A Xunta de Goberno Local do Concello de Vilalba, na sesión do día 9 de xuño de 2025, acordaba aprobar a oferta de emprego público ordinaria correspondente ao ano 2025 no ámbito do Concello de Vilalba, coa seguinte relación de prazas ofertadas:
Persoal funcionario.
|
Denominación |
Escala |
Subescala |
Grupo de clasificación profesional |
C.D. |
Sistema de acceso |
|
Arquitecto técnico de urbanismo |
Administración especial |
Técnica |
A2 |
26 |
Concurso-oposición |
|
Policía local |
Administración especial |
Servizos especiais/policía local. Escala básica |
C1 |
18 |
Mobilidade |
|
Técnico/a de ambiente |
Administración especial |
Técnica |
A2 |
26 |
Concurso-oposición |
Persoal laboral asimilado a funcionario.
|
Posto/praza |
Grupo funcionarial de equivalencia (art. 80.2 Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Vilalba) |
C.D. |
Sistema de acceso |
|
Albanel |
C2 |
18 |
Contrato de remuda |
De conformidade coa parte dispositiva do referido acordo, e en cumprimento do disposto no artigo 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, procédese á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Vilaba, 9 de xuño de 2025
Marta María Rouco Seoane
Alcaldesa
