DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 7 de xullo de 2025 Páx. 37878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA e novo CT Quintáns, no concello da Estrada, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/295-4).

A instalación denominada LMTA e novo CT Quintáns foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do Departamento Territorial de Pontevedra do 5 de maio de 2025, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 4 de setembro de 2025, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello da Estrada.

A persoa interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lle comunicará a data e a hora na cal deberá presentarse no seu predio, e informarase de que poderá ir acompañada por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.

Vigo, 16 de xuño de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml servidume de paso aérea

m2 servidume de paso aérea

1

Polígono-parcela 7-1385

Codeseda

José Souto Lorenzo

1

2

17,36

95,66

2

Polígono-parcela 7-1379

Codeseda

Mª Carsilda Purificación Rodríguez Ulla

35,05

252,29

3

Polígono-Parcela 7-1378

Codeseda

Mª Arminda Esther González Besteiro

27,13

242,57

4

Polígono-Parcela 7-1376

Codeseda

Narciso Souto Lorenzo

1+CT

2

13,77

123,26