, nº 32, 5º andar, porta 1, do concello da Coruña (CP 15003), provincia da Coruña.

A Coruña, 19 de xuño de 2025

Juan José Couce Prego
Director territorial da Coruña