DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 7 de xullo de 2025 Páx. 37876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Muíños (expediente IN407A 2025/024-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que se describe a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 11.2.2025 en Ourense polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTA, LMTS, CTC, RBTS Cadós.

Situación: lugar de Cadós, concello de Muíños.

Orzamento: 106.262,80 €.

Características técnicas:

– Substitución, na LMTA DC CCH804-CCH806, dos apoios núm. 54 e núm. 55 por novos apoios de celosía metálica, tipo C-16/9000. Desmonte dos condutores existentes e desmonte do seccionador XS existente no apoio núm. 55.

– LMTS, a 20 kV, de 180 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1X240 mm2 Al, con orixe no apoio núm. 54 da LMTA CCH806 e final no apoio núm. 55 da LMTA CCH806.

– LMTS, a 20 kV, de 162 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1X240 mm2 Al, con orixe no apoio núm. 54 da LMTA CCH804 e final no centro de transformación proxectado.

– LMTS, a 20 kV, de 30 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1X240 mm2 Al, con orixe no novo centro de transformación e final no apoio núm. 55 da LMTA CCH804.

– Novo centro de transformación: substitución do CT existente, con matrícula 32CJ23, de 160 kVA, que se desmonta, por un novo centro de transformación compacto prefabricado en superficie, con envolvente de formigón e con transformador de 250 kVA e r/t 20.000/400 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 13 de xuño de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense