DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 4 de xullo de 2025 Páx. 37392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 11 de xuño de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Barbanza-Graiade, do concello de Porto do Son.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, con data do 20.6.2024, acordou iniciar os trámites para a declaración como veciñal en man común do monte que se describe:

– Expediente 432.

– Monte: parte do monte Barbanza-Graiade (ampliación).

– Concello: Porto do Son.

– Superficie: 53,28 ha.

– Pertenza: CMVMC de Baroña.

Límites:

– Norte: co MVMC de Barbanza, Enxa e Dordo, propiedade da CMVMC de Noal.

– Leste: co MVMC Barbanza, Enxa, Xián, Dordo, Costa de Abaixo e O Sobrado, propiedade da propia CMVMC de Baroña.

– Sur: vértice entre os MVMC de Barbanza, Enxa, Xián, Dordo, Costa de Abaixo e O Sobrado, o MVMC de Arrancada, Chans de Reis, O Castrelo de Vitres e outros, e o MVMC de Barbanza e Graiade, propiedade da CMVMC de Ribasieira.

– Oeste: co MVMC de Arrancada, Chans de Reis, Castelo de Vitres e outros, propiedade da CMVMC de Runs, Teaño, Mosquete, Loxo de Arriba, Loxo de Abaixo, Pazos, Coroño, As Coviñas e Ordenario.

O monte está conformado polas referencias catastrais seguintes:

Referencias catastro

Sup. afección (ha)

SUP total parcela catastral (ha)

15072A025600010000PZ

0,2691

167,99

15072A022600010000PX

0,0371

32,59

15011A075000020000XM

3,7075

73,00

15011A077000020000XU

0,1945

22,27

15011A077000060000XB

13,2471

46,18

15011A076000010000XY

28,848

74,16

15011A076090010000XT

0,2572

0,55

15011A076092000000XR

0,797

0,48

15011A075600140000XG

4,7721

31,86

15011A076600130000XZ

1,8677

3,26

53,28

En total a superficie obxecto da declaración é: 53,28 ha.

A superficie do monte da que se solicita clasificación provén de parte do monte de utilidade pública Barbanza-Graiade, número 211, que pertencía á parroquia de Baroña, pero que vén sendo representada polo Concello de Porto do Son.

O amolloamento do monte Barbanza-Graiade de Baroña foi aprobado segundo a Orde ministerial do 15.2.1974, en que tamén consta a súa pertenza á parroquia de Baroña.

Por medio deste edicto e conforme o disposto no artigo 11 da Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e o artigo 23 do seu Regulamento do 4 de setembro de 1992, faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no devandito expediente.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Poderán consultar o antedito expediente no Departamento Territorial do Medio Rural da Coruña, Vicente Ferrer, 2, 6º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas.

As alegacións dirixiranse ao Servizo de Montes do Departamento Territorial do Medio Rural da Coruña e poderanse presentar en calquera rexistro público ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

A Coruña, 11 de xuño de 2025

María Nieves Mancebo Santamaría
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común da Coruña