A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 656/2024, do 2 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2024, anuncia a convocatoria para cubrir as seguintes prazas de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo, polo procedemento de concurso-oposición:
– 4 prazas de administrativo ou administrativa GIII BII N4.
– 1 praza de servizo de soporte GIII BII N3.
As bases das convocatorias e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web do Organismo Púbico Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es
Os/as aspirantes disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG), para a presentación de solicitudes.
Vigo, 1 de xullo de 2025
Carlos Botana Lagarón
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo
