DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 4 de xullo de 2025 Páx. 37415

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO de notificación da comunicación e requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas (expediente 444/2023).

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (LPDCIF), e téndose intentado a notificación á persoa responsable, sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Cospeito, polo presente anuncio ponse de manifesto o incumprimento pola persoa responsable que a continuación se indica da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coa parcela que se describe imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral

27015A022005980000SW

Identificación

persoa responsable

(NIF semioculto por LOPD)

Darío Verdes Rubiños (***330**)

Jesús María Verdes Rubiños (***147**)

María Balbina Verdes Rubiños (***329**)

Provincia

Lugo 

Concello

Cospeito

Polígono

22

Parcela

598

1º. Visto o que antecede, recibiuse denuncia presentada ante o Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural con data do 26.9.2024 en que se expón o suposto incumprimento das obrigas en materia de xestión da biomasa vexetal nas redes secundarias de faixas de protección.

Ao incumprir, de ser así, o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Lémbraselle ademais que como persoa responsable, consonte o artigo 21.ter debe proceder á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano. Ademais, no caso de persistir no incumprimento, as obrigas de xestión para os anos seguintes deberán estar completada antes do primeiro día de abril.

Ten a obriga de pór en coñecemento deste concello o inicio e a realización dos traballos de xestión, tendo en conta que en caso de non existir a dita comunicación se poderá considerar que os traballos non foron realizados mentres non conste proba en contrario, tal e como sinala o artigo 22.2 da Lei 3/2007.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais contemplados legalmente, cando o acceso afecte dentro da parcela, a espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder a execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.

Neste caso a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada de 3953,15 € por hectárea.

Hectáreas afectadas pola execución

0,19

Cota provisional por hectárea

3953,15 

Liquidación provisional

770,47 €

4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/200). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

5º. O texto íntegro da comunicación estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do concello actuante.

Cospeito, 10 de xuño de 2025

Armando Castosa Alvariño
Alcalde presidente