En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 12 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, e se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (códigos de procedemento TR807K e TR807L).
Finalidade da subvención: esta orde ten por obxecto subvencionar plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva.
Na liña 1: plans de formación, compostos por actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e a negociación colectiva promovidos polas organizacións sindicais ou empresariais previstas no artigo 5.1.a) da orde de convocatoria.
Na liña 2: plans de formación, compostos por actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas coa negociación colectiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia promovidos polas organizacións sindicais ou empresariais previstas no artigo 5.1.b) da orde de convocatoria.
Norma reguladora: Orde do 12 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, e se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (códigos de procedemento TR807K e TR807L) (DOG núm. 59, do 26 de marzo).
Aplicación orzamentaria 14.02.324A.481.2, código de proxecto 2020 00013.
Crédito orzamentario: 584.213,00 €, que se distribúen en:
a) 70 por cento para as subvencións destinadas ao financiamento dos plans de formación da liña 1: 408.949,10 euros.
b) 30 por cento para as subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación da liña 2: 175.263,90 euros.
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2025
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
ANEXO
Liña I (TR807K)
Organizacións sindicais
|
Nº expediente |
NIF |
Entidade |
Contía |
|
TR807K 2025-01 |
G15383011 |
Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT) |
68.158,18 € |
|
TR807K 2025-02 |
G79514378 |
Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) |
68.080,00 € |
|
TR807K 2025-03 |
G15103112 |
Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.) |
68.157,00 € |
|
Total |
204.395,18 € |
||
Organizacións empresariais
|
Nº expediente |
NIF |
Entidade |
Contía |
|
TR807K 2025-04 |
G15080476 |
Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) |
204.474,55 € |
|
Total liña I |
408.869,73 € |
Liña II
|
Nº expediente |
NIF |
Entidade |
Contía |
|
TR807L 2025-01 |
G87582524 |
Unión Xeral de Traballadores-Federación de Industria, Construcción e Agro Galicia (UGT-FICA Galicia) |
15.000,00 € |
|
TR807L 2025-02 |
G78085149 |
Unión Xeral de Traballadores-Servizos Públicos de Galicia |
14.742,00 € |
|
TR807L 2025-03 |
G15103112 |
Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.) |
14.850,00 € |
|
TR807L 2025-04 |
G15312424 |
Federación de Trabajadores Independientes de Comercio Galicia (Fetico Galicia) |
14.836,50 € |
|
TR807L 2025-05 |
G79514378 |
Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) |
14.940,00 € |
|
TR807L 2025-06 |
G87589909 |
Federación Nacional de Servizos, Mobilidade e Consumo de UGT Galicia (FeSMC UGT Galicia) |
15.000,00 € |
|
Total |
89.368,50 € |
||
