DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 7 de xullo de 2025 Páx. 37892

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir dúas prazas de persoal técnico.

– 1 técnico/a investigador/a posdoutoral en Química Computacional (referencia: PERTE47-25-TINV-POSD-QC). Realizará actividades de investigación orientada á posta en marcha no Cesga de optimización de técnicas avanzadas de simulación de dinámica molecular, no proxecto PERTE47.

– 1 técnico especialista de investigación en tecnoloxía educativa (referencia: TEDUCA-25-TEI). Realizará actividades na área de e-learning, en concreto nos proxectos WrAIte e Radiography4Future.

Contratos de actividades científico-técnicas previsto no artigo 23.bis da Lei 14/2011, do 1 de xuño, a xornada completa, cuxo obxecto será a realización de actividades vinculadas a liñas de investigación ou de servizos científico-técnicos. Aplícase o Decreto 12/2024, do 11 de xaneiro, polo que se regulan a organización, a promoción e a carreira profesional do persoal de investigación de carácter laboral nos organismos de investigación da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As bases dos procesos selectivos para estas prazas están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/).

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2025

Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia