DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 7 de xullo de 2025 Páx. 37870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 24 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación da unidade de explotación da concesión de explotación Os Blancos número 332, no concello dos Blancos (Ourense) (expediente 2025/0038).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 23 de xuño de 2025, do proxecto de ampliación da unidade de explotación da concesión de explotación Os Blancos número 332, no concello dos Blancos (Ourense), promovido por Canteras Xinzo, S.L.U.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade